"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que ten por obxecto reparar unha pálpebra destruída ou deformada por unha ferida, unha contusión ou unha lesión ulcerosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mastigosoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise dunha pálpebra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o plano urbanístico do centro histórico da cidade italiana de Boloña, aprobado en 1969. Constituíu un fito, tanto desde o punto de vista teórico como no referente á aplicación práctica, no tratamento urbanístico dos centros históricos das grandes cidades.
-
PERSOEIRO
Actor. En 1870 trasladouse a Arxentina, onde actuou en numerosos melodramas. De volta a Barcelona (1883), ingresou no Romea para seguir coa súa carreira. Ángel Guimerà elixiuno como protagonista das súas obras Mar i cel (Mar e ceo), L’ànima morta (O espírito morto), Rei i monjo (Rei e monxe) e Terra baixa (Terra baixa). Estreou tamén obras de Frederic Soler e de Josep Pin i Soler. Nos últimos anos especializouse en papeis cómicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e viaxeiro francés, compañeiro de Friedrich Heinrich Alexander von Humboldt. En colaboración con este escribiu Plantae aequinocciales (Plantas do equinoccio, 1805-1809), onde se describe un gran número de especies e xéneros novos. Posteriormente foi superintendente do Xardín da Malmaison.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Megyé de Hungría (7.247 km2; 739.000 h [estim 1998]). A capital é Miskolc. É unha das grandes rexións industriais de Hungría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise dos músculos das paredes dos bronquios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das apiáceas, de follas enteiras e xeralmente lineais e flores de pétalos marelos dispostas en umbelas. En Galicia están presentes B. gerardi, en herbazais e cultivos, e B. rotundifolium, en ambientes secos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga vila fundada por Fujiwara Yorimichi a mediados do s XI en Uji, preto de Kyoto (Xapón), convertida despois en templo de Amida. É o único edificio conservado de toda a arquitectura da época de Fujiwara (897-1185).
-
PERSOEIRO
Político mexicano. Presidente de México (1924-1928). Impulsou unha política de reformas nas que destacaban a reestruturación do exército, a reforma agraria, a loita contra o caudillismo e contra a influencia norteamericana, que desencadeou a sublevación cristera, dirixida por católicos intransixentes. No ano 1928 fundou o Partido Nacional Revolucionario e, como ministro de Finanzas, fixo aprobar a lei Calles (1931). Estivo exiliado entre 1936 e 1941 pola súa oposición ao goberno de Lázaro Cárdenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos liquenizados da subdivisión ascomicotina, de talo crustáceo e apotecios avermellados, amarelados ou negrosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de filósofos ingleses do s XVII, de tendencia relixiosa, no que primaba a moralidade máis ca o dogma e que trataba de conciliar a ética cristiá coa racionalidade filosófica e científica. Os representantes máis destacados foron Ralph Cudworth e Henry More.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Freire e arquitecto galego activo entre 1771 e 1801. Ingresou como leigo no mosteiro de San Martiño Pinario en 1771, onde construíu, seguindo as trazas de frei Manuel dos Mártires, a escaleira da igrexa. Deseñou o monumento da Semana Santa. En colaboración con Xosé Ferreiro realizou, entre 1773 e 1777, o altar da capela de Santa Escolástica, cun esquema que se repetiu nas capelas de Santa Xertrude e do Cristo da Paciencia (1784). Atribúenselle os colaterais da capela do Socorro dedicados a san Xaquín e san Xosé (1783), o da capela de san Bernaldo (1786) e a caixa da sancristía. Corrixiu o empenamento das paredes laterais do claustro do convento de Santo Agostiño usando unha máquina da súa invención premiada pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando sobre a que escribiu un tratado inédito. En 1801 foi comisionado polo arcebispo Raxoi para examinar a obra dos altares da capela do Pazo de Lestrove, realizada por Ramón Pérez Monroy. O seu estilo adscríbese ao neoclasicismo, aínda que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
asilla para levar auga, xeralmente en viaxes e excursións, aplanada e co colo estreito como o dunha botella; normalmente recóbrese de coiro, aínda que as máis modernas son de aluminio e recubertas de feltro ou de plástico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación practicada para corrixir a estenose do orificio palpebral.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Estudiou no Conservatorio de París entre os anos 1896 e 1901. Dirixiu orquestras en Francia, Alemaña, Reino Unido e América do Norte. Dentro da súa produción, inscrita nunha tendencia impresionista, destaca a orquestración e dirección da estrea de Le martyre de Saint-Sébastien (O martirio de san Sebastián, 1911), de Debussy, e a peza Le miroir de Jésus (O espello de Xesús, 1923). Gañou o Gran Premio de Roma en 1901 coa súa cantata Myrrha.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica practicada sobre a porción terminal do esófago para restablecer o funcionamento normal do cardia en caso de acalasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nucleoplasma.
-
PERSOEIRO
Rei dos francos (893-923), fillo póstumo de Luís o Tatexo. Coroado no 893 en oposición a Odón, duque de París, viuse obrigado a refuxiarse en Alemaña ata que Odón accedeu a pactar unha repartición do reino (896). No 898 morreu Odón e Carlos converteuse no único rei. A través do Tratado de Saint-Clair-sur-Epte (911), cedeulle en feudo unha parte de Neustria (denominada posteriormente Normandía) ao dirixente normando Rollón e entregoulle a súa filla Xisela como esposa coa condición de que se fixese cristián. No 922 tivo que enfrontarse, preto de Soissons, a Roberto, duque de Francia, que fora elixido rei polos nobres revolucionarios; matouno no 923, pero perdeu a batalla e refuxiouse no territorio de Herbert, conde de Vermandois, que o mantivo prisioneiro en Château Thierry e Péronne.
VER O DETALLE DO TERMO