"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • č (San Petersburgo 1882 - Peredelkino, Moscova 1969) Escritor ruso. En 1903 trasladouse a Londres como correspondente, feito que lle permitiu adquirir un coñecemento profundo da literatura inglesa e americana. Tradutor de R. Kipling, M. Twain e P. Whitman, exerceu como crítico literario; posteriormente, cultivou a literatura infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Entre 1922 e 1939 emigrou a Praga, Berlín e París, por mor da Revolución e da Guerra Civil do seu país. Na súa poesía, clasificada como simbolista, detéctanse influencias da poesía popular e de movementos máis modernos. Publicou, entre outras obras, Večernij al’bom (Álbum de solpor, 1911) e Car-devitsa (A raíña virxe, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, lexicógrafo e etnógrafo ucraíno. En 1859 trasladouse a Moscova. A partir de 1819 comezou a recoller material lingüístico e folclórico para o seu dicionario, no que traballou 53 anos nas dúas primeiras edicións (1863-1866 e 1880). Publicou recompilacións de contos, proverbios e cancións. É autor do Tolkovyj slovar’ živogo velikorusskogo jazyka (Dicionario da gran lingua rusa viva, 1863-1866), con máis de 200.000 entradas de literatura, lingua, fala coloquial e dialectos, ademais inclúe proverbios e algunha información enciclopédica. En 1863 foi nomeado membro honorario da Academia de Ciencias de San Petersburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán situado nos contrafortes dos montes Elbruz. Constitúe o cumio máis elevado de Irán, cunha altitude de 5.604 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. As súas obras analizan dun xeito crítico a estrutura da sociedade húngara. Ademais de nunha serie de documentais, participou na dirección de Jutalomutazás (Viaxe a Inglaterra, 1975), Filmregény (Filme-novela, 1978) e Átváltozás (Metamorfose, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Karnātaka, India, situada ao N de Bangalore (265.971 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Reelaborou temas e formas tradicionais e imitou a Gittone d’ Arezzo e os poetas provenzais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e cartógrafo italiano. No ano 1901 fundou en Roma o Istituto Geografico De Agostini, que dende 1904 publica o Calendario Atlante De Agostini. En 1908 trasladou o instituto a Novara. A raíz do éxito dos seus produtos cartográficos na exposición internacional de Turín en 1919, o grupo De Agostini converteuse no principal consorcio editorial italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a propiedade de facer caer o cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Foi comisario político en Florencia (1540) e arcebispo (1544). Escribiu versos latinos, oracións e unhas Vidas. Da súa produción destaca Galateo e Rimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na Guerra Ruso-xaponesa, (1904-1905) e na Primeira Guerra Mundial. Despois da Revolución de Febreiro de 1917 foi nomeado xefe do estado maior do exército. Declarouse contrario á revolución socialista de outubro, fuxiu á zona do Don e creou os exércitos brancos, cos que se enfrontou ao Exército Vermello. En 1919 centralizou todos os poderes políticos e militares e emprendeu a marcha sobre Moscova. Derrotado en diversas ocasións, foi substituído por Wrangler en 1920. Emigrou ao estranxeiro e desde 1945 residiu nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador, debuxante, escritor e diplomático francés. Barón de Denon, acompañou a Napoleón I na súa viaxe a Exipto e escribiu Voyage dans la Basse et la Haute-Egypte (Viaxe polo Baixo e o Alto Exipto, 1802). Entre outras obras escribiu Julie ou le bon pére (Julie ou o bo pai, 1769) e Point de lendemain (Punto de mañá, 1777). Director xeral de museos durante o consulado e o imperio de Napoleón I, organizou o Musée du Louvre e promoveu a construción da columna Vendôme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deriva ou provén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos grupos que, ao se introducir nunha molécula, diminúen a reactividade por medio de certo tipo de reaccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desvanece.

    2. Aparello que se utiliza para desvanecer parte dunha fotografía ao sacar a positiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha cousa perda intensidade gradualmente ata desaparecer.

    2. Facer desaparecer algo inmaterial, especialmente sentimentos, dúbidas ou ilusións.

    3. Ir perdendo unha cousa intensidade ata chegar a desaparecer.

    4. Desaparecer algo inmaterial, especialmente sentimentos, dúbidas ou ilusións.

    5. Perder o coñecemento momentaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de inferioridade na que está unha persoa ou unha cousa fronte ás demais.

    2. Circunstancia desfavorable dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non proporciona ningunha vantaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de escritura india que deriva do antigo brahmi, como a maioría das escrituras de Asia central e do sur. Os primeiros vestixios localizáronse en inscricións do s VII, e son unha modificación da escritura gupta, moi utilizada no s IV pola dinastía homónima. Ademais de ser a escritura tradicional do sánscrito, o devanagari converteuse no alfabeto do hindi moderno. O alfabeto devanagari, escrito de esquerda a dereita, caracterízase pola abundancia de enlaces e polos trazos longos e horizontais na parte superior das grafías, que forman unha soa liña continua cando se unen formando palabras. Consta de 49 signos simples e máis de 200 compostos. Aínda que na súa orixe era un sistema de escritura de carácter alfabético, pasou a ser silábico (as grafías consonánticas transcriben o son da consoante correspondente acompañado da vogal inherente).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Familiar do que se descende e que viviu nunha época pasada.

    2. Serie de membros dunha familia que preceden a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO