"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe IV.
-
-
Acto de afirmar ben o pé no chan.
-
Insistencia que se pon nalgunha cousa que se fai ou se di.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en fisioterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fisioterápico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapéutico dos axentes físicos naturais ou artificiais, como poden ser a auga, o aire, a electricidade, as radiacións luminosas, os raios X, a radioactividade, o frío ou a calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fisioterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que emprega as plantas con propiedades terapéuticas para curar determinadas afeccións. Desde a Antigüidade grega coñécense as propiedades de numerosas drogas vexetais. Non obstante , o período verdadeiramente científico foi o s XIX co illamento dos principios activos dos vexetais, como a morfina, a estricnina, a quinina, a cafeína e a cocaína, entre outros. O desenvolvemento da química fixo posible o nacemento da quimioterapia e da farmacoloxía a comezos do s XX. O descubrimento de alcaloides, como a reserpina, a ergocristina, a vincamina e a vinblastina amosou a riqueza de recursos, aínda inexplorados, do reino vexetal. Unha das novas correntes da fitoterapia consiste en extraer das plantas substancias fisioloxicamente pouco activas, que actúan como precursores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das superficies de control da á dun avión que, mediante a variación do ángulo que forman coa superficie principal desta, incrementan ou diminúen a superficie efectiva e a curvatura do perfil da á e modifican, deste xeito, o coeficiente de sustentación. O uso dos flaps permite diminuír a carreira no momento de elevarse o avión, acurtar a traxectoria de aterraxe e, en xeral, voar máis lento sen perder sustentación. Os flaps do ángulo de saída teñen ás veces, ademais, un movemento de translación en sentido lonxitudinal do avión. Os flaps do ángulo de ataque son moito menos usuais ca os anteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Signo que aparece sobre todo na primeira fase da encefalopatía hepática, e que se caracteriza por un tremor peculiar, especialmente nas mans e nos dedos.
-
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1904). A Academia de España outorgoulle unha bolsa e residiu en Roma. Ao seu regreso nomeárono arquitecto conservador do Teatro Real de Madrid (1915) e ingresou na dirección xeral de Primeiro Ensino do ministerio de Instrución Pública e Ensino como arquitecto escolar. As súas construcións escolares caracterizáronse pola funcionalidade e polo emprego de materiais modestos, como o ladrillo, pero dende un punto de vista racionalista. Entre outras obras destacan os grupos escolares Cervantes (1910-1914) e Príncipe de Asturias en Madrid, os pavillóns xemelgos da Residencia de Estudiantes (1913-1914) e o pavillón de párvulos do Instituto Escuela; interveu tamén nos edificios das escolas normais de mestres de Granada, Valladolid e León. No eido da conservación arquitectónica traballou na mesquita de Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método terapéutico destinado a manter ou a restaurar por vía endovenosa o volume e a composición normal dos fluídos corporais. Ten como obxectivos principais a reposición das perdas de auga e de electrólitos, e a nutrición adecuada do organismo. A fluidoterapia realízase habitualmente mediante a perfusión endovenosa lenta (goteo) de solucións que conteñen os principios inmediatos necesarios en cada situación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo extremo da serie dos apatitos, de fórmula Ca5(PO4)3. É o mineral máis corrente da serie, e por iso ás veces fáiselle referencia cando se fala de apatitos. A cor é totalmente variable e depende das impurezas.
-
-
Que é capaz de transformar os sinais rexistrados no suco dun disco fonográfico en sinais eléctricos correspondentes ao son a reproducir.
-
cápsula fonocaptora.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carta Geométrica de Galicia.
-
GALICIA
Escritora e profesora de Ensino Secundario. Presentou o seu libro Carmen, Carmela, Carmiña ao Premio Planeta en 1994. En marzo de 2001, a Audiencia Provincial de Barcelona admitiu a trámite a súa querela interposta contra o premio Nobel Camilo J. Cela a quen acusaba de plaxiar a súa obra en La Cruz de San Andrés, gañadora do Premio Planeta de 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dalgunhas enfermidades, como dermatoses, neuralxias, raquitismo e outras, pola acción de radiacións, naturais ou artificiais; especialmente mediante a diferente concentración dos raios luminosos ou pola distinta coloración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1921. Foi dirixida por Rex Ingram e interpretada por Rodolfo Valentino, Alice Terry e Pomeroy Cannon, entre outros. O filme foi prohibido en Alemaña polo seu carácter antixermano, pero en EE UU tivo un éxito sen precedentes grazas á figura de Rodolfo Valentino, que creou o prototipo do latin lover.
-
PERSOEIRO
Matemático e físico. Dedicouse á arqueoloxía durante a expedición que fixo con Napoleón a Exipto. No campo da física destacan os seus estudios sobre a propagación da calor. Froito deste traballo foi o desenvolvemento das series matemáticas que levan o seu nome e que constitúen a base da análise harmónica. Publicou Théorie analytique de la chaleur (Teoría analítica da calor, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político español fundado en 1971 como unha fracción do Partido Comunista de España (Marxista-Leninista). Defendía a loita armada e realizou a partir de 1973 varios atentados contra as forzas de orde pública. Tres dos seus militantes foron executados en setembro de 1975. Disolveuse á morte de Franco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción terapéutica do frío aplicado ao corpo.