"Uria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 180.

  • Presenza de quilo nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Coñecido como o cura de Casoio, en 1809 ocupouse de alertar a poboación da chegada dos franceses. Foi comandante das forzas de Valdeorras e castigou duramente aos homes de Soult en Montefurado. Redactou unhas ordenanzas en 24 artigos para manter a disciplina dos homes baixo o seu mando que quedaron manuscritas. Ao finalizar a Guerra da Independencia, rexeitou unha coenxía en Ciudad Rodrigo. O seu irmán Xoán Bernardo Quiroga Uría (O Hospital, Quiroga s XIX) tamén participou nas guerrillas para loitar contra os franceses. Formou parte da Xunta Superior de Galicia e foi deputado pola provincia de Lugo (1810-1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (14.209 h [2001]). A base agraria é o regadío, coa laranxeira como principal cultivo. A industria tivo un forte desenvolvemento, destacando a preparación de materias primas para a industria da construción, cemento, cerámica e metalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou en diversas montaxes de compañías como Danthea, Troula, Ollomol ou o Centro Dramático Galego. Recibiu varios galardóns, dos que destaca o Premio María Casares (1999) como mellor actriz secundaria no espectáculo Qui pro Quo. No apartado cinematográfico participou nos filmes Atilano, presidente (1998), Lena (2001) e El don de la duda (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de seme nos ouriños. OBS: Tamén se denomina espermaturia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda etapa e idade do Lías (Xurásico Inferior), situada sobre o Hettanxiano e baixo o Pliensbaquiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Singapur ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Singapur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (6.022 h [2001]). Ten cultivos de cereais e o sector industrial e mineiro ten moita importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación rápida dos ouriños despois da inxestión dun líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. De familia protestante, converteuse ao catolicismo e foi sacerdote. Centrou a súa reflexión teolóxica na experiencia nova de vida monástica e de liturxia que caracterizan a comunidade reformada de Taizé, da que foi membro. Das súas obras destacan Mariage et célibat (1955), L’Eucharistie (1959) e Le Mystère de l’eucharistie (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Durante a restauración absolutista interveu en diversas conspiracións liberais e foi encarcerado. En 1824, restaurado de novo o absolutismo tras o Trienio Liberal, tivo que refuxiarse en Londres desde onde organizou unha expedición antiabsolutista. Vítima dunha trampa que urdiu o xeneral Vicente González Moreno, gobernador militar de Málaga, desembarcou en Fuengirola con 50 homes, onde foi capturado e fusilado cos seus compañeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente mediterránea da Península Ibérica que nace no Sistema Ibérico, en Muela de San Juan (Aragón), co nome de Guadalaviar e desemboca na cidade de València, tras 243 km de percorrido. Percorre as provincias de Teruel, Cuenca e València. O réxime das augas é pluvionival. As augas da cabeceira mostran o mínimo anual en agosto e un máximo invernal que logra remontar o caudal. Destacan as súas cheas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza dun exceso de uratos nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos álcidos, ao que pertencen o arao común e o arao de Brünnich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa de dirección SO-NL que serve de límite ás parroquias de Barcela e San Pedro de Ernes, no SL do concello de Negueira de Muñiz, coa de Marentes, no municipio de Ibias (Asturias). Culmina nos 1.286 m de altitude do Busbeirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos artiodáctilos de grandes dimensións (80-90 cm de alzada na cruz). Os machos están provistos de cornos en espiral (cando menos unha espiral completa) con cristas transversais ben definidas e de puntas diverxentes. Habita en Asia occidental e en Chipre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro. Xeneral de David, este namorouse da súa muller, Betsabé, ao vela espida mentres se bañaba. Por iso ordenou ao xefe do seu exército que colocase a Urías en primeira liña de batalla, contra os amonitas. Morto Urías, David casou con Betsabé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza excesiva de urobilina na urina, que se dá nalgunhas afeccións febrís e hepáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Okrug autónomo da oblast’ de Irkutsk, Rusia (22.400 km2; 143.800 h [estim 1999]). A súa capital é Ust’-Ordynskij (10.693 h [1970]). Está atravesado polo río Angara e destaca na súa economía a extracción de carbón e de xiz, o cultivo de cereais e a gandaría bovina e ovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza dun exceso de xantina nos ouriños. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO