"Álvarez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
GALICIA
Xornalista. Fundou e dirixiu o semanario La Comarca (1919) e colaborou na revista Nós. Participou activamente no Seminario de Estudos Galegos e publicou Ribadeo antiguo. Noticias y documentos (1933) e Dos mil nombres gallegos (1952). Na súa vila natal creouse unha agrupación cultural co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor cómico e caricaturista. Coñecido como Tabarra, foi un dos fundadores do semanario compostelán Café con gotas e colaborou en xornais satíricos, como Barcelona Cómica e La Saeta. Autor do diálogo El Poeta y Orense, foi premiado polo xornal El Liberal en 1903.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Especialista en Historia Empresarial, Demografía e Economía da Poboación, foi membro da directiva do Arquivo da Emigración Galega e membro da Comisión Ejecutiva Nacional do PSdeG-PSOE (2000). Colaborador en numerosas publicacións e co-editor de Galicia-América. Unha contribución bibliográfica (1992) e de Base bibliográfica da emigración galega (1997), escribiu As relacións económicas entre Galicia e os países de destino da emigración (1995) e Cuba. Población y economía entre la independencia y la revolución (1999). Editou a revista Estudios Migratorios (1995-1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Fundou a revista Blanco y Negro en 1891, na que incorporou as últimas novidades técnicas para a prensa gráfica, e en 1903 o xornal ABC. En 1909 creou o grupo Prensa Española. Moi ligado á monarquía e aos sectores máis conservadores do país, foi deputado nas Cortes (1893) e senador (1903). Foi condecorado coas grandes cruces de Isabel la Católica e Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Especializouse en Paleografía e Diplomática na Universidade de Santiago de Compostela e foi secretario xeral da universidade (1961-1968), vicerrector (1968-1974) e reitor (1974-1975). Concelleiro e primeiro tenente de alcalde no concello de Santiago de Compostela (1955-1961), foi deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), presidiu a Confederación Gallega de Cajas de Ahorros (1965-1980) e foi vicepresidente da Caja de Ahorros de Galicia. Escribiu El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza (1951), La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro (1958), El archivo del monasterio de San Pedro de Ramiras en la Edad Media (1981), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995), El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media (1996) e El Archivo del Monasterio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Folclorista e escritor. Coñecido como Demófilo, dedicouse ao estudo do folclore, e colaborou e fundou diversas publicacións periódicas, como La Revista de Filosofía y Ciencias, La Enciclopedia e Ilustración Española. Da súa produción destacan De la poesía popular gallega (1880), Analogía y semejanza entre algunas adivinanzas gallegas y castellanas (1881) e Analogía entre algunas cántigas gallegas y otras coplas andaluzas, castellanas y catalanas (1885). Ademais, foi o creador da Biblioteca de las tradiciones populares españolas (1882-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de bádminton. Foi presidente da Federación Galega de Bádminton e secretario da Federación Galega de Tenis. Foi subcampión de España de bádminton de veteranos e campión de dobres e mixtos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias da Información na Universidad de Navarra. Iniciou o seu labor periodístico en La Noche e despois na emisora La Voz de Vigo. Foi director de La Voz de Extremadura e La Voz de Guipúzcoa (1963-1969). En 1979 ingresou na axencia EFE para a que foi delegado en Montevideo, Santiago de Chile e Santiago de Compostela, e rematou a súa carreira como director en El Ideal Gallego. Publicou El hijo del emigrante (2000) e Colmeiro, Laxeiro, Torres: tres pintores históricos de Pontevedra (2001). Recibiu o Premio Nacional Virgen del Carmen (1972), o Premio Nacional de Periodismo Turístico (1991), Premio Periodismo de Arte (1999) e a Medalla de Bronce de Galicia (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico psiquiatra. Profesor de psiquiatría da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, foi coordinador da Unidade de Psicoxeriatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo e membro da Sociedad Española de Psiquiatría, da Sociedad Española de Epidemiología Psiquiátrica, da Asociación Galega de Saúde Mental e da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Escribiu Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega, Suicidio e saúde mental e Demencia senil en Galicia: Epidemiología.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dirixente deportivo. Foi vicepresidente e presidente do R.C. Deportivo de La Coruña, vicepresidente e presidente da Federación Galega de Fútbol, vogal da Liga Nacional de Fútbol Aficionado, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe e presidente do Comité de Competición.