"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Persoa que acepta a xestión dun asunto mediante un contrato de mandato.

    2. Xefe dun estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encargo ou orde que se dá a unha persoa. OBS: É unha palabra máis culta que mandado, aínda que os seus significados sexan case iguais.

      1. Autorización que unha persoa dá a outra para que a represente nuns actos concretos e durante un tempo determinado.

      2. Tempo que dura esa autorización.

      3. mandato representativo

        Posición xurídica dos parlamentarios pola que representan a unha nación ou a un pobo no seu conxunto e na que os electores non poden revocarlles o mandato nin dar instrucións concretas mentres dure a lexislatura.

    2. Documento empregado polos soberanos medievais para transmitir ordes sen a solemnidade doutros documentos diplomáticos.

    3. Tutela que exercía un estado sobre certos territorios por concesión da Sociedade de Nacións e baixo a súa vixilancia. Creado polos tratado de paz de 1919, a Organización das Nacións Unidas substituíno polo fideicomiso.

    4. Cerimonia do lavatorio dos pés a doce persoas o día de Xoves Santo, para conmemorar a acción de Xesús Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Cebu, Filipinas, situada na costa do mar de Camotes, ao L da cidade de Cebu (259.728 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mandés ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mandé.

    3. Pobos sudaneses que habitan unha parte de Guinea, a Costa de Marfil, Mali, Senegal, Gambia e Guiné-Bissau. Divididos en castas, dedícanse á agricultura e artesanía. Distínguense segundo a súa lingua, en malinkes, en bambaras, en diulas e en soninkes.

    4. Familia de linguas do phylum níxer-        -congo que falan os pobos mandés, ben como lingua materna ou como lingua vehicular. Estas linguas tenden a estenderse por toda África occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de carácter gnóstico e dualista que profesa a seita dos mandeos, coñecidos tamén por nazarenos ou cristiáns de San Xoán. A súa orixe puido establecerse en Transxordania e no s I ou II evolucionou baixo unha influencia gnóstica e maniquea. Defenden que a alma humana permanece aprisionada no corpo e é perseguida polos demos pero ao final será liberada por Manda da Hayyé ou Coñecemento de Vida. Dos escritos mandeos conservados destaca Ginzà.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. A súa obra representou a achega máis importante ao marxismo de tendencia trotskista. Escribiu, entre outras, Traité d’économie marxiste (1962) e Der Spätkapitalismus (O capitalismo tardío, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Congreso Nacional Africano (CNA) desde 1944, en 1956 foi acusado de alta traizón e en 1964 condenado a cadea perpetua. Dirixente do CNA desde 1967, converteuse nun símbolo da loita antiapartheid. Foi liberado incondicionalmente en 1990 e elixido presidente do CNA en substitución de Oliver Tambo. Aceptou renunciar á violencia a cambio da abolición do apartheid. Despois das primeiras eleccións multirraciais, accedeu á presidencia do estado (1994-1999). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1992) e o Premio Nobel da Paz (1993), que compartiu con F. de Klerk, último presidente do réxime segregacionista sudafricano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido mandélico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático polaco. Nacionalizado francés, trasladouse a EE UU, onde traballou na IBM, e foi profesor de matemáticas na Universidade de Harvard. Introduciu o concepto de fractal con obras como Les objets fractals, forn, hasard et dimension (1975) e The fractal geometry of nature (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de raios lumínicos que aparecen na difusión da luz que atravesa un gas sometido a flutuacións de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido alcohol que se obtén a partir do seu nitrilo, o mandelonitrilo. O seu sal amónico emprégase como antiséptico urinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica que forma na súa desembocadura a ría de Betanzos. Nace na parroquia de Roade (Sobrado) e baña os concellos de Sobrado, Curtis, Oza dos Ríos, Aranga, Coirós, Irixoa, Paderne e Betanzos, onde desemboca, na parroquia de Tiobre, tras un percorrido de 52 km. Discorre formando ao límite natural entre os concellos de Aranga e Irixoa, e Coirós e Paderne. Entre os seus afluentes está o Dombrete, o Maizoso e o Ramalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mandeísmo.

    2. Seguidor do mandeísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e humanista. Destacou a súa obra como historiador da arte. Escribiu Het Schilder Boeck (O libro da pintura, 1604) e biografías de pintores italianos, flamengos e alemáns dos ss XV e XVI, en que se recoñeceu por primeira vez a orixinalidade da pintura nórdica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo holandés. Nacionalizado británico, dedicouse á escritura, e das súas obras, que constitúen un ataque contra a moral hipócrita, destacan Typhon (1704), Assop Dress’d (1704) e The Fable of the bees or Privates Vices, Public Benefits (1714).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro e escritor. A súa obra máis importante é unha colección sobre narracións de viaxes de diferentes personaxes, denominada The Voyage and Travels of Sir John Mandeville, Knight (1356-1357), unha das mostras primitivas da prosa inglesa, escrita orixinalmente en francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de santa Uxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, tres bastos de ouro, colocados dous en aspa e o terceiro cruzado en pao, acompañados en punta dun lebreiro de prata, pasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo auxiliar de Toledo (1652), bispo de Almería (1662-1672) e Astorga (1672-1674). Cóengo e provisor de Mondoñedo, foi gobernador eclesiástico de Santiago de Compostela e prior de Santo Agostiño de Caaveiro, e exerceu como chanceler das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (15.456 km2; 136.317 h [1983]). A capital é Mandiana.

    VER O DETALLE DO TERMO