"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade de organismos bentónicos fixos a un substrato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina do plasma sanguíneo capaz de ligar a hemoglobina que circula libremente. Compróbase que aumenta nos procesos inflamatorios e que diminúe nas hemólises.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morfose condicionada por excitacións táctiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta nástica provocada por un estímulo de contacto. Son correntes nas plantas insectívoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
BIOL Aplícase aos animais que collen o alimento coas patas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao haptotropismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo onde o factor estimulante é o contacto cun corpo sólido. É característico dos gabiáns que, cando tocan un sólido, se achegan a el.
-
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, situada a 50 km ao L de Delhi, entre o río Ganxes e o canal superior do Ganxes (146.591 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político xudeu. Ao servizo do Califa ‘Abd al-Ra ḥ man III, co seu mecenado desenvolveuse o xudaísmo hispánico por medio de estudios talmúdicos, científicos e literarios. Realizou unha tradución ao árabe da Materia médica de Dioscórides.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superior ionizada da atmosfera, situada entre os 80 e os 120 km de altitude. É a principal compoñente da ionosfera. As ondas radioeléctricas de frecuencia menor de 6 MHz que chegan a esta capa son reflectidas outra vez cara á Terra, propiedade na que se basean as transmisións de radio a longa distancia. A existencia desta capa foi postulada por Heaviside e, independentemente, por A.E.Kennelly. Tamén recibe o nome de capa E ou capa Kennelly-Heaviside.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento de diversas enfermidades mediante a exposición da totalidade, ou dunha parte do corpo, aos raios solares. Popularmente denomínase curas ou baños de sol.
-
PERSOEIRO
Químico, fisiólogo e médico belga. Coñecido polos seus experimentos sobre o crecemento das plantas e porque foi o que propuxo formalmente a teoría da xeración espontánea. Descubriu a existencia de fluídos aéreos, que denominou gases, e identificou o dióxido de carbono. Experimentando con area e facéndoa reaccionar con álcali e posteriormente con ácido, demostrou que sempre se conservaba a masa e que en certas reaccións se libera gas, fundamentando a Lei da conservación da masa. Foi o primeiro en aplicar principios químicos nas súas investigacións sobre a dixestión e a nutrición para o estudo de disfuncións fisiolóxicas polo que se considera o pai da bioquímica. Postumamente foi publicado o seu libro de obras completas Ortus medicinae (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta saprófita que en parte é autótrofa, xa que contén clorofila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emprego do sangue ou dos seus derivados, como o plasma ou as fraccións globulínicas, con fins terapéuticos. A máis coñecida é a transfusión sanguínea, que data do s XVIII.
-
PERSOEIRO
Patinadora de velocidade. Ligada ao Club Patinaje Domingo Miral de Zaragoza, actuou en diversas ocasións como adestradora e xuíza de patinaxe. Especialista nas probas de longa distancia, obtivo 15 títulos mundiais, 4 marcas do mundo e 36 títulos en Campionatos de Europa. É a deportista máis laureada de España con máis de 200 medallas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten seis patas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
hidroterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hidroterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización da auga en diversas formas e estados con finalidade terapéutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade frixia fundada por Eumenes II de Pérgamo á beira do Río Meandro (190 a C), actualmente Pumakkale. Anexionada a Roma en 133 a C, foi un importante centro relixioso ata época bizantina. As ruínas da cidade foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988.