"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Comerciante ambulante, especialmente o que trata con gando.

    2. Comerciante de obras de arte.

    3. Individuo con quen mantén relacións amorosas unha muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiáceas.

    2. Hepática da familia das marchantiáceas.

    3. Familia de hepáticas, da orde das marchantais, que presentan cámaras aéreas delimitadas por tabiques e con filamentos asimiladores no seu interior. É a familia principal da orde das marchantais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiais.

    2. Planta da orde das marchantiais.

    3. Orde de hepáticas talosas de ramificación dicotómica, con gametanxios pediculados e esporanxios sésiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiópsidas.

    2. Briófito da clase das marchantiópsidas.

    3. Clase de briófitos, coñecidos comunmente como hepáticas, que se caracterizan por ter un protonema reducido, un gametófito taloso ou folioso, folíolos dispostos en dúas fileiras, esporanxio sen estomas e que carecen de eláteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, fillo do centurión san Marcelo. Foi martirizado xunto cos seus irmáns Fausto e Xauriano. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do latín Marciana, nome que deriva de Marcus. Destacan con este nome santa Marciana que se celebra o 12 de xullo e a mártir Marciana o 24 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Alxeria s IV) Mártir, irmá de santa Eufemia, segundo a tradición galega. Atribúeselle como nai a Celsia, unha muller que despois de practicar ritos de fecundidade pariu dez fillos e por medo, deixoullos a Sila, a parteira, para que botase ao mar a nove; esta non o fixo e criounos. A súa festividade celébrase o 24 de maio (mártir) ou o 12 de xullo (virxe e mártir).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Marte ou aos seus supostos habitantes.

    2. Suposto habitante de Marte.

    3. Suposto habitante de calquera outro planeta que non sexa a Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (450-457). Foi senador e á morte de Teodosio II, irmán da súa esposa Pulqueria, acadou a dignidade imperial. Loitou contra os hunos e convocou o Concilio de Calcedonia (451).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. A súa obra, que revela unha cultura literaria e filosófica extraordinaria, comprende os sete libros das Institutiones, os tratados De appellationibus, De publicis iudiciis e De delatoribus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Tracia, preto da actual Provadija (Bulgaria), que fundou Traxano en honor da súa irmá Marciana. Estivo poboada por gregos, romanos e tracios, e formou parte da Mesia Inferior. Foi asediada polos godos en 248, e caeu fronte aos búlgaros, que a arruinaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Loitou en Galia (54-50 a C) baixo o mando de Caio Xulio César, con quen comandou as tropas na Batalla de Farsalia (48 a C). Desde o 44 a C compartiu consulado con César e tralo asasinato deste, formou parte con Augusto e Marco Emilio Lépido do Segundo Triunvirato (43 a C), co que concluíu a República Romana. Protagonizou unha violenta represión en que morreu Marco Tulio Cicerón e derrotou os asasinos de César, preto de Filipos (42 a C). Despois de renovar o triunvirato quinquenal (38 a C), do que se excluíu a Lépido en 36 a C, repartiu con Augusto o control do Imperio Romano mentres Antonio quedou coa parte oriental. Casou coa irmá deste, Octavia, pero ao seu regreso a Exipto, renunciou a ela por Cleopatra VII. Baixo a influencia de Cleopatra VII transformouse nun príncipe cada vez máis asiático. Desde Roma iniciouse entón unha campaña encabezada por Augusto para desprestixialo e tivo lugar unha guerra cando en 34 a C proclamou a Cesarión (fillo de Cleopatra VII) como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no concello de Dozón. O seu cumio acada os 779 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Labrada (Guitiriz) e Momán (Xermade). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Fundador da revista España musical y literaria, escribiu obras teatrais con intención moralizadora e ton humorístico. Destacan Los flacos (1870) e La mujer compuesta (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Beariz (Beariz). O seu cumio acada os 939 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos marcomanos.

    2. Individuo do pobo marcomano.

    3. Pobo xermánico que habitaba os territorios situados entre os ríos Elba e Oder. Combateron os exércitos de Roma e, tralas vitorias de Druso (9-8 a C), emigraron a Bohemia, onde conseguiron o apoxeo do seu poder e estenderon o seu dominio sobre moitos pobos veciños. A partir do s III decaeu a súa importancia e, despois do s VI, refuxiáronse en Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Ferreirúa (A Pobra do Brollón). A fachada data de 1812, aínda que o pazo construíuse no s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Enrique Garcés, colaborou en diversas publicacións, como Álbum Literario, La Cítara, Follas Novas e Galicia. Publicou o volume de poesía Risas y lágrimas (1881) e o drama Por una madre (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político filipino. Foi deputado (1949-1959) e senador (1959-1966), e acadou a presidencia do estado filipino en 1965. Outorgoulle parte do poder á súa esposa Imelda Romuáldez Marcos e instaurou un réxime autoritario. O asasinato do principal dirixente da oposición en 1983, Benigno Aquino, e a expansión da guerrilla comunista e musulmana, obrigárono a convocar eleccións presidenciais en 1986, que gañou Corazón Aquino, o que provocou a súa fuxida a EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO