"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Salamanca, Castela e León, a 4 km da capital provincial (3.081 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1981) e catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987, especializouse en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia. Ten feito estadías de investigación na Università de Bologna e no centro Alcide Cervi de Roma e foi profesor convidado na École des Hautes Études de París e no Instituto de Ciências Sociais de Lisboa. Director do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e vicepresidente da Fundación Otero Pedrayo desde 2005, foi decano da facultade de Xeografía e Historia (1986-1990), reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea e director en Galicia da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1998-2006). Pertence tamén ao Padroado do Museo do Pobo Galego e á Fundación Luis Seoane e en 2005 foi elixido académico de número da Real Academia Galega. Forma parte do consello...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilaza (Gondomar). Ten planta en forma de U cun patio ante a fachada principal. No lado esquerdo conserva unha escaleira que dá acceso ao patín e no corpo central, na parte baixa, destaca un arco carpanel. Na fachada sur destaca un sorportal formado por cinco arcadas e unha solaina cuberta. Conserva unha pedra de armas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na confluencia dos ríos Eliche e Frío (5.083 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e de regadío e no gando bovino e ovino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e eclesiástico francés. Gran mestre da orde do Hospital (1307-1319), sucedeu o seu irmán Guillaume de Villaret , do que tomou o proxecto de conquistar a illa de Rodas e convertela no centro da orde (1308). Acusado de apropiación indebida de bens, tivo que dimitir (1319).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da rexión de Manawatu-Wanganui, Nova Zelanda situada 40 km ao S de Palmerston North, na baía de South Taranaki (147.500 h [estim 1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia inglesa de orixe normanda. William de Warenne (?-1089) chegou a Inglaterra con Guillerme o Conquistador (1066) e foi o primeiro conde de Surrey. A familia extinguiuse en 1347.
-
CIDADES
Cidade do condado de Avon, Inglaterra, Reino Unido (57.980 h [1981]). É un centro balneario e de veraneo á beira do canal de Bristol, na baía homónima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e divulgador da arqueoloxía. Coñecido como C. W. Ceram, escribiu Götter, Gräber und Gelehrte (Deus, tumbas e sabios, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora escocesa. Coñecida como Margaret Oliphant, a súa obra caracterizouse polo retrato dos personaxes e da vida en Escocia e Inglaterra. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Da súa extensa produción destacan Margaret Maitland (1850), Chronicles of Carlingford (1863-1876), The Minister’s Wife (1869) e The Makers of Modern Rome (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado á dereita do Segura (1.644 h [2001]). Ten cultivos de regadío e industria do moble.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fala e actúa de maneira irreflexiva ou con descaro.
-
-
-
-
Cabo que pecha unha arte de pesca de cerco pola parte inferior unha vez realizado o rodeo ou cerco do cardume de peixes.
-
cerco de xareta
Arte de pesca de cerco na que se emprega unha rede rectangular cuns flotadores na parte superior e uns pesos na inferior, e que vai reducindo a bolsa mediante a xareta para impedir que escapen os peixes.
-
-
Cabo que se emprega para asegurar os paus que quedan frouxos despois dun temporal, amarrándoos de obenque a obenque dun lado ao outro.
-
Costura que se realiza nunha peza de roupa e que permite introducir por ela unha cinta para axustala ao corpo. Adoita facerse na parte alta dos pantalóns e saias do traxe tradicional para poder cinguir estas pezas ao van e nos puños das camisas para pasar unha fita de seda ou raso de cor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao lugar onde xea moito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo e chaira moi fértil de Palestina, situados no NO do lago de Galilea ou de Tiberíades, que tamén recibe este nome.
-
-
Relativo ou pertencente a Xibraltar ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Xibraltar.
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e historiador. De orixe goda, viviu durante 17 anos en Constantinopla e logo volveu á Península. Escribiu unha Crónica na que relata, seguindo unha estrita orde cronolóxica, o período dos últimos reis suevos desde Mirón ata a conquista do Reino Suevo de Galicia por parte de Leovixildo (585).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Artista medieval cortesán que desempeñaba múltiples funcións, desde o acompañamento musical ata a interpretación de composicións, fundamentalmente alleas. Relacionados con medios populares e aristocráticos, transmitían narracións e outros tipos de textos, especialmente dos trobadores. Na segunda metade do s XIII comezaron a crear os seus propios textos e pasaron a denominarse segreis. Diferenciáronse dos trobadores fundamentalmente pola súa orixe social de menor rango.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao xograr.