"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do Guadalquivir (7.474 h [2001]). É un centro agrícola con cultivos de regadío, como hortalizas, remolacha azucreira e algodón, e de industria derivada. Os encoros empréganse para a produción de enerxía eléctrica. Tamén destaca o balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Acompañou a Napoleón I Bonaparte nas campañas de Italia e Exipto. Gobernador de Dalmacia e duque de Ragusa (1808), ascendeu a mariscal (1809) e substituíu a Masséna en Portugal (1811), pero foi derrotado por Wellington na Batalla dos Arapiles (1812). En 1814 asinou a capitulación de Essonnes. A Revolución de 1830 obrigouno a exiliarse en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfonso Ferrero La Marmora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1

    2. 1 Obra artística feita de mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canteira de mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ao mármore.

    2. marmorista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de mármore.

    2. Que é semellante ao mármore nalgunha das súas características.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de mármores que hai nunha construción.

    2. Taller onde se traballa o mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio traballar ou vender mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de marmorizar.

    2. Fenómeno de recristalización por influencia do metamorfismo, que transforma as rochas calcarias en mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a algo aspecto de mármore.

    2. Producirse unha marmorización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos marsupiais, da familia dos didélfidos, que alcanzan entre 8,5 e 19 cm de lonxitude. Presentan un corpo esvelto e unha pelaxe curta de cor gris ou terra avermellada. Son de hábitos solitarios e aliméntanse de froitas e pequenos animais. Habita sobre todo en Formosa e América, desde México e Chile ata Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que dorme ou que lle gusta durmir moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos roedores, da familia dos esciúridos, que acadan uns 60 cm de lonxitude, dos que 20 corresponden á cola. Son animais escavadores (invernan seis meses ao ano), de costumes nocturnos e vexetarianos. Comprende 14 especies, da que destaca a M. marmota, especie europea que habita nos Alpes, nos Pireneos e nos Cárpatos, entre os 1.500 e 3.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. marfollo.

    2. mamela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Autora de contos, novelas e ensaios, tamén colaborou como guionista en series de televisión como Santa Teresa de Jesús ou Celia. Realizou numerosas traducións de obras literarias, como Madame Bovary, de Flaubert; Cuentos, de Charles Perrault; El primo Basilio, de Eça de Queiroz; ou Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë. Da súa produción destacan El balneario (1954), Entre visillos (Premio Nadal, 1957), Las ataduras (1960), El proceso de Macanaz: historia de un empapelamiento (1970), Usos amorosos del dieciocho en España (1972), Desde la ventana. Enfoque femenino de la literatura española (1987), Caperucita en Manhattan (1990), La reina de las nieves (Premio Nacional de las Letras 1994) e Lo raro es vivir (1996). Recibiu o Premio Nadal (1957), o Premio Nacional de Literatura (1978), o Premio Príncipe de Asturias (1988), compartido con Xosé Anxo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Joseph García Balboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Armando, en 1968 trasladouse a Coimbra, onde comezou a traballar en madeira. A súa obra, dun simbolismo de arraigamento primitivista, resulta unha síntese de clasicismo e romanticismo, aínda que tamén se observan as influencias de escultores españois e europeos do período de entreguerras (1920-1930). Realizou diversas exposicións en Galicia e no estranxeiro, e a súa obra figura en museos e institucións de Italia e Reino Unido (Edimburgo). Destaca da súa obra Movimiento (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO