"Francisco" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 574.
-
GALICIA
Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Militante comunista, trala Guerra Civil estivo preso no campo de traballo mineiro de Casaio, nos contrafortes da serra do Eixe, de onde fuxiu. Incorporouse ás guerrillas que actuaban na zona e participou en diversas accións que se levaron a cabo na confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León, ámbito de actuación da Iª Agrupación Guerrilleira. En 1945 foi elixido, en representación dos militantes comunistas guerrilleiros, comisario adxunto ao Estado Mayor de la Federación Nacional de Guerrillas. Foi partidario de superar as diferencias políticas existentes entre os guerrilleiros, principalmente entre comunistas, por unha banda, e socialistas, anarquistas e republicanos pola outra, e formar un bloque único. Participou no chamado Congreso de Reunificación, celebrado no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946, onde morreu a mans da Garda Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Dereito (1802) pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en Ourense como avogado e dende 1820 como xuíz. Elixido deputado a Cortes polo Partido Liberal en 1821, formou parte da comisión do Tribunal de Cortes. Trala caída dos liberais, os absolutistas ourensáns obrigárono a exiliarse. Trasladouse á Coruña, onde foi decano do colexio de avogados da cidade. En 1838 nomeárono maxistrado da Audiencia de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Helenista e reformador. Entrou en contacto cos pensadores reformadores na Universidade de Louvain en 1539. Acudiu a Wittenberg á casa de F. Melanchton, quen o animou a traducir o Novo Testamento ao castelán. Rematado o traballo, marchou a Anveres a publicalo (1543). Levoulle a súa obra ao Emperador Carlos V, pero despois de examinado o libro foi encarcerado en Bruxelas. Fuxiu e refuxiouse en Inglaterra onde, grazas á recomendación de F. Melanchton, lle concederon a cátedra de Grego en Cambridge.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi director da Coral de Bilbao e creador da Banda Municipal de Donostia. Entre as súas composicións salientan El sueño de un bailarín (1944), Concierto vasco para piano e orquestra (1947), Illeta (Premio Iparaguirre da Deputación Foral de Gipuzkoa, 1953), Zigor (1963), Tonemas (1982), Gernika (1987), Quinta Sinfonía: Ultreia (1994) e Gnosis (1996). Foi galardoado en tres ocasións co Premio Nacional de Música e ademais recibiu o Premio Nacional de Bellas Artes (1937), pola obra Trío bucólico, o Premio Nacional Manuel de Falla, a Medalla da Deputación Foral de Gipuzkoa (1992), a Medalla do Concello de Donostia (1992), a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (1997) e a Medalla da Sociedad de Autores y Editores (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor dominicano. Loitou pola independencia na segunda dominación española. Unha vez restaurada a República, foi elixido presidente (1876), cargo ao que renunciou seis meses despois tras facer fronte a varios alzamentos rebeldes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Eugenio de Santa Cruz y Espejo.
-
GALICIA
Fotógrafo. As súas creacións apareceron en diversas publicacións como Atlántico Express, Mancomún, Cuadernos de Psicoloxía e Artesonado. Cómpre destacar a súa participación nas seguintes mostras colectivas: I Fotobienal de Vigo (1984), I Bienal Lucense de Fotografía (1985), exposición Ollares no Tempo (A Coruña, 1985); mostra Foco de fotografía contemporánea (Madrid, 1985); exhibición Cuatro por Veinte (Lugo, 1988); II Mostra Fotográfica de Lugo (1989); e mostra do Outono Fotográfico (Ourense, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Foi coñecido como Espoz y Mina, apelido do seu pai que adoptou durante a Guerra da Independencia, na que participou á fronte das guerrillas de Navarra e na toma de Zaragoza. Tralo regreso de Fernando VII liderou un pronunciamento liberal en Pamplona (1814) que non tivo éxito polo que se viu obrigado a exiliarse. Regresou durante o Trienio Constitucional, período no que foi capitán xeral de Galicia (1821) e de Catalunya, e dedicouse a combater as partidas absolutistas. A volta de Fernando VII supuxo o seu exilio a Francia, onde permaneceu ata 1834 e dende onde realizou algunhas incursións en España para atentar contra o absolutismo. Amnistiado por María Cristina de Borbón, foi vicerrei de Navarra (1834-1835) e capitán xeral de Catalunya (1835-1836), cargos dende os que combateu o carlismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Espoz e Ilundain.
-
GALICIA
Relixioso. Emigrou á Arxentina e ingresou no convento de Santo Domingo de Bos Aires en 1858. Ordenado sacerdote en 1863, graduouse en teoloxía en Roma. Regresou a Bos Aires e ocupou os cargos de mestre de novicios e estudiantes e lector de teoloxía no convento de San Telmo. Foi prior no convento de Córdoba entre 1883 e 1886. Publicou La Devoción y la Cofradía del Santísimo Nombre de Jesús (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Fixo dúas expedicións de Cumaná ao río Chuspa (1555-1557) e fundou Rosario e o poboado que posteriormente deu orixe a Caracas (1559).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cosmógrafo portugués. Ao servizo da monarquía hispánica desde 1517, traballou en Sevilla nos proxectos de circunnavegación de F. de Magalhães. Foi o autor de Tratado de la sphera y del arte de marear (1535).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou un lenzo co tema da Adoración dos Reis para o refectorio do mosteiro de San Martiño Pinario (1671).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Galicia. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín Auriense, Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial e El Museo de Pontevedra. Foi autor de obras como Estudios de numismática romana (1973), Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense (1994) e Xesús Ferro Couselo: ensinante, galeguista, arqueólogo, erudito, investigador, o protector do noso patrimonio cultural (1996); e coautor, entre outros, de Museo Arqueolóxico, Ourense (1995) e O convento de San Francisco de Ourense (2000). Membro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega, representou o distrito de Redondela entre 1893 e 1910. No goberno presidido polo marqués de la Vega, nomeouno ministro de Fomento (4.12.1906-25.01.1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Militou no Partido Liberal e foi elixido deputado por Redondela (1910-1916). Xestionou a construción e mellora das infraestruturas viarias para Redondela.
VER O DETALLE DO TERMO