"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das esterculiáceas, de follas alternas, flores agrupadas e froitos leñosos. Orixinario de Oceanía, algunhas especies son apreciadas en Europa como ornamentais. Nos parques e xardíns galegos pódese atopar B. populneum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das poáceas, perennes ou anuais, de ata 100 cm de altura, con rizomas longos, lígula membranosa, inflorescencias espiciformes e glumas desiguais. En Galicia son comúns as especies B. pinnatum, propia de ambientes secos, e B. sylvaticum, propia de bosques e lugares sombrizos.
-
PERSOEIRO
Escritor, pastor protestante e avogado norteamericano. É autor de Modern Chivalry (Cabalería moderna, 1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de fotografar diferentes imaxes dun mesmo obxecto ou motivo con distintos niveis de exposición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de liñas do espectro atómico do hidróxeno, que corresponden ás transicións ao nivel do número cuántico principal n= 4. Está situada na parte infravermella do espectro.
-
-
-
Órgano foliáceo de estrutura máis simple cá das follas normais, e de forma, medida, coloración, etc, distintas destas e das pezas da corola. Está situado preto das flores, que nacen, a miúdo, na axila das brácteas (brácteas nais ou floríferas). Ás veces, adoptan formas vistosas e cambian os pétalos para atraer os insectos.
-
Cada unha das estruturas unicelulares que nas caroficies envolven os órganos reprodutores.
-
Cada un dos filidos máis grandes ca os normais que forman o involucro dos brións e das hepáticas talosas.
-
-
Folla de metal batido, moi fina, xeralmente de ouro ou prata. Usábase na Antigüidade en Oriente, en Grecia e en Roma para fabricar xoias ou para revestir obxectos.
-
-
-
Que ten unha bráctea ou varias brácteas.
-
Moeda acuñada enriba dunha folla metálica moi fina cun cuño que bate só por unha cara, onde aparece o debuxo en relevo; na outra cara, aparece o mesmo debuxo pero con relevos inversos. Foi unha técnica moi empregada en Alemaña na época medieval.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás brácteas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma ou natureza de bráctea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla, xeralmente pequena, que nace na base do pedicelo floral. Este termo emprégase, sobre todo, cando hai tamén brácteas situadas no pedúnculo da inflorescencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten bractéolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás bractéolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moitas brácteas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Devonshire 1216? - Exeter 1268) Xurista e clérigo inglés. Foi un dos primeiros escritores ingleses en materia xurídica. Destaca o seu tratado De Legibus et consuetudinibus Angliae (Sobre as leis e os costumes ingleses, 1256).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axitarse o corpo con pequenos movementos continuos e involuntarios por mor do frío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abracar.
-
PERSOEIRO
Novelista norteamericano de ciencia fición. As súas obras futuristas amosan unha crítica cultural, para evitar os perigos dunha futura organización tecnocrática da sociedade. Publicou The Illustrated Man (O home ilustrado, 1951 e Fahrenheit 451 (1953). Tamén destacan The Martian Chronicles (Crónicas de Marte, 1950), A Medicine for Melancholy (A medicina da saudade, 1959), The Machineries of Joy (As máquinarias de xogo, 1964), The Small Assassin (O pequeno asasino, 1973), e as obras teatrais The Wonderful Ice-Cream Suit (O marabilloso traxe de xeado, 1972), Death is a Lonely Business (A morte é un asunto solitario, 1986), A Great Yard fort Lunatics (Un gran patio para lunáticos, 1989) e The Toynbee Convector (O quentador Toynbee, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado metropolitano inglés de West Yorkshire situada nos contrafortes de serra Penina (483.422 h [1996]). Dende o s XIX foi o centro comercial dos tecidos téxtiles ingleses (la, veludo e sedas), que co tempo se transformou nun núcleo téxtil moi importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘lento’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arritmia que consiste nun latexo cardíaco lento e irregular. Normalmente aplícase á fibrilación auricular lenta.