"Alón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 299.

  • GALICIA

    Patrón de embarcacións a vela. Participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Participou na regata volta ao mundo. Entre as distincións coas que foi galardoado, destaca a Medalla de Prata de Galicia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura, pai de frei Martín Sarmiento. Formouse na arte da arquitectura e en humanidades en Santiago de Compostela. Traballou, entre outras obras, no claustro das Procesións no mosteiro de Samos e na colexiata de Villafranca del Bierzo, a onde se trasladou en 1681. En 1682 trasladouse a Pontevedra, onde foi correo maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Redactor da Enciclopedia Galega Universal. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1997), centrou as súas investigacións na Antigüidade mediterránea, con especial interese polo desenvolvemento do dereito e dos sistemas xudiciais da Hélade. Foi colaborador da revista especializada Anabasis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estandarte usado como insignia de guerra durante a Idade Media.

    2. Estandarte ou bandeira que pende dun pao traveseiro e que se empregaba como insignia dunha confraría, dun gremio ou dunha corporación. Xeralmente é dúas veces máis longo ca ancho e acaba en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que porta o gonfalón.

    2. Dignidade ou cargo que outorga a igrexa a un príncipe ou a outros personaxes, delegados para custodiar o gonfalón da Igrexa romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Foi pedreiro da catedral de Santiago de Compostela desde 1510. Realizou o sepulcro do rexedor de Santiago, Pedro Siso, na capela de Don Lope (1531). Con Xácome García traballou nas obras do claustro da catedral e foi mestre de obras do colexio de Santiago Alfeo (1532). Xunto con Xoán Pérez visitou as obras que se realizaban no concello de Santiago (1534). Traballou tamén no mosteiro de San Martiño Pinario con Rodrigo Díaz e Xoán Pérez (1539).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome industrial dos derivados fluorados, bromados e clorados dos hidrocarburos que se empregan como líquidos extintores e frigoríficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (s II - III) Mártir. Foi martirizada no 304, a consecuencia de gardar as Sagradas Escrituras así como diversos pergameos cristiáns na casa dos seus pais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Aragón, afluente do Ebro pola dereita (235 km). Nace na serra Ministra. Os seus principais afluentes son o Piedra e o Jiloca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presidenta da Fundación Penzol. Realizou a carreira de Maxisterio e en 1948 casou con Fermín Penzol. Compartiu a paixón pola cultura co seu home e, tralo seu pasamento (1981), foi nomeada presidenta da Fundación Penzol. Baixo a súa presidencia a fundación cambiou de sede e impulsou a informatización do proceso técnico dos fondos. En 2002 recibiu a Medalla Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, iluminador e director de escena. Iniciou a súa actividade profesional como actor en diversos grupos afeccionados de Vigo, onde tamén participou na creación de Esperpento, Teatro Joven, co que comezou a súa andaina como director e desde o que se promoveu a realización das Jornadas de Teatro. Entre 1974 e 1978 estivo en Madrid, onde participou na creación do grupo La Picota, co que dirixiu o espectáculo El señor Galíndez. En 1984 participou na posta en marcha do Centro Dramático Galego, e dirixiu o primeiro espectáculo da compañía, Woyzeck, para a que tamén realizou A noite vai como un río e A fiestra valdeira, actuando igualmente en traballos como Rosalía, A burla do galo e Daquel abrente. Desde 1995 a súa traxectoria profesional vinculouse á compañía Teatro do Atlántico, coa que dirixiu e actuou na maioría das producións, aínda que tamén colaborou como director noutras compañías, como Talía Teatro e Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, realizando espectáculos con textos de distintos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciador do conceptismo, a súa obra, de fondo relixioso, manipula equívocos. Entre as súas publicacións destacan Conceptos espirituales (1600), Los juegos de la Noche Buena en cien enigmas (1611) e Epigramas e hieroglíficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo e escritor. Coñecido como Florentino López Cuevillas, foi membro da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Formouse no Instituto de Ourense, onde recibiu as influencias do catedrático de Retórica e Poética Marcelo Macías. Ao rematar o bacharelato marchou a Santiago de Compostela, onde estudiou farmacia, e a Madrid. Na capital do Estado iniciou a carreira de Filosofía e Letras, unha licenciatura que non chegou a rematar, e comezou o seu labor profesional como funcionario do Ministerio da Gobernación. De regreso a Ourense compaxinou o seu labor político e investigador cun emprego na delegación de Facenda da súa vila natal. Os seus primeiros escritos políticos e literarios apareceron no periódico El Miño e posteriormente en La Centuria, con traballos de temática sociopolítica. 1920 é a data da fundación da revista Nós, na que participou moi directamente xunto con Vicente Risco, R. Otero Pedrayo e Castelao, entre outros. Alí editou o seu primeiro e máis destacado artigo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Lugo (1612-1624), desde onde impulsou as obras do seminario, fundado por L. Asensio Atedui. Para isto, adquiriu un xuro perpetuo sobre alcabalas reais e estivo rematado para acoller os seminaristas en 1624. Posteriormente foi bispo de Valladolid (1624-1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Iniciouse na música de xeito autodidacta, e compuxo a súa primeira obra Poema de réquiem (1979) con texto de Celso Emilio Ferreiro. Participou nos estudios de música electroacústica da Radio Finlandesa (1981) e da Academia de Música de Cracovia (1982). Dos premios que recibiu destacan o da Tribuna Internacional Gaudeamus (1981) por Polifonías I (1980-1981), o Cristóbal Halffter de Composición para Órgano (1983), por Afónica (1983), o da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982), en 1983, e en 1984 por Adieux (1983), e o do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España, (1984) por Nachtmusik III (1983). Taméndestacan as obras Viaje de Invierno (1980-1986) e Lubilaeum (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. De orixe galega, profesou no convento compostelán de San Domingos de Bonaval para despois ser electo como colexial no colexio de San Gregorio de Valladolid, do que tamén foi reitor (1522). Foi prior dos conventos de Palacios de Valduerna e Zamora, e predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Monxe agostiño e alumno de Antonio de Guevara e de Fray Luis de León, escribiu Libro de la conversión de la Magdalena (1588), peza fundamental da elocuencia sagrada escrita en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ideólogo socialista. Adherido á Primeira Internacional, foi membro do comité central da Comuna de París. Publicou Socialisme intégral (1891), en que defendeu un socialismo humanista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido malónico.

    VER O DETALLE DO TERMO