"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Vilariño de Conso, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Viana situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no L da provincia de Ourense (42° 09’ 40’’ N - 7° 11’ 00’’ O). Limita ao N cos concellos de Chandrexa de Queixa e Manzaneda (comarca da Terra de Trives) e O Bolo (Valdeorras), ao L co de Viana do Bolo (Viana), ao S co da Gudiña (Viana) e Castrelo do Val (Verín), e ao O co de Laza (Verín). Abrangue unha extensión de 200,2 km 2 cunha poboación de 727 h (2007) distribuída nas parroquias de Castiñeira, Chaguazoso, Conso, Mormentelos, Pradoalbar, Sabuguido, San Cristovo, San Mamede de Hedrada, Veigas de Camba, Vilariño de Conso. A capital é Vilariño de Conso, na parroquia homónima. Está a 240 km de Santiago de Compostela e a 137 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial da Pobra de Trives.
    Xeografía física
    O territorio do concello é un dos máis accidentados de Galicia, pois ao estar situado no corazón do macizo central ourensán. Caracterízase pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción sobre o río Covas en Vilariño Frío (Montederramo). Trátase dunha ponte de cantaría do s XVII con tres arcos de medio punto e tallamares triangulares e alombados. Atópase no Camiño Real a Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Director da fotogalería Cuartoscuro de Ferrol e presidente da Sociedad Fotográfica da Coruña, participou na edición de numerosos libros e revistas, como Bestias involuntarias (1992), Ferrol, mar adentro (1993), A fotografía na arte contemporánea (1995), Emboscadura (1998) e Doce tumbas (2000). Expuxo en diversas cidades de Europa e EE UU. Participou na I e VII Fotobienal de Vigo (1984 e 1996), e nas tituladas “Manuel Vilariño, Fío e sombra” (2002), para o CGAC, e “Señal en el aire” (2004) para o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Canda (Piñor). Ten planta cuadrangular con dous pisos a diferentes niveis, adaptados á orografía. Na fachada principal hai unha torre de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao N da capital provincial, ao pé da cordilleira Cantábrica e regado polo río Nela (3.777 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Foi deputado nas Cortes (1935) pola CEDA. Publicou Égloga de amor (1911), El pájaro negro (1917), Piedras galaya (1918) e La última merced (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e economista. Foi asesora económica do concello de Santiago de Compostela (1989-1991). Membro do PSdG-PSOE, foi concelleira do concello de Vigo (1991-2001) e deputada no Parlamento de Galicia desde 1997. En 2005 converteuse na primeira muller en presidir o Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse entre os ss XII e XIII pero ten engadidos e reformas dos ss XVI e XIX. Ten unha soa nave, dividida en tres tramos por arcos faxóns de medio punto, e ábsida rectangular. No lado norte engadíuselle un corpo rectangular que funciona como sancristía. A portada principal está composta por tres arquivoltas de arco de medio punto e tímpano liso. A fachada remata en volutas con pináculos nas esquinas e cunha espadana de dobre van culminada cun frontón circular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á víbora.

    2. Que implica maldade, especialmente referido á lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto haxiográfico do que se coñecen dúas versións latinas e unha portuguesa, que narra a vida da monxa Senorina de Bastos, emparentada con san Rosendo de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vitorinos e á súa escola teolóxica.

    2. Cóengo regular do mosterio de Saint Vic22tor de París, fundado por Guillem de Champeaux, mestre de Abelardo (1113). Da súa escola teolóxica, influída por Bernaldo de Claraval, destacan Hugo e Ricardo de Saint Vic22tor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino e teólogo. Filósofo neoplatónico, foi mestre de retórica, comentarista de Cicerón e tradutor do Órganon, de Aristóteles, e de obras neoplatónicas. Das súas obras destacan De definitionibus, Ars grammatica, Adversus Arium, De generatione divini Verbi e os comentarios ás epístolas de san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Victorinus ‘pertencente a Vítor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa ou armario con tampas ou paredes de vidro para expor diversos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Colaborou na revista antifascista Solaria, onde publicou Il garofano rosso (1933-1948). Da súas novelas destacan Conversazione in Sicilia (1941), Uomini e no (1945), Le donne di Messina (1949) e La garibaldina (1956), e o ensaio Le due tensione (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e pedagogo italiano. De nome Vittorino Rambaldoni, creou en Mantua unha importante escola humanística. Escribiu De orthographia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marquesa de Rambouillet. Esposa de Charles de Augennes, marqués de Rambouillet. Foi cantada polos poetas e tivo moita influencia sobre a corte francesa, que exerceu desde o seu salón do Hôtel de Rambouillet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principado ruso que foi a orixe do estado moscovita. Comprendía a rexión do Volga superior e foi unha arteria comercial importante coas cidades de Rostiv, Suzdal’ e Vladimir. No s X establecéronse os campesiños da rexión de Novgorod e de Kiev. Cara a 1125 o herdeiro de Vladimir II de Kiev, Jurij Dolgorukij, fixo do NL do país un importante centro estratéxico en detrimento de Kiev. En 1157 o príncipe Andrés II Bogol’ubskij transformou o principado no estado máis potente de todos os principados rusos que en 1169 someteu a Kiev. A posición de Vladimir-Suzdal’ reforzouse durante o reinado de Vsevolod (1176-1212). A partir do s XIV adquiriron máis importancia as cidades de Tver e Moscova, ata que o principado foi superado polo crecente estado moscovita.

    VER O DETALLE DO TERMO