"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Profesor. Foi membro fundador e presidente do Ateneo Ferrolano e formou parte dos consellos de administración das revistas Concepción Areal e Ferrol Análisis. Da súa produción destacan Ferrolterra na colección Guillermo Escrigas de tarxetas postais e Historia da prensa ferrolá: (1845-1992) (1993). Recibiu o Premio de Investigación J. Quintanilla Martínez (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigos poemas elexíacos galeses, conservados fragmentariamente. De data discutida, probablemente remóntanse aos ss VI e VII, con engadidos tardíos. Pertencen á literatura máis antiga de calquera lingua moderna, a dos Cynfeirdd (‘bardos temperáns’) composta por Aneirin, Taliesin, Myrddin -o Merlín artúrico- e Llywarch Hen.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Xeneral da orde dominicana, foi confesor de Carlos V. En 1533 foi elixido bispo de Osma e en 1539, arcebispo de Sevilla. Influínte na corte como conselleiro privado do emperador, exerceu a presidencia do Consello de Indias e foi comisario xeral da Cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estadounidense de construción aeronáutica, fundada en Hollywood en 1926 polos irmáns Allan e Malcolm Loughead. Construíron o avión máis avanzado do momento, o Vega (1926). En 1929 Lockheed foi vendida á Detroit Aircraft Corporation, que se declarou en creba en 1931. Posteriormente foi adquirida por un grupo liderado por Robert E. Gross. A nova compañía fabricou os avions Electra, Constellation e TriStar e ampliou os seus intereses á produción de aparatos militares, navais, astronáuticos e electrónicos. En 1995 fusionouse coa Martin Marietta Corporation e deu orixe á Lockheed Martin Corporation, que se dedicou á integración de sistemas, á aeronáutica, aos servicios tecnolóxicos e ás telecomunicacións globais.
-
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Moia (Navia de Suarna). O seu cumio acada os 1.239 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Episodio da Revolución Chinesa en que as tropas comunistas, para evitar o cerco e a destrución polas forzas de Guomindang, se retiraron desde Kiang-si, en China Meridional, a Shen-si, ao N de China, e fixeron case 10.000 km, de outubro de 1934 a outubro de 1935. Os xefes políticos e militares desta retirada, crucial na guerra civil e na Revolución Chinesa, foron Mao Zedong, Zhue Te e Zhu Enlai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de foguetes chineses destinados a poñer satélites en órbita. O primeiro da serie (CZ-1) entrou en servizo en 1970 e podía poñer en órbita baixa un satélite de 400 kg. O CZ-2 tiña unha capacidade de 1.200 kg e o CZ-3 podía situar en órbita 2,5t.
-
GALICIA
Escritora. Participou no volume poético colectivo Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola libertade (1995). Das súas obras destacan Os camiños do soño: A poesía de Uxío Novoneyra (1993) e Se as aves insistisen na ledicia: a obra de Bernardino Graña (2002). Recibiu o premio da agrupación cultural O Facho en 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Cultivou unha estética realista pola que foi coñecido internacionalmente e, en 1970, asinou un contrato en exclusiva coa galería Malborough de Nova York. A complicidade con outros compañeiros, como María Moreno, Isabel Quintanilla, Francisco e Julio López Hernández, fixo que o grupo recibise a etiqueta de realismo madrileño. A súa obra representa fragmentos do mundo cotián e afectivo, paisaxes, interiores e, como temática principal, a cidade de Madrid. Interveu como protagonista na película El sol del Membrillo (1991), dirixida por V. Erice. Das súas obras destacan Los novios (1955), Campo del Moro (1960) e Gran Vía (1974-1981). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1983) e o Premio Príncipe de Asturias (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Comezou o seu traballo teatral en Teatro Circo e participou nos seus primeiros espectáculos, como Terra en lume e Erros e ferros de Pedro Madruga. Vinculado ao teatro afeccionado e comunitario, desenvolveu unha intensa actividade co movemento teatral ONCE na Coruña, onde dirixiu e coordinou as actividades do grupo Valacar. En 1993 creou, con Teresa Orro, a compañía Espello Cóncavo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Destacou polo seu labor de alfabetización na provincia de Lugo. Colaborou en diversos periódicos e revistas, como Vida Escolar, El Magisterio Gallego e La Escuela Moderna e publicou La Escuela Moderna. Técnica de la enseñanza en la escuela (1927), Tratado de Pedagogía I e II (1968-1970), Los grandes pedagogos (1970) e La inmortalidad. Historia de la pedagogía (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Propagandista e xornalista libertario. Coñecido como Alberto Martín ou José Marinero, emigrou a EE UU. Durante a década de 1920 destacou na defensa dos anarquistas italianos condenados a morte, Sacco e Vanzetti. Colaborou no voceiro sindicalista ferrolán La Lucha. Activo no movemento libertario estadounidense ata a súa morte, escribiu xunto con Federica Montseny e Vladimiro Muñoz Breve historia del anarquismo en Estados