"Vaz" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 165.
-
GALICIA
Pintor e ilustrador. Cultivou principalmente a paisaxe, sobre todo a urbana, de carácter realista. Como ilustrador, destaca o seu traballo no libro Vigo sentimental, de F. Fernández del Riego, onde reflectiu recunchos e edificios da cidade e retratos de persoeiros de todos os tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro naval e político. Catedrático de Construción Naval na Escola Politécnica Superior de Ferrol, especializouse en propulsión naval nuclear. Foi conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1984) e deputado no Parlamento galego por AP (1981-1985; 1985-1989) e por Coalición Popular (1985-1989). Membro da Real Academia Galega de Ciencias, recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Medalla de Bronce de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral. Despois de actuar en diversas compañías de Andalucía e Madrid, recibiu unha bolsa do goberno alemán para formarse na RFA. En Ourense colaborou co grupo teatral Valle Inclán. Cofundador do grupo teatral Rúa Viva, participou nos espectáculos Os baralláns (1980), O cantar dos cantares (1983) e O saco das noces (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Formouse con J. Laguarta e nos Conservatorios Profesional de Pontevedra e Superiores de Vigo, A Coruña e Madrid, ata acadar o título de profesor superior de harmonía, contrapunto, composición e instrumentación. Director da Academia Municipal de música de Vilagarcía de Arousa, da súa produción destaca Variaciones para Orquesta, Op 1 (1993), Secuencias “Nocturno” (1995), Cantos y ritmos salvajes (1998), a orquestración da Sinfonía Africana Pangeia (1998), coa que se conmemorou en Portugal os 25 anos da independencia de Angola, Preludio y fuga (2001), Rondó Brillante (2003), Sinfonietta (2004) e Danza nº1 (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que amosa rapidez de comprensión e unha grande intelixencia.
-
Que implica vitalidade e enerxía.
-
Aplícase á planta perenne cuxas partes epixeas son anuais. Teñen os órganos subterráneos moi desenvolvidos e, en xeral, son xeófitos ou hemicriptófitos.
-