"Marc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 524.

  • GALICIA

    Comarca do extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca da Mariña Oriental e o Principado de Asturias, ao S coa comarca dos Ancares, ao L co Principado de Asturias e ao O coas comarcas de Meira e Lugo. Abrangue unha superficie de 679,5 km2nos que acolle unha poboación de 7.175 h (2001), distribuídos nos concellos de Baleira (168,8 km2; 1.834 h), A Fonsagrada (438,4 km2; 5.082 h) e Negueira de Muñiz (72,3 km2; 259 h). O núcleo reitor indiscutible é a vila de A Fonsagrada, importante centro comercial e de servicios xa dende o s XVII, que ademais é cabeza de partido xudicial, do que dependen xunto cos tres concellos que forman a comarca, os de Ribeira de Piquín e Meira. A Fonsagrada e Negueira de Muñiz presenta unha cohesión moi forte e un total grao de integración funcional. En cambio, Baleira, malia que mantén vinculacións administrativas e comerciais coa cabeceira comarcal, depende funcionalmente en boa medida de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Foi pretor (193 a C) e procónsul na Hispania Ulterior (190 a C), onde venceu os celtiberos e capturou o seu xefe Hermo, preto de Toletum. Cónsul no 189 a C, conquistou Etolia e máis tarde foi censor xunto a E. Lépido (179 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi profesor na Universitat de València (1985-1991) e desde 1991 é profesor de historia antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Participou como investigador principal no proxecto Sociedade e Cultura Material na Protohistoria do Noroeste Peninsular (1999-2000). Especializouse nas relacións entre pensamento e sociedade, e na historia da Hispania Antiga e os seus paralelos europeos. É membro dos consellos de redacción de Gallaecia (1996) e Cuadernos de Estudios Galegos (2002). Escribiu A vida cotiá na Galicia Castrexa (1998), El Rey melancólico: antropología de los fragmentos de Heráclito (1992), Las Religiones en la historia de Galicia (1996), Mitología y mitos de la Hispania prerromana III (1999) e Mitos hispánicos: la Edad antigua (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación política editada en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1812. Cesou a súa edición o 30 de decembro de 1813. Dirixiuna Xoán Bautista Caamiña. Impresa nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, saía todos os mércores e sábados. Erixiuse no substituto de “El Patriota Compostelano” e “El Cartel”. Incluíu extractos das sesións das Cortes de Cádiz, comunicados e noticias estranxeiras e de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (798-810). Resistiu as acometidas de Carlomagno (800) e comezou a construción dunha serie de fortificacións entre os fiordes Sli e Eider. Detivo o avance dos vendos ao destruír Reric, unha das súas marcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo e etnógrafo. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Bases para unha antropoloxía aplicada na Galicia rural (1979), A Morte (1987), Romeiros do alén (1989, Premio da Crítica 1990), Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega (1991), Espiritados. Ensaios de Etnopsiquiatría galega (1992), en colaboración con E. González Fernández, Crítica da razón galega: entre nós-mesmos e nós-outros (1993). É membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudios Galegos do CSIC, do Padroado do Museo do Pobo Galego, da European Association of Social Anthropology (EASA) e do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Locutor radiofónico. Desenvolveu o seu labor no departamento de relacións públicas da Cadena SER. Foi delegado en Lugo de La Región e colaborador da Televisión Española en Galicia. A partir de 1968 traballou en Radio Popular de Lugo. Publicou os guións de radio El Dios de Roma que lloró por Lugo (1979), Salou, novia del mar (1980) e Medio cento de galegos e Rosalía (1983). Obtivo o Premio Galicia de Xornalismo (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (826?-863?). Loitou contra os fillos de Godofredo I de Dinamarca axudado por Ludovico Pío, a cambio da súa conversión ao cristianismo. Bautizado xunto coa súa familia no 826, facilitou a chegada a Dinamarca de santo Anscario, que evanxelizou o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (940?-986?), fillo de Gorm o Vello. Estendeu a soberanía danesa ao S de Noruega e rexeitou os vendos no Hoder. Tolerante co cristianismo ao que se converteu no 966, foi vencido por un grupo de nobres rivais entre os que se encontraba o seu fillo Sven I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (218-222). De nome Sexto Vario Avito Basiano, foi sacerdote do deus Elagabalus en Émesa, a súa avoa, Xulia Mesa, fíxoo pasar como fillo natural de Caracalla e foi proclamado emperador polo exército. Chegou a Roma en 219 e introduciu o culto ao seu deus, mentres que deixou o goberno nas mans da sua nai Xulia Soemias e da súa avoa. En 222 asociou ao trono ao seu primo Alexianus, que reinou como Alexandre Severo trala súa morte ás mans dos pretorianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral. Coñecido como Marcos Orsi, comezou a súa carreira en Galicia da man do grupo Ollomol Teatro Submarino, que máis tarde se converteu na compañía Ollomoltranvía. Participou na maioría das montaxes deste grupo, entre as que destacan Commedia: un xoguete para Goldoni (1993), Raíñas de pedra (1994), Qui pro Quo (1998), ÑikiÑaque (2000) ou Policía (2001). Tamén traballou en diversas obras postas en escena polo CDG como O incerto señor Don Hamlet (1991) ou Un soño de verán (1992). Así mesmo, interpretou distintos papeis en series de televisión como Pratos combinados ou Fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Despois de colaborar en diversos medios de comunicación escrita, fundou   en Port-Bou o periódico Tramontana (1924). Posteriormente, foi redactor de El Correo de Galicia. Escribiu La Puerta del Sol (1930), os dramas Noche de amor y misterio (1935) e De fiada (1935), e a zarzuela El estudante de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática de Álvaro Cunqueiro, escrita no ano 1958. O Hamlet de Álvaro Cunqueiro remite á traxedia da vinganza (revenge tragedy) de W. Shakespeare, pero incorpora ingredientes edípicos e elementos típicos do teatro do s XX. Dunha textura erudita e mítica, profundamente lírica, a peza presenta como novidade no asunto hamletiano o descubrimento da verdadeira paternidade de Hamlet, verificada a través da técnica do teatro dentro do teatro, técnica que xa estaba presente na peza de Shakespeare. Pesimista, tráxica e existencialista, a obra acaba sendo unha grave e reiterativa interrogación sobre a existencia humana, e dentro dese universo, sobre o sentido e a esencia do amor. O 31 de agosto de 1959 foi estreada baixo a dirección de Antón Naveyra, polo grupo Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña. En 1991 o Centro Dramático Galego, coa dirección de Ricard Salvat, promoveu a primeira representación profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode murchar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • inmarcescible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Traballou no Instituto de Xordomudos de París e escribiu o primeiro tratado importante de otoloxía Traité des maladies de l’oreille et de l’audition (1821). As súas investigacións no campo da educación constituíron o punto de partida da pedagoxía científica de M. Montessori. Está considerado un dos fundadores da endocrinoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina, cantante e actriz. Coñecida como Zizi Jeanmaire, en 1939 debutou no ballet da Ópera de París. Actuou nunha ducia de filmes e gravou discos con outros cantantes franceses. Co seu marido, Roland Petit, dirixiu o Casino de París (1969-1972), e posteriormente colaborou no ballet de Marsella, que dirixiu ela mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e moralista francés. O seu ciclo de Chaminadour revelouno como un gran estilista e, sobre todo, un renovador da inspiración novelesca. Está considerado como un dos precursores da nouveau roman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. De profesión tapiceiro e de ideoloxía anarquista, foi compañeiro de Ricardo Mella na súa militancia internacionalista na década de 1880. Foi un dos fundadores da Sociedad de Carpinteros de Santiago de Compostela (1894) ata que, trala folga de 1898, estivo na cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet.

    VER O DETALLE DO TERMO