"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
RIOS
Río de India que nace nos Ghates Orientais e desemboca no golfo de Bengala, despois dun percorrido de 900 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller do maharajah.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma evolucionada do budismo formada en India por Aśvaghosha e os seus discípulos, e que se estendeu por China, Corea, Xapón e Tibet. Opúxose ao hīnayāna e caracterizouse pola crenza na salvación por medio da fe nos bodhisattva, especialmente en Amitābha.
-
-
Relativo ou pertencente a Mahoma ou ao mahometismo.
-
Seguidor da relixión de Mahoma.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo italiano. Ingresou na Compañía de Xesús (1799), foi prefecto da Biblioteca Apostólica Vaticana (1819) e cardeal (1838). Destacou na publicación de textos e no estudo dos palimpsestos. Das súas publicacións destacan Scriptorum veterum nova collectio (1825-1838), Classicorum autorum e vaticanis codicibus editorum series (1828-1838) e Nova Patrum Bibliotheca (1852-1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á comarca natural da Maía ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Maía.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida situada en Maianca (Oleiros). Edificada antes do s X, reconstruíuse posteriormente con elementos de construcións próximas. No exterior conserva un nártex porticado e un campanario de planta cadrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Benedetto da Maiano.
-
PERSOEIRO
Erudito. Pretendeu superar a escolástica e ligar a tradición reformista hispánica, ancorada no erasmismo, coas novas correntes do pensamento europeo. En literatura fixo unha dura e implacable crítica do barroco decadente. Elaborou o primeiro proxecto reformista ilustrado, que foi rexeitado. Escribiu Vida de Miguel de Cervantes (1733) e Orígenes de la lengua española (1737), dúas achegas importantes á crítica literaria e á filoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Esquiador austríaco. Está considerado un dos mellores de todos os tempos, conseguiu dous ouros nos Xogos Olímpicos de Nagano (1998), gañou a Copa do Mundo en catro ocasións (tempadas 1997-1998, 1999-2000, 2000-2001 e 2003-2004), e totalizou 47 vitorias parciais. Foi campión de descenso e súper xigante nos mundiais de Vail 1999, ademais de obter máis de 70 podios na súa carreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Coñecido como Johannes Eck, en 1519 sostivo en Leipzig unha famosa disputa pública con Lutero. Marchou a Roma, onde influíu na condena papal deste con Exsurge Domine (1520).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e poeta húngaro. Coas súas obras interpretou a cultura maxiar en Alemaña.Da súa produción destacan Magyarische Sagen, Märchen und Erzählungen (Tradicións, contos e lendas maxiares, 1825), Geschichte der Magyaren (Historia dos maxiares, 1828-1831) e Geschichte des Österreichischen Kaiserstaats (Historia do imperio austríaco, 1834-1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. A súa obra reflicte un carácter moi crítico coa sociedade do seu país. Da súa produción destacan The Naked and the Dead (1948), The Deer Park (1955), An American Dream (1965), Why are We in Vietnam? (1967), Existential Errands (1975), The Executioner´s Song (1979), Ancient Evenings (1983), Harlot´s Ghost (1992) e The spooky art (2003). Realizou unha biografía sobre Marilyn Monroe e outra sobre Henry Miller, titulada Genius and Lust (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora canadense. A súa obra está próxima ao costumismo. Da súa produción destacan Pélagie-la-Charrette (Premio Goncourt, 1979), La gribouille (1982), Crache à pic (1984) e Les Confessions de Jeanne de Valois (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Traballou para a Hughes Aircraft Compan e, en 1960, seguindo as indicacións teóricas de Townes e Schawlow sobre a amplificación de microondas para a emisión estimulada de radiación, obtivo o primeiro láser a partir dunha variña de rubí sintético.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político francés. De nome Marie-François-Pierre Gonthier de Biran, foi membro do corpo lexislativo (1811) e da Cámara dos Deputados durante a primeira restauración, conselleiro de Estado (1816) e deputado de novo desde 1818. Foi o iniciador da reacción espiritualista da filosofía francesa de comezos do s XIX. Escribiu Nouveaux essais d’anthropologie (1823-1824) e Journal intime (1927), publicado postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Reino Unido, situada ao N de Escocia. É a illa máis grande do arquipélago Orcadas (475 km2; 6.500 h [estim 1980]). As principais actividades económicas son a gandería, a pesca e o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e relixioso dominicano. Encadrouse dentro da escola realista madrileña do s XVII. En Italia estivo en contacto co ambiente artístico romano e lombardo, e coñeceu a obra de Caravaggio. Cara a 1620, foi profesor de debuxo do futuro Filipe IV. Participou nas decoracións do Salón de Reinos do Palacio del Buen Retiro con Reconquista de la bahía del Brasil. Pintou La adoración de los pastores (1611) e Adoración de los Magos (1611-1613).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como James Stewart, protagonizou papeis en filmes cómicos, dramáticos e western. Da súa produción destacan Can‘t Take it with You (1938), It’s a Wonderful Life (1946), Winchester 73 (1948), Broken Arrow (1950), Greatest Show on Earth (1952) e Rear Window (1954). Recibiu o Oscar ao mellor actor principal por Philadelphia Story (1940), foi premiado en San Sebastián por Vertigo (1958) e en Venecia por Anatomy of a Murder (1959).
VER O DETALLE DO TERMO