"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Orde de cabalaría creada en 1202 para comandar a expedición contra o campesiñado pagán de Livonia e Letonia. Fusionouse coa orde Teutónica en 1237 e decaeu con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento ou dispositivo que recibe a rosca dunha lámpada para facer de soporte e asegurar, ademais, a conexión correspondente co circuíto eléctrico de alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xornalista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1889) e instalouse en Pontevedra, onde foi redactor do Diario de Pontevedra, xuíz municipal e decano do Colexio de Avogados (1898). En 1899 ingresou no corpo de rexistradores da propiedade e instalouse en Madrid. Entrou na política da man de Montero Ríos e foi deputado polo Partido Liberal polo distrito da Fonsagrada (1905-1923). Afastouse do seu protector e relacionouse con Basilio Álvarez, entre outros, ata chegar a ser un dos cofundadores da Liga Agrario-Redencionista (1910), que presidiu. Xosé Canalejas Méndez nomeouno gobernador civil de Barcelona (1910-1911), onde reprimiu con dureza as axitacións obreiras, e fiscal do Tribunal Supremo (1912). En 1923 foi ministro de Fomento. Participou na fundación en Vigo do xornal El Pueblo Gallego (1924), no que colaboraban republicanos e nacionalistas. En 1930 foi un dos promotores do Pacto de Barrantes. Coa chegada da Segunda República Española...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903-1904) e presidente do Partido Liberal vigués. Fundou o xornal Heraldo de Vigo (1912-1914) e foi deputado polo distrito de Muros (1916-1919) e pola provincia de Toledo (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro técnico químico e empresario. Foi director da Cooperativa do Ribeiro (1972-1974), Cuevas y Cia. SA, presidente de Caixa Ourense (1984-1987), presidente de DROPIER e do consello de Marrón Glacé SL e de Arpón SL. Foi tamén deputado do Parlamento Europeo por Coalición Galega (1993-1994 e 1999) e secretario da Irmandade dos Vinhos Galegos. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Os viños de Galicia (1978), Manual de los vinos y aguardientes de Galicia (1992) e Metafísica del vino (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi ministro da Gobernación (1858-1863 e 1865-1866) e presidente do Consello de Ministros (1833-1884). Formou parte da comisión redactora das constitucións de 1869 e de 1876, e fundou a Unión Liberal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro técnico. Director provincial da Coruña (1986-1988) e director territorial de Galicia (1988-1996) do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, escribiu, ademais de artigos en prensa especializada, Contribución do pasto e do penso á produción leiteira en Galicia (1983). Recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Agrario (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Abandonou os estudos eclesiásticos e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1845). Cofundador de La Aurora de Galicia (1845), con Francisco Añón, e Faro de Vigo (1853), con Xosé Carvajal Pereira, escribiu Poesías de Jose María Posada y Pereira (1886) e Poesías selectas (1888), que se recolleu na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador de Faro de Vigo, foi director da Escola de Artes e Oficios e do Boletín de Información Municipal, e cronista oficial da cidade de Vigo. Publicou Alejandro Herculano en España y su influencia en la literatura nacional gallega (1994) e, en colaboración con Luis de Gálvez, a comedia en prosa Canción galega (1991) e Nin me abandonarás nunca (1994). Presidente de Honra da Asociación da Prensa de Vigo, foi galardoado coa Encomienda de la Orden de Mérito Civil (1969) e a Medalla Castelao (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en Sierra Morena (7.077 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría porcina e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Misiones, Arxentina, na rexión Litoral, situada na beira esquerda do río Paraná (219.824 h [1991]). É porto fluvial e centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De familia galega, foi beatificado en 1818. Escribiu Ladridos evangélicos del perro dados a la nobilísima ciudad de Córdoba (1696), Triunfo de la castidad contra la lujuria diabólica de Molinos (1698), e Vida del glorioso Padre y Patriarca Santo Domingo de Guzmán, fundador de la Orden de los Predicadores (1701).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de comida que se fai nunha pota.

    2. Cantidade de augardente que se destila dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casa onde se hospeda xente pagando unha cantidade de cartos.

    2. Feito de hospedar a alguén.

    3. Cantidade de herba, cereal ou toxo que queda no chan antes de enfeixalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boqueixón baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santa Catarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Barbanza que nace e desemboca na parroquia de Cures (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO