"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Realizador estadounidense. Destacou pola gran variedade de filmes que dirixiu, desde westerns a adaptacións de Shakespeare, marcados pola intelixencia e a sofisticación. Destacan Letter to Three Wives (1949, Oscar ao mellor actor e ao mellor guión, 1950), All About Eve (1950, Oscar ao mellor director e ao mellor guión, 1951), Julius Caesar (1953), The Barefoot Contessa (1954) e Cleopatra (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (10.660 km2; 123.362 h [1988]). A súa capital é Mankono (6.524 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mallo.
-
PERSOEIRO
Político xamaicano, fillo de Norman Washington Manley, fundador do People’s National Party (PNP) e primeiro ministro. Foi senador (1962-1967), e en 1969 sucedeu a seu pai na dirección do PNP. Como primeiro ministro (1972-1980), iniciou unha política socialdemócrata e de boas relacións con Cuba. Nas eleccións de 1989 recuperou o poder pero a súa delicada saúde fíxolle renunciar en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entomólogo. Especializouse en insectos lepidópteros, sobre todo nos do xénero Zygaena. A súa obra principal é A Field Guide to the Butterflies and Burnets of Spain (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mallo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na chaira de Vic. Esténdese en gran parte pola beira esquerda do Ter, pouco antes da confluencia co Gurri (17.532 h [2001]). A actividade económica máis importante é a industrial, que se incrementou a partir de 1840 grazas á creación da canle industrial do Ter. As principais industrias son a téxtil, a metalúrxica, a química e a alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador estadounidense. De nome Emil Anton Bundesmann, destacou polo seu innovador estilo visual. A súa actividade máis importante foi o western, e contou case sempre con James Stewart como actor principal, como en Winchester ‘73 (1950), Bend of the River (1952) ou The Naked Spur (1953). Tamén realizou El Cid (1961) e The Fall of the Roman Empire (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar inglés. Coñecido como marqués de Cornwallis, durante a Guerra da Independencia estadounidense distinguiuse nos combates de Germantown e de Redbank (1777), pero foi vencido en Yorktown (1781). En 1786 foi nomeado gobernador de Bengala, onde loitou contra Tippu Sāhib, a quen venceu en Seringapatam.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador estadounidense. Comezou no mundo da televisión, para logo debutar no cine coa adaptación da obra de Chayefsky Marty (1955, Oscar ao mellor director en 1956 e Palme d‘Or de Cannes en 1955). Dirixiu filmes como Separate Tables (1958), Jane Eyre (1970) e Brontë (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Estivo influído nas súas primeiras obras polo esteticismo de D’Annunzio, como en Im Schlaraffenland (1900). En A Professor Unrat (O mestre Unrat, 1905) caricaturizou a situación alemá baixo o Imperio de Guillerme II. Atacou o militarismo e o nacionalismo incipientes nas sátiras políticas da triloxía Das Kaiserreich (O Imperio, 1914-1925) e Die grosse Sache (O grande asunto, 1930). Despois do seu exilio triunfou con König Heinrich IV (O rei Enrique IV, 1935-1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, fillo primoxénito de Thomas Mann. En 1936 exiliouse en EE UU, onde, como líder do movemento antifascista, fundou as revistas Die Sammlung (1933-1935) e Decision (1941-1942). Da súa produción destacan Symphonie Pathétique (1935), Mephisto (1936), levada ao cine por I. Szabó (1981), e Der Vulkan (O volcán, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Interesado polo ser humano e o confito entre a intelixencia e a vida, escribiu Die Buddenbrooks (Os Buddenbrooks, 1901), Tonio Kröger (1903) e Der Tod in Venidig (A morte en Venecia, 1912). Durante a Primeira Guerra Mundial desaprobou os ataques do seu irmán Heinrich contra o nacionalismo alemán, reflectidos en Betrachtungen eines Unpolitischen (Consideracións dun apolítico, 1918), aínda que máis tarde se converteu nun fervente defensor das liberdades democráticas. Neste tempo escribiu a súa obra mestra, Der Zauberberg (A montaña máxica, 1924), onde fai unha profunda análise da súa época, e Mario und der Zauberer (Mario e o mago, 1930), unha sátira do fascismo. Exiliouse en 1933, trala chegada de Hitler ao poder, e advertiu aos países democráticos contra o fascismo en Achtung, Europa! (Coidado, Europa!, 1938). Escribiu a tetraloxía Joseph und seine Brüder (Xosé e os seus irmáns, 1933-1943), a biografía...
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (2.014 km2; 132.000 [estim 1991]). A súa capital é Mannar (13.931 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo do Océano Índico, situado no extremo S da península do Deccan, entre esta e a illa de Sri Lanka. É unha zona de pesca de ostras perlíferas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fonte de Bruxelas que recibe o nome dunha pequena estatua que a adorna, copia da orixinal, de 1619, feita por Jérôme Duquesnoy, que representa a un neno ouriñando.
-
PERSOEIRO
Militar finlandés. Foi xeneral do exército tsarista (1910) e axudante de campo de Nicolao II (1912) e, cando se proclamou a independencia de Finlandia (1917), dirixiu aos gardas brancos que se impuxeron aos bolxeviques finlandeses. Rexeu o país (1918-1919) e construíu a liña Mannerheim na zona fronteiriza coa URSS do istmo de Carelia. Foi mariscal de Finlandia (1933) e en 1941 declarou a guerra á URSS, á beira de Alemaña, aínda que en 1944, como cabeza do estado, firmou o armisticio coa URSS e declarou a guerra a Alemaña (1945). Ao ano seguinte retirouse a Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo siderúrxico alemán fundado en Düsseldorf en 1890 co nome Deutsch-Österreichische Mannesmannröhreu-Werke AG. Especializouse na construción de tubos e canóns, maquinaria, plantas industriais e na explotación de minas de carbón.
-
CIDADES
Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña, situada na confluencia do río Neckar co Rin, en fronte de Ludwigshafen (307.730 h [2000]). Foi reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial segundo un rigoroso plano ortogonal. A conurbación con Ludwigshafen especializou as funcións urbanas, potenciadas polo gran porto fluvial. Posúe factorías de produtos químicos, maquinaria agrícola, automóbiles, maquinaria eléctrica e vidro. Fundouse en 1606 e, en 1720, converteuse en capital e residencia dos príncipes do Palatinado ata 1778. En 1820 pasou a pertencer ao Gran Ducado de Baden. Foi o centro da escola de Mannheim.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de compositores da Corte do elector Carles Teodor do Palatinado (1742-99) que creou en Mannheim unha orquestra que, dirixida por Johann Stamitz (1745-1757), foi a mellor de Europa. Destacaron Stamitz, Richter e Cannabich, que aplicaron recursos expresivos novos e abandonaron a imitación, a fuga e o baixo continuo. As súas obras influíron na formación da simfonia e en compositores como Haydn e Mozart. En 1778 o elector pasou a Múnic e a escola dispersouse.