"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Cuarto abade de Cluny, construíu a segunda igrexa de Cluny. A súa festividade celébrase o 11 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea aromática, de 20 a 60 cm de altura, que presenta follas ovais opostas e flores brancas ou rosadas, reunidas en glomérulos. Procede de Oriente Próximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dado un subconxunto B dun conxunto ordeado A, elemento de A que é maior que calquera elemento de B.

    2. Dada unha sucesión (ou serie) de números reais, aplícase á sucesión en que cada termo é máis grande que o respectivo da sucesión dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Machado Ruiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo francés. Realizou traxicomedias e comedias. Da súa produción destacan Sylvie (1626), Silvanire (1631), Les galenteries du duc d’ Ossonne (1632) e Sophonisbe (1634), onde aplicou rigorosamente a teoría das tres unidades da traxedia clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e historiador ruso. Embaixador en Reino Unido (1932), durante a Guerra Civil española representou á URSS no Comité de Non-intervención. Foi viceministro de Asuntos Exteriores (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, irmán de Joseph de Maistre. Publicou Voyage autour de ma chambre (1794) e algunhas novelas que xa anunciaban o romanticismo, como La jeune sibérienne (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Traballou na construción da catedral de Siena, e desde 1310 dirixiu as obras da catedral de Orvieto, que deixou sen rematar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor venezolano. Foi o autor romántico máis destacado de Venezuela, sobre todo salienta a súa obra lírica. Escribiu Ecos de Choroní (1844) e postumamente Obras Poéticas (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista escocés. Pronunciou unha teoría do valor baseada na utilidade e tratou o problema do exceso de oferta de bens. Escribiu Inquiry into the Nature and Origin of Public Wealth (1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Lauderdale. Como representante dos covenanters en Inglaterra, negociou con Carlos I o recoñecemento do presbiteranismo. En 1669, foi nomeado secretario de estado para Escocia, onde restableceu o poder real e derrotou os covenanters (1679).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Occidente (457-461). Elevado ao trono polo xeneral Ricimer, rexeitou os vándalos cando intentaron o desembarco en Ostia (458), e construíu unha flota para derrotar desde Hispania os visigodos de Xenserico, aínda que fracasou. Destronado por Ricimer, pouco despois foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e escritor ucraíno. Despois da Revolución de 1917, dirixiu durante 15 anos colonias destinadas á reeducación de rapaces. Publicou Pedagogičeskaja poema (Poema pedagóxico, 1933-1935), Kniga dlja roditelej (Libro para os pais, 1937) e Flagi na bašnjakh (Bandeiras sobre as torres, 1938), ademais de narracións curtas, ensaios de crítica literaria e diversos artigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante ruso. Distinguiuse na guerra contra os turcos (1877-1878) e foi cabeza da armada do Pacífico durante a Guerra Ruso-xaponesa, en que morreu. Inventou o primeiro crebaxeos, o Iermak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico serbio. Os seus filmes transmiten unha ironía forte e crítica. Da súa produción destacan Celovek nize tika (O home non é un paxaro, 1965), Ljubovnij slucaj ili tragedija sluzebnice PTT (A traxedia dunha traballadora de correos, 1965), Sweet Movie (1973), Montenegro (1981), Manifesto (1988) e Danske piger vier alt (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista ucraíno. Durante a revolución de 1917 foi o presidente do soviet de campesiños e obreiros de Ucraína. Iniciou un conflito armado cos bolxeviques en marzo de 1919 e, trala súa derrota, refuxiouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de rallyes. En 1989 proclamouse Campión de Europa de Rallyes. Conseguiu o título de Campión do Mundo en 1996, 1997, 1998 e 1999, sendo o primeiro piloto da historia en acadar catro triunfos consecutivos. Gañou 24 probas do Campionato do Mundo antes de retirarse en 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Formado en Salamanca e Barcelona, abriu unha Escuela de Humanidades e Gramática en Sevilla. Realizou, por encargo de Filipe II, uns epigramas para ilustrar varios cadros de Tiziano. Consérvanse algunhas obras da súa autoría, escritas sobre todo en latín, como Philosophia vulgar (1568) e comentarios In Aphtonii Progymnasmata scholia (1567).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Federación Malaia ou a Malaisia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da antiga Federación Malaia ou a Malaisia ou aos seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO