"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Estado fundado polos xaponeses en Manchuria con capital en Mukden, un protectorado nipón. Constituído en 1931, despois da conquista xaponesa de Manchuria proclamouse unha república. Á súa fronte situouse Pu Yi, descendente da familia imperial chinesa. Este estado desapareceu en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión situada no NL de China que comprende os sheng de Jilin, Liaoning e Heilongjiang (786.400 km2; 106.550.000 h [2000]). A capital é Shenyang. O centro da rexión é unha chaira ondulada regada polo Changpai e o Ussuri. O clima é frío. Os principais cultivos son o millo e a soia. Destacan a pesca, as industrias siderúrxicas e a maquinaria diversa. Escasamente poboada polas tribos nómades de orixe tungús, no s X a dinastía Liao fíxose co control das chairas do N de China e no s XII fixérono os Xin. Os mongois da dinastía Iuan conquistaron Manchuria, pero no s XVI tribos independentes formaron un imperio que se estendeu entre o mar e o río Amur. En 1644 os manchús atravesaron a Gran Muralla, ocuparon Pequín e instauraron a dinastía manchú dos Xing. Rusia, que aspiraba á colonización de Manchuria desde o s XVI, estableceu polo tratado de Nerčinsk (1689), unha fronteira ao longo do río Amur. A finais do s XIX Xapón disputoulle o territorio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor dunha extensa obra en francés e occitano, os seus escritos caracterízanse pola presenza duns personaxes marcados pola morte. Publicou Accidents (1955), Lo gojat de Novémer (1964), La pluja (1976), L’Enterrament à Sabres (1989) e Pour l’enfant de Basora (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra italiano. Dirixiu óperas no Covent Garden (1888-1905) e compuxo oberturas para orquestra, música de escena e óperas, como Ero e Leandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. O seu estilo partiu da análise cotiá da natureza e o real e evolucionou cara a unha pintura libre e rica en cor e empastes, cunha luminosidade particular. Pintou Retrato da señora Pantoleoni (1900), Autorretrato con turbante vermello (1929) e Aurelia (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Coñecido como Henry Mancini, foi un especialista na composición de bandas sonoras. Debutou en 1952, e foi un colaborador habitual nos filmes de Blake Edwards. Destacan os seus traballos para os filmes Touch of Evil (1958), Breakfast at Tiffany’s (1961), The Pink Panther (1963) e Victor/Victoria (1982). Recibiu catro Oscar e vinte premios Grammy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrico Nicola Mancini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Negocio xurídico solemne do dereito romano que servía para adquirir o dominio dunha propiedade. Caeu en desuso pola complicación das súas fórmulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen carece dunha ou das dúas mans.

      2. Que ou quen carece dun ou dos dous brazos.

    1. Que lle falta algunha parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mítico soberano inca. Descendente do Sol, foi considerado o fundador do Imperio Inca. Segundo a tradición, casou coa súa irmá Mama Ocilo e estableceuse na cidade de Cuzco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano inca (1533-1544), fillo de Huayna Cápac. Logo de morrer os seus irmáns Huáscar e Atahualpa, accedeu ao trono recoñecido por Pizarro. Despois de rebelarse contra este, ocupou Lima e Cuzco, pero tivo que retirarse aos Andes. Sucedérono os seus fillos a finais de 1572.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico do grupo dos ditiocarbamatos que actúa como funxicida de aplicación foliar e que incide secundariamente sobre os ácaros. Autorízase nun gran número de cultivos herbáceos e leñosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir persoas, esforzos ou intereses para acadar un fin común.

    2. Unirse ou asociarse varias persoas para acadar un determinado obxectivo común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mancomunar ou mancomunarse.

    2. Asociación de persoas ou entidades que se unen para acadar fins comúns.

    3. Entidade legalmente instituída que xestiona o monte comunal ou común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade política catalá constituída o 6 de abril de 1914 pola unión das catro deputacións provinciais catalanas. O presidente foi Enric Prat de la Riba. As bases legais da Mancomunitat decretáronse o 18 de decembro de 1913 e autorizábase a unión de provincias do estado español para fins exclusivamente administrativos. A organización político-administrativa da Mancomunitat baseábase en tres órganos fundamentais: a asemblea xeral, o consello permanente e a presidencia. A asemblea era soberana e estaba composta por todos os deputados das catro provincias. Foi disolta en 1925 polo xeneral Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘mes’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘ano’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Designación occidental do dinar de ouro musulmán, especialmente dos ss IX e XI.

    2. Moeda de ouro cuñada por diversos estados europeos entre os ss VIII e XI, a imitación dos patróns metrolóxicos e tipolóxicos do dinar árabe. A súa emisión foi limitada e restrinxíase á realización de pagamentos á Igrexa ou ao papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alor dun mancús normalmente pagado en especies ou en moeda de valor inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO