"Arad" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 227.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico de John Milton, publicado en dous cantos en 1667 e en doce en 1674. Seguindo as formas da épica clásica e modelo da poesía cristiá heroica, o autor presenta como tema principal a caída dos anxos rebeldes e a fuxida de Adán e Eva do Paraíso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das liliáceas, que presentan rizomas curtos, follas lineares, con flores en forma de campá e pedunculadas agrupadas en acio. En Galicia atópase a especie P. lusitanica.
-
-
Relativo ou pertencente aos paradiseídeos.
-
Ave da familia dos paradiseídeos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, de 16 a 120 cm, que teñen o bico forte, as patas robustas e presentan un marcado dimorfismo sexual, xa que a plumaxe dos machos é de cores relucentes e formas vistosas e orixinais. Coñécense co nome xeral de aves do paraíso, e viven en Nova Guinea, nas illas Molucas e no NL de Australia.
-
-
PERSOEIRO
Clavecinista e compositor italiano. Discípulo de Porpora, marchou a Londres en 1747 para exercer como profesor de clavecín. Cara ao final da súa vida regresou a Italia. Dos seus traballos, algúns conservados no Fitzwilliam Museum de Cambridge, destacan varias sonatas e tocatas para clavecín, as óperas Alessandro in Persia (1738) e Faetón (1745), e 12 Sonate di gravicembalo (1746).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao paraíso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sarkis Parajanian.
-
-
parar.
-
Que non ten iniciativa nin decisión.
-
Que ou quen está sen emprego.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Panca que detén o muíño ao cortarlle o subministro de auga.
-
-
Lugar onde está ou foi parar algo ou alguén.
-
Estado ao que vai chegar algo ou alguén.
-
-
-
Hostal onde paraban a comer e durmir os viaxantes.
-
Hotel de luxo que se sitúa en paraxes de interese turístico aproveitando normalmente edificios antigos. A súa orixe está en 1910 cando o goberno encargou a creación dunha rede hoteleira. Entre 1926 e 1928 construíuse o primeiro parador na serra de Gredos, contando co apoio do Rei Afonso XIII. Están integrados na sociedade Paradores. OBS: Tamén se denomina parador nacional de turismo ou parador de turismo.
-
-
-
Que inclúe un paradoxo.
-
Que ten un comportamento contrario ao que defende. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atribución a un mesmo suxeito de dúas calidades que parecen excluírse. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Idea contraria á opinión común.
-
Aserción inverosímil pero con aparencia de verdadeira.
-
-
Enunciado ou razoamento que leva a dúas conclusións mutuamente contraditorias pero que de ningunha das dúas se pode prescindir. Normalmente identificable coa antinomía e mesmo coa aporía, o paradoxo ten un significado máis amplo. Estes paradoxos que fan unha autorreferencia adoitan ser típicos nos paradoxos semánticos ou lingüísticos. En canto aos que derivan da aceptación de dúas premisas, pódese dicir que non son propiamente paradoxos, porque ou ben as premisas carecen de precisión ou ben son falsas. Outros son os matemáticos cun resultado falso pero demostrado cientificamente, como os de Zenón de Elea (o paradoxo de Aquiles e a tartaruga), Cantor, ou o dobre paradoxo de Russell.
-
Figura retórica que consiste en empregar expresións aparentemente contraditorias.
-
paradoxo dos xemelgos.
-
Paradoxo que consiste no feito de que cantidades moi diferentes dun líquido introducidas en recipientes diferentes poden producir, sobre o fondo dos respectivos recipientes, a mesma presión, se as formas destes son as adecuadas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bandada de paxaros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
apigarado.
-
MONTES
Monte situado no O da parroquia de Castro Barbudo (Ponte Caldelas). O seu cumio acada os 546 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Serbia, incorporada en 1931, á cidade de Novi Sad.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de capacidade eléctrica que equivale a 10-12 farad.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolò di Pietro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
apigarado.