"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Militar. Dirixiu a expedición contra New Orleans (1769) ao servizo da monarquía hispánica. Despois do fracaso da expedición de Alxer (1775), foi capitán xeneral de Andalucía (1776) e gobernador de Cádiz ata que foi destituído polo conde de Floridablanca (1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Participou no proceso de renovación da música española. En 1953 comezou a compoñer música dodecafónica, para logo evolucionar cara a un serialismo integral. É autor de Cuarteto de cuerda (1957), Módulos, We (1970), dous Conciertos para piano (1978), Sonidos de la Guerra (1980) e as óperas Kin (1981) e La madre invita a comer (1993). Tamén realizou a música de filmes como La caza (1965) e El espíritu de la colmena (1973). É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1989), recibiu a Medalla de Oro de la Academia de Bellas Artes de Madrid (1986)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote, profesor e poeta. Doutor en Filosofía, en 1923 ordenouse sacerdote. Foi chanceler-secretario e cóengo-maxistral da diocese de Tui (1941) e mestrescola e arcipreste da diocese de Cádiz-Ceuta. Recibiu a influencia de Fray Luis de León, Félix Lope de Vega, san Xoán da Cruz e santa Tareixa de Xesús e escribiu numerosos artigos, comentarios e poemas de temática relixiosa, dos que destacan “Romance a San Pelayo” (1925), “Canto a Santo Tomás”, “Rimas”, “Cátedra” e “Bodas de Plata”. En 1964 foi elixido académico de número da Real Academia Hispano-Americana de Cádiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural fundada en 1953 en México por exiliados galegos. O seu primeiro presidente foi Xesús Dopico. Foi un foco de promoción de iniciativas culturais e á súa imaxe naceron outras asociacións, como o Padroado de Monteveideo. Dos seus membros destacaron Roxelio Rodríguez Bertaña, Carlos Velo e Luís Soto. Contribuíu á creación da Irmandade da Fala e publicou o libro Presencia de Galicia en México, que recollía a participación de personalidades galegas, mexicanas e españolas na Emisión de Radio, patrocinada polo padroado. Ademais, editou as revistas Saudade e Vieiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gales.
-
PERSOEIRO
Pintor. As súas paisaxes, realizadas á acuarela, destacan pola súa concreción, polo seu cromatismo e por reflectir a nitidez a realidade visible. En Pontevedra colaborou con ilustracións na revista Spes e da súa obra destaca O Tambre (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Catedrático de Física Teórica, foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e despois foi reitor da mesma institución (1984-1990). Investigou no campo da física teórica e das partículas elementais, propiciou a expansión da universidade e fomentou a normalización lingüística do galego. Con máis de 150 artigos publicados, das súas obras destacan La nueva física (1975), Introdución a las interacciones fuertes (1977), De lo más pequeño a lo más grande del universo (1996) e Introdución a la Física (2001). Recibiu o Premio da Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘vello’, ‘antigo’.
-
-
Glumela superior das poáceas.
-
Escamas que se atopan en moitos receptáculos das asteráceas.
-
Nome que reciben outros apéndices escamiformes ou membranosos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta páleas.
-
-
Relativo ou pertencente ao mantelo dos moluscos.
-
Espazo do corpo dos moluscos, que hai entre o manto e a masa visceral, en que se producen intercambios fisiolóxicos.
-
impresión muscular.
-
Liña que une as impresións musculares anteriores e posteriores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pálea.
-
-
Relativo ou pertencente aos paleanodontes.
-
Mamífero fósil da suborde dos paleanodontes.
-
Suborde de mamíferos, da orde dos edentados, que comprende individuos fósiles do Paleoceno superior e do Eoceno medio. Eran cuadrúpedes de pequeno tamaño, e tiñan os dedos provistos de unllas fortes especializadas para cavar. A súa dentición estaba moi especializada e tiña os caninos moi desenvolvidos. No Terciario inferior algúns paleanodontes chegaron a América do Sur e deron lugar aos xenartros.
-
-
-
Traballar cunha pa revolvendo ou transportando algunha cousa.
-
Tocar repetidas veces algo ou a alguén coas mans.
-
-
-
Relativo ou pertencente á rexión paleártica.
-
Rexión bioxeográfica que comprende Europa, o N de África ata o Sáhara, o N de Arabia Saudí e todo o continente asiático, agás as áreas que se sitúan ao S da cordilleira do Himalaia.
-
-
-
3 lapa.
-
Cova que serve de gorida a un animal.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lagoa (A Pastoriza). O seu cumio acada os 660 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Cerdedelo (Laza). O seu cumio acada os 940 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
herba das paredes.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Sumatra Meridional, situada en Sumatra, Indonesia (1.394.300 h [2000]). A principal actividade económica é o refinamento de petróleo. Foi centro dun antigo reino hindú que os holandeses aboliron en 1825. Forma parte de Indonesia desde 1950.
VER O DETALLE DO TERMO