"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Publicou, desde o cárcere e en castelán, Los mil y doscientos consejos y avisos discretos (1571), onde describiu a Batalla de Lepanto, e a novela pastoral Diez libros de la Fortuna de Amor (1573), citada por Cervantes nas súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña de Canadá, no territorio de Yukon, preto da fronteira con Alasca. Con 6.050 m de altitude, é a máis alta de Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral e cinematográfico estadounidense. As súas obras céntranse na problemática sentimental ou amorosa. Das súas obras destacan Bus Stop (1956), Sayonara (1957), South Pacific (1958), Fanny (1961), Camelot (1966) e Paint Your Wagon (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás loganiáceas.
-
Planta da familia das loganiáceas.
-
Familia de plantas, xeralmente leñosas, que presenta follas simples e opostas, flores tetrámeras ou pentámeras, coa corola infundibuliforme ou unceolada, agrupadas en cimas e de froitos en cápsula, baga ou drupa. Consta dunhas 500 especies, case todas tropicais.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cáceres, Extremadura, situado ao pé da serra de Guadalupe e regado polo río Ruecas, afluente do Guadiana (2.315 h [2001]). Os prados e devesas favoreceron o desenvolvemento da gandería lanar. Predomina a industria química. A zona arqueolóxica das ruínas de San Cristóbal foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e dramaturago alemán. Coa novela inacabada Arminius, de temática patriótica, ofreceu unha obra de xénero enciclopédico. Destacou como dramaturgo barroco e escribiu Kleopatra (1661), Sophonisbe (1665-1669) e Agrippina (1669).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. O seu estilo é románico da segunda metade do s XII. Ten planta rectangular, dunha soa nave, con bóveda de canón e ábsida dividida en dous tramos. A porta principal ten arquivolta con axadrezado. Sobre o testeiro atópase un Agnus Dei con cruz potenciada sobre o lombo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Paradela. Pertenceu ao antigo mosteiro de Santa María de Ribalogio, e o seu estilo é mozárabe, cunha soa nave en que se poden distinguir dous modillóns na cabeceira e na porta principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Ribalogio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado preto de Azpeitia, destinado a centro de estudo e formación dos xesuítas. Edificouse sobre o antigo castelo de Loiola.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de País do Loire (6.815 km2; 1.124.266 h [1999]). A súa capital é Nantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto barroco. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en Roma, a onde marchou pensionado en 1753. Durante a súa formación asistiu ás obras do Palacio Real de Madrid e foi delineante do convento da Visitación, tamén en Madrid. Desde 1765 traballou na catedral de Santiago, onde colaborou nos proxectos para a capela da Comuñón e dirixiu as obras da fachada da Acibechería. Tamén traballou no pazo dos Marqueses de Bóveda, en Lugo. Marchou de Santiago de Compostela e continuou traballando con Ventura Rodríguez en Santa Fe (Granada), onde realizou a colexiata.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Colaborou en O Tío Marcos da Portela e O Galiciano, e foi autor de Horas perdidas (1889) e Brisas gallegas (1890), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Dinamarca situada no Mar Báltico, ao S das illas de Sjaelland e Fyn, separada delas polos estreitos de Smålandsfarvandet e Lagelands Baelt, respectivamente. Unida por dúas pontes á illa de Falster, forma con ela o amt de Sotrstrøm. A súa capital é Maribo.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da República Democrática do Congo (1.550 km). Nace na rexión de Katanga e, despois dun percorrido paralelo ao río Congo, aflúe preto de Isangi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e historiador da arte. Foi autor do estudo sobre o manierismo Trattato dell’arte della pittura, scultura e architettura (1584). Pintou un Autorretrato e unha Piedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Vilacampa (O Valadouro) e Santo André de Boimende (Viveiro). O seu cumio acada os 675 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
lombudo.
-
Persoa que non quere traballar.
-
-
GALICIA
Xornalista e avogado. Exerceu como redactor xefe de Radio Popular de Lugo-COPE, xefe de informativos especiais e subdirector dos servicios informativos de RNE, director de RNE en Galicia e director de TVE en Galicia. Foi, ademais, subdirector do programa Informe Semanal e director de Parlamento, en TVE. É autor das reportaxes Andalucía (1977) e Aragón (1977), do libro Historia dun futuro: conversas con Antolín Sánchez Presedo (1993) e da obra colectiva Historia e futuro da música e da canción galegas (1980). Recibiu o Premio Ondas de Radio (1974) e o Micrófono de Oro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e avogado. Colaborou como periodista en La Voz de Galicia, que dirixiu entre 1887 e 1889, e foi redactor de El Imparcial e El Nacional. Adquiriu a cabeceira do xornal coruñés El Noroeste, que refundou en 1896. Foi elixido deputado nas lexislaturas de 1901-1903, 1903-1905, 1907-1910 e 1910-1914, que non concluíu.
VER O DETALLE DO TERMO