"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Pesqueira construída en forma de valo de pedra ou terra para poder atrapar os peixes ao baixar a marea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abaixarse dobrando as pernas.

    2. Pescar con nasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infiltración xeneralizada de líquido plasmático no tecido celular subcutáneo e nas serosas; provoca unha inflamación de todo o corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anasarca.

    2. Que padece anasarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura do sudoeste dos Estados Unidos que se desenvolveu dende o s I a C ata os nosos días. Cómpre salientar as seguintes fases na historia deste pobo: fase pueblo formativo (ss VII-XI) e fase pueblo clásico (ss XI-XIV), momento de apoxeo no que se edificou o complexo arquitectónico de Pueblo Bonito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido asargado, de estame ordinario, que se tinguía por peza, usado para vestidos femininos nos ss XIV e XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ás sacudidas dun terremoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos da superorde dos sincáridos ao que pertence A. tasmaniae, que vive nas augas estancadas e profundas das montañas de Tasmania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación primitiva, conservada polo Oriente cristián, da rotonda do Santo Sepulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Martirizada durante a persecución de Nerón, esta santa é avogosa de que a masa do pan saia boa. Segundo testemuñan as Memorias de Del Hoyo, antano existiu en terras de Muros o arcediagado de santa Tasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde ás voces ‘crítica, censura’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás personaxes de nome Anastasio.

    2. Denominación xenérica aplicada a dúas constitucións, a primeira decretada polo Emperador Anastasio I (491-518) e, a outra, polo Emperador Xustiniano (527-566) que é complemento da anterior, cun texto do epítome grego chamado Basílicas. Limitaba os dereitos dos cesionarios de accións ou créditos adquiridos por un prezo concreto e reducía o importe a reclamar do debedor da cantidade realmente satisfeita pola transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Antioquía. Opúxose a Xoán Filopon, quen afirmaba que as tres persoas de Trindade eran tres deuses. A súa festividade celébrase o 21 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (491-518). Da familia valentiniano-teodosiana, foi coroado como consecuencia do seu casamento con Ariadna, viúva do Emperador Zenón. Detivo a revolta dos isaurios. Introduciu importantes reformas administrativas, foi monofisista e perseguiu os ortodoxos, feito que provocou as revoltas de Vitalián (513 e 515).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (713-715), coñecido antes como Abstemius. Restaurou a ortodoxia do II Concilio de Constantinopla, polo que se reconciliou co Papado. Foi destronado por mor dunha revolta militar (715).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (Corrado, 1153-1154). Durante o seu curto Pontificado mostrouse conciliador entre o pobo romano e Federico Barbarrubia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Roma 815 ? - 878 ?) Cardeal. Foi conselleiro de Nicolás I, de Adriano II (quen o nomeou, en 867, bibliotecario da igrexa romana) e de Xoán VIII. No 869 asistiu ao Concilio IV de Constantinopla (VIII concilio ecuménico), e foi tradutor das actas. Escribiu unha Chronographia tripartita (Cronografía tripartita), compendio de diversas crónicas bizantinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe que, segundo a lenda, naceu en Lleida, foi soldado da garda pretoriana de Diocleciano e martirizado en Badalona no ano 305. A súa festividade celébrase o 11 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe beneditino oriental que foi decapitado en Cesarea de Palestina durante a invasión de Cosroes (628). A súa cabeza venérase en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego cristián Anastásios, derivado de ἀ νάστασις ‘resurrección’. Este nome inventárono os cristiáns e puxérono de moda por mor da súa significación. Da forma feminina independizouse un antigo hipocorístico que xa hai varios séculos adquiriu por terras de Muros categoría de nome oficial: Tasia. Documéntanse 16 celebracións distintas de santo Anastasio pero non ten parroquia nin romaría propia en Galicia. Outras variantes deste nome son Tasio/Tasia.

    VER O DETALLE DO TERMO