"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político. Entre 1968-1970 formou parte de Acción Católica. Cos gobernos da UCD foi Ministro de Agricultura e Vicepresidente Económico durante o mandato de Adolfo Suárez (1976-1979). Conservou a súa acta de deputado ata 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de abrillantar.
-
Que ten brillo e esplendor.
-
Defecto en forma de brillo e endurecemento superficial que teñen as pezas metálicas polo rozamento excesivo e continuado, especialmente algunhas ferramentas de corte como as fresas de canón, as cilíndricas con labios e as brocas.
-
-
-
Que serve para dar lustre e brillo.
-
Substancia que se emprega para abrillantar.
-
Máquina utilizada para dar brillo.
-
-
-
Acción de abrillantar.
-
Operación feita sobre todo nos coiros adobados ao cromo. Consiste en aplicarlles, cun cepillo ou cunha máquina, un apresto negro ou incoloro (a base de proteínas, laca ou resinas sintéticas) e sacarlles lustre cunha coitela de vidro ou cunha máquina de abrillantar.
-
Tratamento que se lles dá aos pavimentos e que consiste en aplicarlles ceras ou vernices.
-
Operación coa que os marmoristas polen a pedra frotándoa con auga, limaduras de chumbo e esmeril, posteriormente lústrana con augarrás e cera.
-
-
-
Facer brillante unha cousa.
-
Tallar en caras como un brillante.
-
Pintar ou bañar lixeiramente un alimento con xema de ovo, xarope, manteiga fundida ou xelatina, antes de cocelo no forno ou servilo na mesa, para facer máis atractiva a súa presentación.
-
Acabar o coiro de xeito que quede liso e lustroso utilizando a técnica do abrillantamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta leñosa do xénero Santolina, de follas pinnatisectas alternas, con capítulos florais formados só por flósculos amarelos sobre receptáculos convexos, con escamas entre os froitos en aquenio, angulosos e desprovistos de lanuxe. En Galicia están presentes S. chamaecyparissus cultivada como ornamental e naturalizada e S. rosmarinifolia que se atopa en pedregais.
-
PERSOEIRO
Financeiro alemán. Despois da Segunda Guerra Mundial, confíaselle a xestión da axuda do Plan Marshall na Alemaña Occidental. Foi membro do consello de administración dun gran número de empresas alemanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo tirado polo lingüista croata Žarco Muljačić do seu antecesor Heinz Kloss (1958) e que equivale a Lingua por Distancia. Este concepto fai referencia ás características internas dunha variedade lingüística fronte a Lingua por Elaboración ( Ausbau ) que alude ao compoñente socio-cultural que esta adquire da sociedade na que se insire. Segundo Muljačić, o galego é unha variedade de Lingua por Distancia Galego-Portuguesa derivada da fragmentación do latín na Gallaecia e que conta cunha certa cohesión interna e con trazos diferenciais fronte aos diasistemas veciños como o astur-leonés e o castelán. Esta Abstand Galego-Portuguesa deu lugar, á súa vez, a dúas Linguas por Elaboración: o portugués que se vén consolidando como Ausbau dende o século XVI -e que hoxe posúe un estándar europeo e outro americano- e o galego que o vén facendo dende o s XIX.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro suízo. Constructor de funiculares e ferrocarrís de montaña, foi o inventor dun sistema de cremalleira que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo granadino. É autor dunha cosmografía e dunha miscelánea das súas viaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e escritor en lingua árabe de orixe persa. É o fundador da escola xurídica hanafita, unha das catro escolas do Islam ortodoxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e comentarista alcoránico granadino, representante da tradición magrebí. É autor da primeira gramática do turco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Segundo Califa abásida (754-775). Arrebatoulles Medina aos descendentes de ‘Alī (762) ao tempo que comezaba a edificación de Bagdad, a onde trasladou a Corte. Malia que durante o seu reinado se proclamou a independencia do Al-Andalus (756) e o N de África se alzou na súa contra (770), consolidou o estado abbásida favorecendo a influencia persa na administración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta árabe e Príncipe hamdánida de Alepo (Siria). Recluído no cárcere de Constantinopla, escribiu unha serie de poemas de ton sentimental coñecidos como Rumyyat (Bizantinos).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico persa autor dun tratado de farmacoloxía (Libro dos fundamentos das auténticas propiedades dos medicamentos), un dos máis antigos documentos en prosa escritos en persa, onde describe numerosos e importantes feitos químicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico da familia dos Ibn Zuhr. A súa obra máis importante é o Kitāb altaysīr fi-l-mudāwāt wa-l-tad-bīr (Libro que facilita a terapéutica e a dieta), o máis importante tratado de medicina práctica da cultura árabe medieval, baseado en datos observacionais, non na opinión dos clásicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de València, Xátiva e Dénia. Gobernou València de xeito autónomo e fíxose chamar rei. Xaime I obrigouno a rendirlle vasalaxe no ano 1226. A súa incapacidade para facer fronte aos seus inimigos, aumentou a súa dependencia do rei catalán, que o obrigou a tributarlle numerosos impostos e a cederlle parte do seu territorio. Renegou do Islam e bautizouse co nome de Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro Valí independente de Mallorca (1208-1229). Durante o seu goberno Xaime I emprendeu a conquista de Mallorca. Derrotado despois dunha forte resistencia, foi torturado morrendo logo de poucas semanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Califa almohade. Sucedeu ao seu pai Abū Ya’qūb Yūsuf (1184). A súa atención preferente á fronte aberta polos almorábides no Reino de Mallorca favoreceu o avance dos cristiáns en terra firme, situación que o levou a enfrontarse contra os cristiáns en Alarcos (1195), onde derrotou a Afonso VIII de Castela, derradeira gran vitoria musulmá no Al-Andalus.
VER O DETALLE DO TERMO