"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Atleta. Debutou como internacional en 1965 e foi campión nacional absoluto de 100 metros lisos (1967,1968 e 1969), de 200 metros lisos (1968 e 1969) e de 400 metros lisos (1966). Participou nos Xogos Olímpicos de México (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), onde traballou na área de filoloxía. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como El Pueblo Gallego, Nós e A Nosa Terra, xunto con Filgueira Valverde, Lois Tobío e Cordal Carús, contribuíu á elaboración do Vocabulario popular galego-castelán, que se entregaba con El Pueblo Gallego. Ademais de diversos artigos de ensaio, publicou, dentro da colección Lar, os relatos O kalivera 30 H.P. (1926) e O filósofo de Tamarica (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Xava Central, na illa de Xava, Indonesia, situada 40 km ao NO de Yogyakarta (123.800 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo francés. Descubriu as funcións dos nervios raquídeos e publicou traballos sobre o vómito, o esófago e a deglutición do aire. Tamén introduciu o uso dos compostos de iodo, bromo, estricnina e morfina na medicina xeral. Está considerado un dos fundadores da fisioloxía celular. Das súas obras destaca Journal de physiologie expérimentale (1821-1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario que se editou en Ourense entre 1939 e 1940. Apareceu baixo o subtitulo “Órgano de la Asociación Provincial de los Maestros Católicos Españoles”.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ourense a partir de xullo de 1905 que cesou ao redor de decembro de 1935. Entre 1905 e 1912, tivo como director-propietario a Anxo Ferrín Moreiras, e nese ano fusionouse con El Maestro y la Escuela. Reapareceu en 1932 co subtítulo “Periódico de información provincial del Magisterio”, dependendo da Casa del Maestro de Ourense e estivo dirixido, primeiro, por Salvador Álvarez Pedreira e logo por Xosé González.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico francés. Estudiou as enfermidades mentais, o alcoholismo e a epilepsia. Destacan as súas obras Étude expérimentale et clinique sur l’alcoolisme (1871), Recherches sur les centres nerveux (1876) e Traité sur les maladies mentales (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Personificou un tipo de muller popular en personaxes vitais e expresivos. Da súa filmogafía destacan Roma, città aperta (1945), Bellissima (1951), La carrosse d’or (1952), The Rose Tattoo (1995, Oscar á mellor actriz, 1956), Mamma Roma (1962), The secret of Santa Vittoria (1969) e L´Automobile (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de magnánimo.
-
-
Que ten ou demostra bos sentimentos.
-
Que tende a perdoar e entender os erros dos demais.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Pasou a maioría da súa vida artística en Milán. Na súa pintura destaca o dramatismo e tenebrismo, con ruínas poboadas por pequenos personaxes como xitanos, monxes ou bruxas, executados cunha pincelada breve e brillante. Realizou as catro escenas do convento (1711-1735), hoxe abadía de Seitenstetten e O refectorio dos frailes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Caria, a carón do río Leteo, afluente do Meandro. Fundada polos magnesios de Tessalia, foi conquistada polos persas en 530 a C. Despois da loita entre os diáconos no s III a C, manifestou a súa fidelidade a Roma e foi declarada cidade libre por L. C. Sula. Entre as súas ruínas destacan as dun templo construído na época helenística por Hermóxenes.
-
-
Relativo ou pertencente á magnesia.
-
Que contén magnesia.
-
magnésico.
-
Disolución que se emprega en análises para a identificación de fosfatos e de arseniatos. Está constituída por 10 g de MgCl 2 ·6H 2 O, 10 g de NH 4 Cl e 70 g de amoníaco ao 10% en 150 ml de auga.
-
-
-
Que magnetiza.
-
Campo magnético que está destinado a producir unha imantación.
-
Corrente eléctrica que está destinada a crear un campo magnetizante.
-
Intensidade de campo dun campo magnético.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jöns M<nsson.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antón López Rivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que magoa.
-
PERSOEIRO
Pintor belga. Recibiu a influencia do cubismo e o futurismo (1923) e particularmente de G. De Chirico. Formou o grupo surrealista belga e en París (1927), en contacto co surrealismo francés, alcanzou a plenitude pitórica. A través dunha técnica realista e académica e dun formato monumental produciu efectos perturbadores e inquietantes coas imaxes inconscientes. Destacan as súas obras Le mariage de minuit (1926), L’usage de la parole (1928), La clef des songes (1930) e La colère des dieux (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Madagascar, situada na costa NO da illa, na desembocadura do río Betsiboka (100.807 h [1993]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Madagascar (150.023 km2; 1.330.612 h [1993]). A capital é Mahajanga.