"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, situada entre a punta de Pazo e a praia do mesmo nome, na parroquia de Goiáns (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Realizou viaxes científicas polo Atlántico e o Pacífico para corrixir cartas de navegación. En 1766 participou na conquista da Isla Catalina. Como secretario de Marina (1796), ascendeu a capitán xeneral e foi capitán xeneral do departamento de Cádiz. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. É autor de Rembrandt als Erzieher (Rembrandt educador, 1890), en que postulaba unha rexeneración do pobo xermánico representada na figura do pintor holandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico estadounidense. A súa comicidade, inxenua e patética, deu un carácter de profundo sentimentalismo á súa obra. O cine sonoro relegouno a un segundo plano. Destacan os filmes His First Flame (1925), The Strong Man (1926), The Chaser (1928), Heart Trouble (1928) e Zenobia (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista noruegués. Secretario do comité Nobel en Oslo (1900-1909), foi delegado na segunda conferencia de Paz da Haia (1907). Desde 1909 foi secretario xeral da Unión Interparlamentaria, unha conferencia de delegados dos corpos lexislativos das distintas nacións. Durante a Primeira Guerra Mundial foi delegado de Noruega na Liga de Nacións. En 1921 recibiu o Premio Nobel da Paz xunto con H. Branting.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dorothea Margaretta Nutzhorn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político alemán. En política defendeu posturas socialistas moderadas e en filosofía, fixo unha interpretación escepticista do kantismo e limitou o materialismo ao método das ciencias naturais. Escribiu Die Arbeiterfrage (A cuestión obreira, 1865) e Geschichte des Materialismus (Historia do materialismo, 1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagoga e feminista alemana. Propugnou a igualación do home e da muller nos eidos xurídico e profesional do maxisterio. Fundou o Allgemeiner Deutscher Frauenverein (1902), organización para a liberación xurídico-social da muller alemana. Publicou, entre outras obras, Kampfzeit (Tempo de loita, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Comezou no cine cun papel secundario na película King Kong (1976). Posteriormente, destacou pola súa interpretación no filme The Postman Always Rings Twice (1981). Traballou noutras películas, entre as que destacan Tootsie (1982), pola que obtivo un Oscar, Crimes of the Heart (1986), Music Box (1989), Blue Sky (1990), pola que obtivo outro Oscar, Cape Fear (1991) e Rob Roy (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista polonés. Contribuíu á configuración da economía política marxista, partindo da controversia sobre o cálculo económico racional nunha economía socialista. Escribiu On the Economic Theory of Socialism (1938), Introdution to Econometrics (1959) e Political Economy (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada á beira do Rin (52.700 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo neerlandés. Influído por Molière, escribiu as comedias De wederzijdsch huwelijksbedrog (1712) e Wistkunstenaars (1715) e publicou catro volumes de poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial alemana, fundada en Berlín en 1856 por Gustav Langenscheidt (1832-1895). Especializouse en obras de carácter educativo e lexicográficas. Desde 1884 adquiriu o dereito á edición da Bibliothek griechischer und römischer Klassiker in deustchen Musterüberketzungen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De orixe xudía, é autor de numerosos contos e novelas cunha gran forza dramática e capacidade de invención, entre eles, Zelezny vlk (O lobo de ferro, 1920), a peza dramática Svatý Václav (san Wescenlao, 1912), e a narración para nenos Velblood uchem jehly (O can da segunda compañía, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula non fagocítica derivada da medula ósea presente na pel. Posúe antíxenos MCH tipo II e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Grupos de células ovais ou esféricas, illadas, que se atopan dispersas polo páncreas dos vertebrados. A función máis importante é a produción de insulina e de enzimas dixestivos. Foron descritas histoloxicamente polo médico patólogo alemán P. Langerhans (1847-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos licoperdais, que presenta un carpóforo branco, irregularmente redondo coa superficie lisa ou un pouco reticulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Foi alumno de P. Curie e de J. J. Thomson. Partidario da divulgación das teorías máis revolucionarias, destacou no ensino da relatividade e da física cuántica. Fixo investigacións sobre o movemento browniano, o magnetismo e as radiacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Mongolia Interior, China, situada preto da fronteira con Mongolia (148.105 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemana. Próxima ao círculo de Die Kolonne, as súas obras de poesía, novela, narración e teatro reflicten o problema relixioso do pecado e da gracia, así como os horrores da guerra e da posguerra. Destaca Das unauslöschilche Siegel (O selo imborrable, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO