"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Formación vexetal helofítica constituída basicamente por mangleiros e especies leñosas similares, propia da banda intermareal dos litorais planos e lamacentos da zona intertropical, sobre todo no Pacífico, pero tamén no Atlántico e no Índico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que se aplica a calquera das especies de árbores que integran o mangleiral, adaptadas á vida en augas salobres. Adoitan presentar glándulas secretoras de sal, e a miúdo, raíces respiratorias ou pneumatóforas. Destacan o mangleiro vermello (Rhizophora mangle), o mangleiro verde (Sonneratia sp), o mangleiro negro (Avicennia germinans) e o mangleiro branco (Laguncularia racemosa). Os xéneros Lummitzera, Bruguiera, Ceriops, inclúen tamén algunhas especies que son consideradas mangleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte longa e estreita dunha ferramenta, dun aparello ou dun utensilio, pola que se agarra.

      1. mango do esterno

        Primeira das tres pezas do esterno.

      2. mango do martelo

        Apófise inferior do martelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi, situado na rexión Meridional (6.273 km2; 610.239 h [1998]). A súa capital é Mangochi (2.792 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista alemán. Elaborou unha nova formulación da teoría do beneficio desde un enfoque marxinalista. Das súas obras destacan Die Lehre vom Unternehmergewinn (Teoría do beneficio, 1855) e Grundriss der Volkswirtschaftslehre (Fundamentos de economía política, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. lingoreteiro.

    2. folgazán.

    3. Que ou quen se dedica a facer recados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non sabe estar calado e fala demais.

    2. folada.

    3. coca de area.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratar ou conducir alguén un asunto segundo os seus propios intereses.

    2. Facer que alguén actúe do xeito que máis lle convén a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que se lle dá a diversos mamíferos carnívoros, da familia dos herpéstidos á que pertencen, entre outros, os xéneros Atilax, Cynitis, Helogale ou Herpestes. Son animais de tamaño medio, coas patas curtas, as unllas desenvolvidas non retráctiles e a cola longa e de cor uniforme. Son de hábitos diúrnos, e a súa estrutura social pode ser complexa. Destacan as especies Herpestes ichneumon, Herpestes edwardsi (mangosta gris da India) e Suricata suricatta (suricata).

    2. Mamífero de 50-55 cm de lonxitude cabeza-tronco, 35-45 cm de cola e un peso de ata 8 kg. Ten a pelaxe grisácea, coas patas máis escuras ca o resto do corpo. Distribúese por parte de África, e S de España e Portugal, aínda que no pasado viviu en Galicia e Asturias. Habita en páramos con matorrais e terreos rochosos de escasa vexetación, ten costumes diúrnos, e aliméntase de mamíferos e réptiles. En España, están protexidas pola lei e está prohibida a súa caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que pode acadar os 10 m de altura, que presenta follas ovais e froitos baciforme. É oriúndo de Malaisia, pero cultívase en toda Asia tropical.

    2. Froito desta árbore de cor púrpura escura, comestibles e de gusto e aroma exquisitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo flexible de diferentes materiais, que se emprega para conducir líquidos, gases ou cables dun lugar a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mango do mallo ou da gadaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perennifolia, de 20 a 30 m de altura, que presenta follas lanceoladas coriáceas, de pequenas flores rosadas, dispostas en panículas terminais, e de froitos drupáceos comestibles, amarelos e avermellados, grosos e doces, denominados mangas. É oriúndo de Asia tropical, pero cultívase en todas as rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é descoidado no seu traballo ou nos seus deberes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza colocada nos extremos do eixo dianteiro dalgúns automóbiles, que permiten o cambio de dirección das rodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de roupa en forma de media manga, que se pon sobre as mangas da vestimenta habitual, para protexerse da sucidade ou do frío.

    2. Mangueira curta de diversos materiais que se emprega para unir dous tubos ou canalizacións.

    3. Anaco circular de pel e tecido subcutáneo que o cirurxián deseca, tras amputar un membro, para recubrir a ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península e oblast’ de Kazakhstán, que se adentra no Mar Caspio (165.600 km2; 316.847 h [1999]). A súa capital é Aqtau (143.400 h [1999]). A súa superficie é xeralmente plana, con algunhas depresións ao SO. Ten xacementos de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de EE UU, situada na costa atlántica, delimitada polos ríos Hudson, Harlem e East River. Constitúe a parte máis antiga e céntrica de Nova York, con máis de dous millóns de habitantes. Ten uns 21 km de longo por 3 de largo, e a falta de espazo foi a causa de que a comezos do s XX se comezasen a construír rañaceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Peloponeso, Grecia, no nomós de Laconia na parte meridional dos tres saíntes en que remata a península de Mani. Os seus habitantes mantiveron un espírito de independencia e, aínda que participaron na loita nacional contra os turcos (1821), voltaron constituír un principado independente.

    VER O DETALLE DO TERMO