"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Abū Palatino; Ǧ a’afar al-Man Palatino; ṣ ūr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Al-Daqahlīya, Exipto, situada no brazo dereito do delta do Nilo (369.409 h [1996]). Posúe cultivos de algodón e industria téxtil e metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. De nome Hans Felix Sigismund Baumann, foi director de produción da sección de informes gráficos da axencia Dephot, do servizo alemán de fotografía (1929) e reporteiro gráfico das revistas Berliner Illustrierte Zeitung e Münchner Illustrierter Presse. En Londres traballou no Picture Post (1943) e en Life. Destacan os seus retratos de Mussolini, Stravinsky ou Lieberman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e crítico literario. Foi profesor de teoría literaria na Universidade de Cornell (1960-1966), na Johns Hopkins (1967-1970) e en Yale (1970-1983), e colaborou en xornais de Bruxelas como Le soir e Het Vlaamsche Land. Opúxose a Hitler, á invasión alemá de Bélxica e ao antisemitismo. Vinculado ao Grupo de Yale, o seu pensamento de corte postestruturalista e deconstrucionista influíu na crítica literaria da época, e introduciu o concepto de “indecibilidade” do texto. Publicou Blindness and Insight. Essays in the rhetoric of contemporary criticism (1971), Allegories of reading. Figural language in Rousseau, Nietzsche, Rilke and Proust (1979), The rhetoric of romanticism (1984), The resistance to theory (1986) e Critical writings, 1953-1978 (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza impersoal, sobrenatural e indiferenciada que segundo algunhas crenzas animistas existe en todos os seres, e dunha maneira particular en determinadas persoas e cousas, que son consideradas tabú por este feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimento que os hebreos recibiron de Deus na súa travesía polo deserto.

    2. Substancia resinosa e azucrada que flúe de diversos vexetais, como o eucalipto e o alerce, que se solidifica rapidamente ao saír e que se emprega na industria farmacéutica como purgante ou laxante.

    3. Planta herbácea do xénero Glyceria e algunha árbore do xénero Fraxinus, da que se extrae unha substancia resinosa empregada como purgante e laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habilidade ou destreza que ten unha persoa para facer algo con facilidade.

    2. Accións que se empregan para conseguir algunha cousa, especialmente para enganar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período de tempo que vai desde o amencer ata o mediodía. Na tradición oral recóllense ditos como: “Mañá parda, mañá larga. Pola mañá ao monte, e pola tarde á fonte”.

    2. Período de tempo que vai desde a media noite ata que sae o sol.

    3. Tempo futuro, ou o que está por vir.

    4. Indica o día que seguirá inmediatamente ao de hoxe. Na tradición oral recóllense ditos como: “Mañá choverá, ou nevará, ou sabe Deus o que fará. O día de mañá, ninguén o viu nin o verá”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Ecuador (18.105 km2; 1.180.375 h [2001]). A capital é Portoviejo (170.326 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears (31.255 h [2001]). En agricultura destacan os cultivos de herbáceas, froiteiras e amendoeiras, e a gandería predominante é a ovina. A industria especializouse na fabricación de mobles e perlas de imitación, das que as Majòrica constitúen un dos primeiros produtos industriais de exportación. O turismo desenvolveuse grazas á popularidade das covas de Drac e Hamso e implicou a urbanización de boa parte da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Legado que unha persoa lle deixa a outra no seu testamento mediante disposición especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de algo que cabe nunha man dunha soa vez.

      1. Conxunto de animais da mesma especie que andan agrupados.

      2. manda de cans

        Grupo de cans que se emprega, sobre todo, en caza menor.

    2. banco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital provincial de Célebes Setentrional situada no extremo NL da illa (332.288 h [1996]). As principais producións son o coco, o cravo e a noz moscada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de actividades de planificación, xestión e dirección empresarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se ocupa da planificación, o control e a dirección dun determinado tipo de organización.

    2. Persoa que se ocupa da dirección dos intereses económicos dun artista ou dun deportista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago situado no O de Nicaragua que se comunica co lago Nicaragua por medio do río Tipitapa (1.130 km2). Na beira N atópase o volcán Momotombo, e na SL a cidade de Managua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Nicaragua e do departamento homónimo (864.201 h [1995]), situada na beira SL do lago Managua. A economía céntrase na industria química, téxtil, de transformación da madeira e na destilación, tamén posúe unha refinería de petróleo. Foi declarada capital do país en 1855. Situada no eixe volcánico centroamericano, foi destruída por diversos terremotos. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral e o palacio que alberga a sede do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (3.450 km2; 1.093.760 h [1995]). A súa capital é Managua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital e porto de Bahrein, situada ao NL da illa de Bahrein (160.000 h [2000]). Na súa economía destacan o comercio de peles e as refinerías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO