"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gregario.
-
-
Relativo ou pertencente aos gregos.
-
ento forte do nordeste que se dá no Mediterráneo occidental e central e nas zonas europeas adxacentes.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos gregarínidos.
-
Esporozoo da subclase dos gregarínidos.
-
Subclase de esporozoos, xeralmente parasitos do tracto dixestivo dos mamíferos e cavidades celómicas de invertebrados. Presentan un tamaño que oscila entre 2 μ e 16 mm. O seu ciclo vital consta dunha fase sexual e outra asexual e ten lugar nun único hóspede.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás gregarinas.
-
Esporozoo pertencente á orde das gregarinas.
-
Orde de telosporidios de gran tamaño, que teñen o aspecto dunha célula ovoide co citoplasma cuberto por unha cutícula sólida e estriada. Preséntanse principalmente como parasitos extracelulares de invertebrados (anélidos ou artrópodos).
-
-
-
Aplícase aos animais ou aos vexetais que teñen tendencia a agruparse formando asociacións. En xeral, os distintos individuos non se atopan unidos corporalmente e poden facer vida independente.
-
-
Aplícase á persoa ou ás actitudes que defenden os intereses dun grupo ao que pertencen.
-
Que asume os xuízos e actos alleos como se fosen propios, sen cuestionalos nin pararse a pensar por si mesmo.
-
-
doméstico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de gregario.
-
-
Relativo ou pertencente a Grecia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Grecia.
-
-
Individuo do pobo grego.
-
Pobo de orixe indoeuropea que chegou en sucesivos momentos históricos ata as costas do Mediterráneo a comezos do II milenio a C, procedente da conca do río Danubio, no SL de Europa. Estaba formado por diversos grupos unidos por lazos culturais e relixiosos. Os aqueos estendéronse polo S de Grecia e establecéronse no Peloponeso, os xonios asentáronse principalmente en Ática, na zona central do L de Grecia e nas illas Cícladas, onde asimilaron a cultura heládica. Un terceiro grupo, os eolios, asentouse en Tesalia. A expansión comercial, o crecemento demográfico, a falta de terras e o endebedamento do campesiñado obrigaron os gregos a deixar as súas poboacións de orixe e fundar colonias nas rexións costeiras do Mediterráneo a partir do 800 a C. As colonias mantiñan fortes lazos culturais coa metrópole, pero posuían independencia política e administrativa. A expansión por Oriente tivo dúas etapas: na primera colonizáronse as illas do Exeo e as costas de Asia Menor; e na segunda, despois de...
-
-
Arte desenvolvida en Grecia e nos territorios que estiveron baixo a súa influencia cultural.
Arte grega antiga
As primeiras manifestacións artísticas gregas proceden da civilización heládica do Neolítico, entre outros, os xacementos de Sesklo e Dímini en Tesalia. Cara ao 2700 a C produciuse o paso á Idade de Bronce. Nas Illas Cícladas desenvolveuse unha cultura que se converteu na ponte entre o mundo asiático de Oriente Próximo e Creta, coa península grega. Desde o III milenio a C tivo lugar en Creta a cultura minoica, na que cabe salientar os palacios de Knossos e Faistos, e en Micenas a cultura micénica, da que destaca a porta dos Leóns e o tesouro de Atreo. Trala caída do mundo micénico, a recuperación cultural produciuse cara ao s XI a C co desenvolvemento do período protoxeométrico. Producíronse vasos cerámicos de dúas asas e popularizáronse a ánfora e o cráter. O período xeométrico, que comezou nos ss X ou IX a C, estendeuse durante a época... -
Arte cinematográfica realizada en Grecia. Os pais do cine grego son os realizadores Dimitrios Gaziadis e Orestes Laskos que, a partir de 1925, lles dan un pulo importante ás súas obras. Co tema da resistencia contra os alemáns deuse a coñecer un realizador novo, Iorgos Tzavelas, con Antígona (1961), que despois, xunto con Michalis Cacoyannis, autor de Alexis Zorba (1963) e Nikos Konduros, con Mikrés Afrodites (Pequenas Afroditas, 1963), foi o protagonista directo do apoxeo do cine grego da década de 1950. Con Poté tin Kyriakí (Nunca en domingo, 1960), dirixida por Jules Dassin, o cine deste país obtivo un éxito de resonancia internacional. O golpe de estado de 1967 freou a evolución da cinematografía grega. O restablecemento da democracia permitiu a aparición dunha nova xeración de cineastas como Nikos Koundouros, Tania Marketai e Kosta Ferris. Coa chegada ao poder dos socialistas en 1981, a actriz Melina Mercouri, ministra de Cultura, aboliu a censura...
-
Doutrinas filosóficas que se desenvolveron dentro do ámbito cultural grego durante a Antigüidade e que constituíron o fundamento da posterior especulación filosófica en Occidente. Distínguense dentro da filosofía grega tres grandes períodos: a filosofía presocrática (ss VII-V a C), a clásica (ss V-IV a C) e a helenística (ss IV a C-III d C). Precedida pola especulación relixiosa, a filosofía naceu nas colonias xonias de Asia Menor a finais do s VII a C coa obra dos filósofos presocráticos. Os membros da escola xónica, fundada por Tales de Mileto (s VI a C), desenvolveron a idea dunha substancia primixenia e eterna que se transformaría en todas as formas materiais coñecidas. Para Tales esta substancia sería a auga, mentres que para Anaxímenes (585-524 a C) sería o aire. Heráclito (s VI a C) completou esta idea cunha concepción do mundo en constante cambio no que a maioría das substancias e obxectos serían o resultado da unión de principios opostos. Os seguidores de Pitágoras (550-500 a C)...
-
Literatura en lingua grega producida dentro da área do territorio helénico. Comprende tres períodos claramente diferenciados: antigo, medieval ou bizantino e moderno.
Literatura antiga
A literatura grega antiga acostuma dividirse en tres épocas: arcaica, clásica e helenística.
Época arcaica
Este período abarca desde as primeiras manifestacións literarias (s VIII a C) ata a época de máximo florecemento das letras atenienses (s V a C). Hai que distinguir tres momentos: o primeiro, exclusivamente épico; o segundo, que marca a aparición da poesía lírica e que se divide en dous subperíodos separados polo momento de crise que sofre a poesía sobre o 530 a C e que deu orixe á prosa; e finalmente, pódese falar dun preclasicismo que prepara o gran momento da época de Pericles. En conxunto, toda a literatura arcaica caracterízase por un forte pesimismo. Homero e Hesíodo ocupan o primeiro período. Probablemente a poesía épica se nutrise, nun primeiro momento,... -
...
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico francés. Deputado nos Estados Xerais (1789), xurou a Constitución Civil do Clero (1790). Bispo de Loire-et-Cher (1791), presidiu a Convención. Intentou reformar a Igrexa galicana nos concilios de 1797 e de 1801, pero cando se asinou o Concordato (1801), retirouse da vida pública.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a algún dos papas de nome Gregorio.
-
calendario gregoriano.
-
Canto en latín, ao unísono, propio da liturxia da Igrexa Romana, afín ao da sinagoga (salmodia), ao das antigas liturxias cristiás occidentais e ao folclore grecorromano dos primeiros séculos do cristianismo. Algunhas teorías sitúano no país franco na época carolinxia, en parte como a manipulación do canto antigo romano e en gran parte, a máis artística, como creación nova. Outras, cren que se elaborou tecnicamente en Roma (ss V-VII), época de Gregorio I, con material do antigo canto romano. Inicialmente, parece que se transmitiu oralmente a través das Scholae de lectores e cantores, e das comunidades monásticas ou basilicais. Non se conservan notacións musicais anteriores ao s IX, a boa tradición manuscrita é dos ss IX-XII.
-
Cada unha das misas que, en número de trinta en sufraxio por un defunto, se celebra nunha sucesión ininterrompida de días.
-
Movemento de reforma da Igrexa Católica, nos ss XI e XII, contra a decadencia moral e institucional (relaxación moral ou dos costumes, politización dos cargos eclesiásticos, etc), orixinada no s X pola desaparición da orde establecida polos carolinxios. A reforma iniciouna o Papa León IX (1048), continuouna Nicolao II, que conseguiu que o papa fose elixido só polos cardeais (1059), e culminouna Gregorio VII, de quen recibe o nome, xunto con Federico de Lorena, Humberto de Moyenmontier e Pere Damià. Nos sínodos romanos de 1074 e 1075 e, sobre todo, nos Ditatus papae, Gregorio VII expuxo o plan reformador. Enfrontouse deseguido co Emperador Enrique IV, co que se iniciou a loita das Investiduras, que durou ata o Concordato de Worms (1122). Os sucesores de Gregorio VII (Urbano II, Pascual II e Calixto II) continuaron, con máis flexibilidade a reforma, que orixinou un reflorecemento da vida eclesiástica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gregorio Bar Hebreu.