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literaturas Latinas da Universidad de Oviedo (1975-1991) e de Filoloxía Latina na Universidad de Alcalá de Henares (1991), é doutor en Letras Clásicas pola Universidade de Boloña. Membro da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da Asociación Española de Literatura Comparada, é asesor da Biblioteca Clásica Gredos. Das súas obras destacan Notación de la aspiración consonántica en el latín de la República (1968), El Cancionero de Ripoll en el marco de la lírica mediolatina (Premio Menéndez Pelayo do Institut d’Estudis Catalans, 1973), Notas al texto de los Carmina erótica Rivipullensia (1975), Cantidad y estrutura silábica en la gramática antigua (2000) e Problemas de la originalidad de Horacio (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Gregas na Universidade de Santiago de Compostela, é membro da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan a participación no Dicionario Griego-Español, dirixido por Rodríguez Adrados, Sonantes y griego micénico (1973), Gramática de las inscripciones délficas (1973), A lingua galega hoxe (1976), As paráfrases do grego en Cabanillas (1977), O bilingüismo e os seus problemas (1980), Gallaecia y sus etimologías (2002) e Topónimos y leyes de Galicia (2003), ademais de numerosas traducións do grego ao galego. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia da Arte Antiga e Medieval na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Arte Medieval na Harvard University ata 1997, as súas investigacións centráronse na arte medieval, na escultura románica e gótica, na iconografía e na arte do Camiño de Santiago. Foi membro do comité para a elaboración do corpus da pintura mural románica española. Da súa obra destacan La primitiva fachada norte de la catedral de Santiago (1969), Escultura gótica en Galicia (1200-1350) (1975) e o libro homenaxe Patrimonio artístico de Galicia y otros estudios (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi presidente do Tribunal Superior de Justicia de Cantabria, da Audiencia de Sevilla e da sala do Contencioso-Administrativo da Coruña. Foi un dos fundadores de Justicia Democrática (1975) e participou na creación de Jueces para la Democracia (1983). Colaborador das revistas Justicia e Poder Judicial, é autor de Los comunistas y la reforma de la Administración de Justicia (1981), en colaboración con outros autores; El poder judicial (1986), en colaboración con Perfecto Andrés Ibáñez; El Estatuto de Autonomía de Cantabria. Perspectivas doctrinales y prácticas (1994), Libertades públicas y derecho administrativo (1994) e El compromiso cívico del juez demócrata: la labor periodística (1999). Postumamente, editouse o volume Homenaje a Claudio Movilla (1999), promovido pola Fundación Sotelo Blanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. En 1926 ingresou na facultade de Filosofía e Letras da Universidad Central e tivo como mestres a Menéndez Pidal e Navarro Tomás. En 1931 entrou a traballar no Centro de Estudios Históricos e percorreu, na compaña de Julio Atalaya, moitos lugares de Castela, León, e, sobre todo, Galicia e o occidente de Asturias, recollendo materiais para o Romancero general de España (Romancero tradicional de las lenguas hispánicas). Cando se iniciaron os traballos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pasou a formar parte do equipo encargado de facer o labor de campo. Xeograficamente percorreu Galicia e Portugal, as provincias de Valladolid, Segovia e Zamora e parte das de Palencia e Ávila. Estaba traballando no N de Portugal para o ALPI cando estalou a Guerra Civil Española; o 5 de agosto foi entregado polas autoridades lusitanas aos sublevados españois, que o encarceraron sucesivamente en Tui, na illa de San Simón, en Burgos e en Figueirido....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Exerceu en Verín e en Viveiro. Publicou en Douro-Litoral unha serie de voces galegas vivas en Verín, Viana, Celanova, Xinzo e Viveiro e que, posteriormente, a editorial Galaxia incluíu no apéndice “Vocabulario de voces que no figuran en el cuerpo de la obra” do Dicionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), de Eladio Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Inspector de Traballo e da Seguridade Social desde 1974, foi profesor no Seminario de Estudos Sociais de Vigo (1976-1980). No eido político, foi conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia (1990-1991), deputado autonómico polo PP (1989-1995), alcalde de Vigo (1995-1999) e senador por Pontevedra (1996-1997). Como alcalde de Vigo presidiu a Mancomunidade de Vigo (1997-1999), o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1995-1999) e a Fundación Provigo. Foi eurodeputado (1999-2004) e participou como voceiro na Comisión de Emprego e Asuntos Sociais, e como membro na Comisión de Pesca e na Delegación para as Relacións con Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Integrado no colectivo Paralelo 42, grupo formado por escritores e artistas plásticos, cultivou o relato e a novela. Da súa produción destacan Cuando Elena se fué (1980, Premio de Novela El Golpe), 9 de abril (1985, Premio de Contos Gabriel Miró), Las estaciones de la muerte (1985, Premio Constitución de Novela de la Junta de Extremadura), La vida innecesaria (1989, XIII Premio de Novela Corta Gabriel Sijé), Como se nada existisse (1994), Un montón de años tristes (1999) e Nembrot (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Licenciouse en Farmacia e Ciencias Fisicoquímicas na Universidad de Valladolid (1871). En 1890 conseguiu a cátedra de Química Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, en que permaneceu ata 1894, cando marchou á Universidad de Valladolid. Autor dun centenar de obras, destacan Principios de química mineral y orgánica (1898), Tratado elemental de química y sus aplicaciones a la medicina, artes e industrias (1917) e Cuestiones químicas y pedagógicas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO