"Māra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno mar situado entre o NO da península da Anatolia e a Turquía europea (11.500 km2). O estreito de Bósforo e o de Dardanelos comunicano co Mar Negro e o Exeo, respectivamente.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi secretario de Estado (1961-1968) nos gobernos de John F. Kennedy e Lyndon B. Johnson, e iniciou as negociacións de paz da Guerra de Vietnam. Presidiu o Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento (1968-1981) e escribiu The Essence of Security (1968) e The Tragedy and Lessons of Vietnam (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (9.943 km2; 1.517.931 h [2000]). A capital é Nakhon Si Thammarat (118.764 h [2000]).
-
PERSOEIRO
Poeta, xornalista e crítico literario mexicano. De formación modernista e cunha técnica obxectiva e depurada, recolleu algúns elementos da paisaxe e da natureza do seu lugar natal. Das súas obras destacan Colores en el mar y otros poemas (1921), Seis, siete poemas (1924), Hora y 20 (1927), Camino (1929), Hora de junio (1937), Recinto (1941), Subordinaciones (1948), Práctica de vuelo (1956) e Material poético (1962). Foi elixido membro da Academia Mexicana de la Lengua (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.688 h [2001]). A agricultura dedícase á forraxe, ao olivo, aos melocotoeiros e á viña. Ten industrias de recuperación e reciclaxe de pilas e aparatos domésticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de linguas do phylum amerindio que inclúe a lingua quechua e a lingua aimará.
-
-
Ensanche que ten a ánima do canón dunha arma de fogo no extremo oposto á boca, onde se pon ou pasa automaticamente o cartucho que vai ser disparado.
-
Cámara situada ao lado doutra maior ou dormitorio, destinada xeralmente a gardar vestidos ou obxectos de valor.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Juan de Padrón, educouse na corte de Xoán II, de quen posiblemente foi paxe. Escribiu a novela sentimental El siervo libre de amor (1449) e as obras Triunfo de las donas e Cadira del honor. Probable autor dos romances Conde Arnaldos e Rosa florida, escribiu o Bursario, unha tradución parcial das Heroidas de Ovidio. Algúns dos seus poemas figuran no Cancioneiro de Baena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, diplomático e escritor brasileiro. Como escritor inclúese na xeración de 1930, caracterizada por unha nova visión do regionalismo deitada cara ao neorrealismo. Na súa produción destacan Sagarana (1946) e Grande Sertão: Veredas (1956), nos que aparece retratado o mundo do sertão brasileiro. Outro aspecto destacable na súa obra é a concepción da estória, para el esta debe reflectir o estalo do misto ao ser acendido. Ademais, emprega unha linguaxe con moitos neoloxismos e usa palabras populares propias do sertão, reinventándoas nalgúns casos. A súa concepción da estória e da linguaxe influíu en escritores africanos en lingua portuguesa, como José Luandino Vieira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito aqueniforme provisto dunha prolongación membranosa en forma de ás, que facilita a súa dispersión mediante o vento.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.146.000 [1997]). É un porto situado na beira dereita do Volga, na desembocadura do río Samara. Posúe construcións mecánicas, refinarías de petróleo, industria do metal e alimentaria e produción de materiais para a construción. Fundada en 1856, entre 1935 e 1991 chamouse Kujbyšev.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (53.600 km2; 3.305.600 h [estim 1999]). A súa capital é Samara. Entre 1935 e 1991 chamouse Kujbyšev.
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do Volga, Rusia (575 km). Nace na parte N das montañas de Obščij Syrt e desemboca no pantano Kujbyšev.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Membro da Resistencia grega durante a ocupación nazi, ao ser descuberto foi condenado a morte. Considerado un dos máis destacados escritores gregos da súa xeración, denunciou en moitas das súas obras a represión como en O erro (1965), de carácter policial e político.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente deportivo e diplomático. Seleccionador nacional de hockey a patíns, foi presidente da federación española deste deporte e do Comité Olímpico Español (1967-1970). Membro do Comité Olímpico Internacional desde 1966, foi o seu vicepresidente (1974-1978) e presidente (1980-2001), durante cuxo mandato Barcelona foi elixida (1986) para organizar os Xogos Olímpicos de 1992. Presidiu a Deputación de Barcelona (1973-1977) e foi embaixador na Unión Soviética (1977-1980). Foi presidente da Caixa de Pensions (1987-1999), que baixo o seu mandato pasou a ser a Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de San Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Doutor en Ciencias Naturais pola Universidad de Madrid, en 1911 foi nomeado catedrático de Xeografía Física e Xeoloxía Dinámica da Universitat de Barcelona. En 1942 trasladouse a Madrid, onde foi catedrático de Petrografía e Estratigrafía. Director do Museo Nacional de Ciencias Naturales (1956-1961), fundou e dirixiu o Instituto Lucas Mallada do CSIC. Escribiu Las clasificaciones mineralógicas cualitativas y cuantitativas (1941) e Estudia de los minerales petrográficos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Foi construída en estilo románico no s XII e reconstruída a finais do s XVI. Ten planta rectangular. A ábsida é cadrada e comunícase cunha pequena sancristía dun lado e coa capela-panteón dos condes de Torre Penela. O arco triunfal, de medio punto dobrado, descansa sobre dúas columnas. En 1650 construíuse a capela-panteón de planta hexagonal, cuberta con bóveda de casetóns. No interior destacan as esculturas funerarias dos primeiros condes e dos seus inmediatos sucesores (1719). Conserva brasóns no interior e no exterior do edificio.
VER O DETALLE DO TERMO