-
PERSOEIRO
Doutor da Igrexa, fillo de Gregorio I, bispo de Nazianzo. Formou con Basilio de Cesarea e Gregorio de Nisa o grupo dos tres grandes capadocios que promocionaron a teoloxía trinitaria. Nomeado patriarca de Constantinopla (379), elaborou importantes sermóns, que lle valeron o título de teólogo. Consérvanse 45 discursos da súa autoría. Na iconografía leva vestiduras de bispo grego (ampla casula e palio) e, como atributos, bastón florido. A súa festividade celébrase o 2 de xaneiro, inda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 9 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Padre e doutor da Igrexa Grega, irmán de san Basilio de Cesarea. Ordenado bispo por san Basilio o Grande, foi deposto polo emperador Valente, partidario do arianismo. Participou no I Concilio de Constantinopla (381). Admirador de Oríxenes, levou o platonismo ao seu máximo desenvolvemento no cristianismo. Consérvanse diversas obras esexéticas, dogmáticas e ascéticas, xunto con numerosas cartas. A súa festividade celébrase o 9 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Profesor das universidades de París, Boloña, Padua e Perugia, foi xeral da orde dos eremitas de santo Agostiño (1357-1358). Seguidor do nominalismo de G. de Ockham, non buscou a conciliación con Platón nin con santo Agostiño. Foi o autor de Comentario ás sentencias de Pier Lombardo (1482).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e bispo de Tours (573-594). Enfrontouse aos arianos e escribiu diversos libros de devoción e haxiografías, pero destacou especialmente polo súa Historia Francorum. Na iconografía viste de pontifical e leva como atributos un relicario e un peixe monstruoso. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (590-604). É un dos grandes padres da Igrexa Latina, foi prefecto urbano de Roma (572-574) pero retirouse á vida monástica no monte Celio (Roma). Nuncio de Pelaxio II en Constantinopla (579-586), sucedeuno na sé de Roma. Elixido papa no 590, acadou a paz cos longobardos a través de pactos e concordias (592) e estableceu as bases do Estado Pontificio ao gobernar de xeito autónomo as súas rexións. Denegoulle ao patriarca de Constantinopla o dereito a nomearse patriarca ecuménico e afirmou a primacía da Igrexa de Roma. Apoiou as misións evanxelizadoras entre os anglos (596) e colaborou na conversión dos francos. Esforzouse por reformar os costumes da Igrexa co tratado Regola pastorale. Os seus escritos, homilías, cartas e Diálogos foron moi populares durante a Idade Media. Codificou o canto gregoriano, que se converteu no canto oficial da Igrexa Latina e que substituíu o anterior canto ambrosiano. Na iconografía leva ornamentos papais (casula ancha, palio, tiara papal...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (715-731). Favoreceu a evanxelización iniciada por san Bonifacio e consagrouno bispo de Xermania (723). Enfrontouse co emperador bizantino pola iconoclastia (729) e obtivo dos longobardos a doazón de Sutri, primeiro núcleo dos Estados Pontificios. A súa festividade celébrase o 13 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (731-741). Convocou un concilio en Roma (731). Continuou a política de oposición á iconoclastia dos seus antecesores e apoiou o labor dos misioneiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (827-844). Consagrou a Ansgar como bispo para continuar o apostolado nos países nórdicos. Enfrontouse aos piratas sarracenos, que destruíron Civitavecchia e Ostia e ameazaron Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1227-1241). Foi cardeal diácono (1198) e cardeal bispo de Ostia (1206). Durante o seu papado opúxose á política absolutista de Federico II, e excomungouno en 1227 e 1239. Traballou pola reunificación das igrexas romana e grega e confiou a Inquisición aos dominicanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (996-999). Imposto polo Emperador Odón III, o Senado romano rexeitouno e elixiu un antipapa. Mantívose fiel ao emperador, pero tentou reafirmar a autoridade da Igrexa e apoiou o movemento cluniacense.
VER O DETALLE DO TERMO