Unidos de América del Norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Victoria de los Ángeles, debutou en 1944 no Liceu, o que marcou o inicio dunha carreira musical moi ampla, con actuacións nos máis importantes teatros do mundo. Recibiu o Premio Nacional de Música del Ministerio de Cultura (1978) e o Premio Nacional de Música de la Generalitat de Catalunya (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro industrial. Foi o principal promotor do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, a primeira escola de cine española. En 1943 creou o Laboratorio de Experiencias e Investigacións cinematográficas na Escola de Enxeñeiros Industriais. En 1947 creouse o Instituto de Investigacións e Experiencias, do que foi director e profesor. Foi xefe da sección de Materias Primas da Subcomisión Reguladora da Cinematografía na década de 1940 e xefe do Negociado da Subdirección Xeral da Cinematografía no Ministerio de Información y Turismo na década de 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Juan Luis, fíxose cargo do taller familiar de pintura, desde o que deseñou o cartel para as festas do apóstolo de 1915, e a portada para o Libro das Peregrinacións. Aproximouse ao ambiente modernista e prerrafaelista da época e colaborou coa revista Suevia. Madrid foi a súa segunda residencia, e en 1920, concorreu á Exposición Nacional onde expuxo, entre outros, o Tríptico de Pentecostés, realizado para a Capela do Espírito Santo da Catedral de Santiago de Compostela. En 1922, enviou os cadros O Pobre do Sar e Ofelia Aldeá á Exposición Nacional, polo que recibiu a segunda medalla do certame. A Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa, por Mulleriñas (1920), e viaxou a París, onde tomou contacto co postimpresionismo. En 1929, para a Exposición Iberoamericana de Sevilla, realizou un friso que obtivo o primeiro premio, con oito escenas da historia de Santiago de Compostela. En 1934, obtivo, no...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Profesor da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi decano dese centro entre 1996 e 2004. Dirixiu o Observatorio de Comunicación Local e o Observatorio de Ciberxornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e é membro da sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Foi xefe de sección e delegado en Santiago de Compostela de La Voz de Galicia. Redactor dos periódicos A Nosa Terra e El Ideal Gallego, foi correspondente en Galicia de Cinco Días, Actualidad Agraria e El Temps. Publicou A prensa local e comarcal na Galicia do século XX (1992), Detrás da prensa popular (1995), Comunicación e información escrita, redacción periodística (1999), A prensa do terceiro milenio (2000) e Novas tendencias do xornalismo electrónico (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Membro fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores. Tralo éxito do seu ballet La farsa de la búsqueda, ampliou estudios en París, onde estudiou con Tony Obin, Leon Barzin, Pierre Wissmer, André Jolivet, Oliver Messiaen e Henry Dutilleux. Na década de 1960 foi a Bos Aires, onde ocupou diferentes cargos na Asociación de Jóvenes Compositores. A súa obra orquestral Sindy foi escollida para representar a Arxentina internacionalmente. Compuxo outras obras orquestrais, de cámara e para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas (1950), ordenouse sacerdote ese ano e foi nomeado vicechanceler do bispo en 1952. Secretario xeral do Bispado de Lugo desde 1981, é cóengo arquiveiro e encargado do Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo. Das súas obras destacan Historias Lucenses (1975) e Nosa Señora do Faro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Promotor da reforma educativa en Galicia, pertenceu ao colectivo Cravo Fondo. As súas composicións poéticas reflicten unha introspección reflexiva sobre o propio devir, estruturadas segundo os parámetros dos contos fantásticos de estilo clásico. Á súa novela iniciática Pulsando la ciudad atormentada (1975), séguelle Tránsito (1984), a súa primeira obra en galego, onde amosa vivencias estudiantís na cidade compostelá. Posteriormente, tirou do prelo Contos nocturnos (1985), os libros poéticos Emaín (1985), Rosa clandestina (Premio Leiadoura 1989) e Areas de fondo (1992) e as novelas O capitán Lobo Negro (Premio da crítica Española 1996) e Os ollos do sentinela (1997). Como ensaísta publicou a triloxía formada por Práctica sentimental (1997), Dialéctica Sentimental (1997) e Animal Sentimental (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e procurador dos tribunais. Membro dos colectivos Cravo fondo e De amor e desamor, parte da súa obra poética está recollida en diversas antoloxías, como Antología de la poesía gallega última (1991). Das súas obras destacan Víspera do día (1979), Alba de auga sonámbula (1983), Agosto (1989), Anel de mel (1993), Campo de Marte (1999), No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e A Ulloa (2001) e Historias del Campo de Marte (2002). Recibiu o Premio Nacional de Poesía (1972), o Premio Celso Emilio Ferreiro (1979) e o Premio de la Crítica Española (1994).
VER O DETALLE DO TERMO