"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a estética surrealista. Cedeu unhas 200 obras formadas por debuxos, óleos e gravados e a súa biblioteca de máis de 100 volumes sobre o surrealismo á Fundación Granell.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos xempílidos.

    2. Peixe da familia dos xempílidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, de corpo alongado e algo comprimido. Presentan a cabeza de gran tamaño, coa mandíbula inferior lixeiramente proxectada. Teñen a aleta dorsal dividida en dúas partes e a anterior máis estreita e longa que a posterior, que é similar á aleta anal. Son veloces carnívoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simpatía por todo o estranxeiro. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que indica o lugar de orixe dunha persoa.

    2. Palabra que designa o lugar de orixe ou nacemento dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de persoas que non pertencían ao pobo hebreo e que, polo tanto, non profesaban a relixión hebraica, segundo o Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos xerbilinos.

    2. Roedor da subfamilia dos xerbilinos.

    3. s

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inclinación sexual morbosa cara a persoas de idade avanzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea apostólica celebrada en Xerusalén no ano 49 ou 50, chamada tamén concilio apostólico, e nomeada nos Feitos dos Apóstolos. Acordouse que os cristiáns procedentes do paganismo non estaban obrigados pola lei mosaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do NL de China (1.450 km). Nace ao SL de Ich Chingan, en Mongolia Interior, flúe en dirección O-L ata preto de Changchung, onde se dirixe cara ao S, despois de recibir, pola dereita, o Sar Hörën, e desemboca na baía de Liadong.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda fraccionaria británica, equivalente á vixésima parte dunha libra esterlina e a doce peniques ata 1971, cando foi introducido o sistema decimal e desapareceu. A partir de entón a libra quedou fraccionada en 100 novos peniques.

    2. Unidade monetaria de Kenya (xilin kenyano), Tanzania (xilin tanzano), Somalia (xilin somalí) e Uganda (xilin ugandés).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Austria, dividida en 100 groschen. Introducida en 1925, durante a invasión alemá foi suplantada polo reichsmark, pero recuperouse en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cabaqueiros que corresponde á voz ‘burro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Exerceu o seu cargo en Portugal desde 1980 e en 1983 o Papa Xoán Paulo II nomeouno administrador apostólico en Timor Oriental. Bispo en Lorium (Lacio), desde 1988 defendeu os dereitos humanos de Timor e denunciou a necesidade dun plebiscito pola soberanía. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1996, compartido con J. Ramos Horta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Coñecido como Xoán de Alexandría, foi un dos representantes da escola de Alexandría. A súa especulación orientouse cara á conciliación do cristianismo e o neoplatonismo. Escribiu diversos comentarios de Aristóteles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do antigo santuario hitita (s XIII a C) situado ao NL de Bo Palatino;Palatino; Palatino;ǧ azköy (Anatolia). Está constituído por dúas cámaras naturais, abertas por diante, comunicadas por galerías, decoradas con relevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Turquía, na conca do Mar Negro (321 km). Nace no Kösedagi, pasa por Tokat, Amasya, e desemboca no Mar Negro formando un delta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Tras un primeiro período romántico, decantouse cara a unha poesía clásica en Imnuri pagîne (Himnos pagáns, 1897). A súa narrativa retrata o mundo campesiño e os ambientes burgueses das cidades. Destaca a triloxía Viata la tară (A vida na vila, 1894), Tănase Scatiu (1896) e În războiu (En guerra, 1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Organizou unha partida de guerrilleiros (1909), uniuse á revolta maderista e ocupou a cidade de Cuautla. Despois dos Acordos de Ciudad Juárez (1911) rexeitou seguir o presidente Francisco León de la Barra e tampouco recoñeceu a presidencia de Francisco Ignacio Madero. Como alternativa proclamou o Proxecto de Ayala (1911), que propoñía un conxunto de medidas agrarias radicais. O asasinato de Madero e a guerra civil permitiron o rebrote do agrarismo en Morelos, baixo a súa dirección (1914), e a alianza con Pancho Villa. Creada a Soberana Convención Revolucionaria, ambos os dous ocuparon a cidade de México, pero en setembro de 1914 romperon a súa alianza e as forzas de Carranza illárono en Morelos. Instarou entón un réxime revolucionario no estado, onde repartiu as terras dos propietarios e aplicou a reforma agraria. En 1919 o coronel Jesús Guajardo finxiu ser un seguidor seu e atraeuno a unha trampa, onde foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do sheng chinés Hebei de 1421 a 1928.

    VER O DETALLE DO TERMO