"XT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

    1. Que ou quen orienta as súas actividades e intereses cara ao exterior.

    2. Propio da persoa extravertida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén perda o camiño ou se desvíe del.

    2. Ignorar o lugar onde está algo.

    3. Non fixar a vista nun obxecto determinado.

    4. Perderse ou desviarse alguén do camiño.

    5. Non saber o lugar onde se encontra algo.

    6. Andar errante a vista dunha persoa sen fixala nun punto concreto.

    7. Adoptar unha persoa malos costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de extraviar ou extraviarse.

    2. Perturbación que se produce en alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se fai ou se tramita fóra da vía xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de extremar ou extremarse.

    2. Que é moi grande ou moi intenso.

    3. Que vai máis alá do normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma de España, no SO da Península Ibérica (41.602 km2; 1.069.420 h [2001]). Situada entre o Sistema Central ao N e Sierra Morena ao S, limita ao O con Portugal, ao N con Castela e León, ao L con Castela-A Mancha e ao S con Andalucía. Integrada polas provincias de Cáceres e Badajoz, a súa capital é Mérida.
    Xeografía física

    Relevo, climatoloxía e hidrografía
    As principais unidades do relevo son o Sistema Central ao N, a prolongación dos montes de Toledo no centro, Sierra Morena ao S e unha ampla chaira que ocupa toda a zona central da comunidade, e onde se desenvolve un hábitat peculiar, a devesa. Serra de Gata e o sector occidental de serra de Gredos son as unidades do Sistema Central que están na parte máis setentrional de Extremadura, con altitudes superiores aos 2.000 m e formadas sobre todo por rochas cristalinas paleozoicas. Ao L da extensa chaira levántase o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorios de fronteira conquistados aos árabes durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao elemento maximal ou minimal dun conxunto calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar algo ao seu extremo ou ao seu grao máximo.

    2. Poñer en algo o máximo grao de atención ou coidado. OBS: Con este significado rexe preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administración do sacramento da unción dos enfermos no momento da agonía ou en perigo de morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte que está ao principio ou ao final dunha cousa.

      1. Apéndice dun animal, máis ou menos alongado, unido a unha parte máis robusta do corpo que adoita presentarse en número par e en posición simétrica, como é o caso de antenas, brazos ou alas.

      2. Apéndice do corpo dos vertebrados que serve para o desprazamento e para a prensión. Os vertebrados teñen dous pares de extremidades, un anterior ou torácico, e un posterior ou pelviano. Nos peixes teñen forma de aleta, das que parece que derivan as extremidades coas que andan os vertebrados terrestres. Unha extremidade consta dunha parte adherida á cintura, formada por un só óso longo, o úmero ou o fémur, un segundo segmento con dous ósos, o radio e o cúbito ou a tibia e o peroné, unha terceira parte bastante complexa, co carpo ou puño ou o tarso ou nocello, con tres filas de ósos pequenos e cunha gran variabilidade dun grupo a outro de vertebrados, e unha cuarta rexión, con cinco ósos, o metacarpo ou palma da man ou o metatarso ou planta do pé, e os cinco dedos cun número variable de ósos, chamados falanxes. Esta estrutura xeral presenta unha gran variabilidade morfolóxica, segundo o tipo de marcha do animal e o medio en que vive.

      3. Pés ou mans no ser humano. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a adoptar ideas ou comportamentos extremos ou esaxerados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao extremismo.

    2. Que ou quen adopta ideas ou comportamentos extremos ou esaxerados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que está ao comezo ou ao final de algo.

      2. Aplícase, en lóxica, aos termos maior e menor dun siloxismo.

    1. Que está no lugar máis afastado con relación a un punto de referencia.

    2. Que é moi grande ou moi intenso.

    3. Que se leva ata o máis alto radicalismo, especialmente referido a ideas políticas.

    4. Que vai máis alá dos límites considerados normais ou razoables.

    5. Punto polo que comeza ou acaba algo.

    6. Lugar máis afastado con relación a un punto.

    7. Límite ao que chega ou pode chegar unha cousa.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao conxunto de problemas formulados pola penetración económica, política e militar de Europa e dos EE UU nos países do Extremo Oriente, en China, Xapón e Indochina. A mediados do s XIX o peche de América aos produtos europeos obrigou a Europa a buscar novos mercados en Asia. Polo Tratado de Nanquin (1842), o Reino Unido obtivo concesións comerciais en China, seguido despois por Francia, Alemaña e Rusia. Esta penetración tivo como consecuencia a repartición territorial de Indochina entre Francia e o Reino Unido e a transformación de Xapón en gran potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é extremado.

    2. Que expresa claramente os seus sentimentos e afectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vén de fóra, que non é característico directamente da cousa mesma, senón de circunstancias exteriores.

    2. Aplícase ao semicondutor que contén impurezas que inflúen nas súas propiedades eléctricas.

    3. Valor legal dunha moeda sen importar o seu peso ou o seu valor real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se dirixe cara a fóra ou se afasta do eixe de crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de transformación dun material suficientemente plástico, que se obriga a pasar, someténdoo a unha certa presión, por un ou máis canóns ou fileiras aos que se lles dá a forma desexada. No campo dos polímeros aplícase aos materiais termoplásticos, especialmente aos PVC, polietileno, polistireno, polipropileno, poliamida e algúns derivados celulósicos, e obtéñense tubos, barras, films e perfís diversos. En metalurxia aplícase ao aluminio e ás súas aliaxes, ao latón, ao bronce e ao cuproaluminio. A extrusión do aceiro foi posible en 1941 coa utilización de vidro fundido como lubricante, e empezou a aplicarse amplamente na produción de diferentes tipos de alimentos a partir dos anos setenta.

    2. Xurdimento de materiais nunha capa sedimentaria debido a presións tectónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás rochas volcánicas orixinadas pola consolidación de lavas compactas, logo dunha erupción, na superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO