"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Berenguel de Landoira.
-
PERSOEIRO
Novelista italiano. A súa narrativa insírese nunha atmosfera barroca-surrealista, entre a fantasía e o humor. Da súa obra destacan La pietra lunare (1939), La spada (1942), Cancroregina (1950), Racconti impossibili (1966) e A caso (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Investigou especialmente a acción de diferentes substancias orgánicas sobre a luz polarizada. Demostrou experimentalmente no terreo da física atómica a lei de conservación da masa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos landoma ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo landoma.
-
Pobo africano que habita en Guinea. Dedícanse fundamentalmente á agricultura, empregando un sistema de roza e queima. A dieta compleméntase coa caza e a pesca. O seu sistema de goberno, centralizado, está presidido por un xefe principal que delega en diversos xefes de distrito. A súa organización social baséase nun sistema matriarcal. A poboación agrúpase en aldeas, que contan con 100 ou 200 habitantes, repartidas polas chairas e os vales abertos. Practican maioritariamente a relixión musulmana, pero conservan crenzas preislámicas.
-
Lingua do phylum níxer-congo que fala o pobo landoma.
-
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Interesado polos estudios clásicos e pola influencia da Revolución Francesa no seu tempo, está considerado como un dos máis destacados poetas da época. Publicou anonimamente Gebir (1798), primeira peza destacada da súa obra poética, a súa extensa obra en prosa Imaginary Conversations (1828), The Hellenics (1847), Drysticks (1858) e Heroic Idylls (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente do río Umia pola dereita, que nace entre as parroquias de Godos (Caldas de Reis) e Baión (Vilanova de Arousa) e que discorre por este último concello, onde tamén desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Clavecinista polaca. Estudiou en Varsovia, Berlín e París. Actuou por todo o mundo espallando o coñecemento das obras para clavecín dos antigos autores italianos e alemáns. Manuel de Falla escribiu para ela o seu concerto de clavecín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, crítico e director de orquestra francés. Foi director de música na Comédie Française, entre 1962 e 1965. Na liña de Honegger escribiu o oratorio Rythmes du monde, o poema sinfónico Edina e a sinfonía Jean de la Peur (1951). Fixo tamén teatro musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito do carballo e doutras árbores da familia das fabáceas, como a aciñeira e a sobreira, cuberto por unha casca dura rematada por un carapucho polo que está unido á árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alandra.
-
-
Abrir ou rebentar as frieiras.
-
Formarse fendas na madeira ao traballala cando está verde.
-
-
-
Lugar que se utiliza para gardar landras.
-
Sobras que quedan das landras que comen os porcos.
-
Dano ou destrución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Viveiro a partir de marzo de 1916. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de B. López Muñoz e contou coa colaboración de Xesús González e Esteban F. Temprano. O 10 de xuño de 1931 volveu saír da man doutros redactores e imprimiuse nos obradoiros de Fojo. Desapareceu novamente ata o 1 de abril de 1936, en que se editou como publicación conservadora e franquista. Cesou definitivamente en 1938.
-
RIOS
Río da vertente cantábrica que discorre en dirección S-N e que desemboca formando a ría de Viveiro. Nace na serra do Xistral, na parroquia do Viveiró (Muras) e forma o límite entre os concellos de Muras e Ourol, pasando ao de Viveiro onde desemboca entre a praia de Area de Covas e o porto de Celeiro, despois dun percorrido de 42 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Landro en Landrove (Viveiro). Construída no s XV, trátase dunha ponte de cantería e cachotería de dous vans, un deles oxival e outro rebaixado. Pertenceu ao Camiño Real de Vilalba a Viveiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de poliradiculite aguda que afecta aos segmentos medulares e que pode chegar a provocar a morte por asfixia se se lesionan os nervios que enervan a musculatura respiratoria do tórax e o abdome. Foi descrita polo neurólogo francés Jean Baptiste O. Landry (1826-1865).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de satélites estadounidenses destinados á observación dos recursos terrestres desde o espacio, continuadora da serie Earth Ressources Technology Satellites. En 1972 lanzouse o primeiro Landsat, que orbitaba a 900 km de altura nunha órbita heliostacionaria, para fotografar a superficie terrestre. En 1980 foi relevado polo Landsat II, construído en 1975 e que estivo en activo ata 1982. En 1978, o Landsat III incorporou unha quinta banda espectral e, en 1982, o Landsat IV dispuxo dunha cámara para a realización de mapas temáticos.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Foi profesor na Universidade de Bonn. Xudeu de raza e luterano de relixión, refuxiouse en Barcelona fuxindo dos nazis e co estalido da Guerra Civil Española pasou a París, onde formou parte do grupo de personalistas cristiáns representados por E. Mounier e a revista Esprit. Escribiu Einführung in die philosophische Anthropologie (Introdución á antropoloxía filosófica, 1934) e Die Erfahrung des Todes (A experiencia da morte, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO