"Marin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 276.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Camariñas, fundado en 1996 por iniciativa do concello e dedicado ao encaixe. Os obxectivos que persegue son promover o coñecemento e a difusión do encaixe de palillos, unha actividade tradicional no concello e na comarca de Terra de Soneira; a recuperación de pezas antigas e tradicionais e deseños característicos da zona; a potenciación do desenvolvemento e evolución do sector encaixeiro, así como servir de centro de investigación, documentación e consulta sobre o encaixe en Camariñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Marín a partir de 1909, que cesou en 1912. Apareceu en 1897 coa cabeceira El Eco de Marín, fundado por Sabas B. Catá, e en épocas sucesivas denominouse El Marinense, Nuevo Marín e novamente El Eco de Marín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada na década de 1980, que introduciu novas técnicas e habilidades escénicas no panorama teatral galego. En 1993 fusionouse con Tranvía Teatro para dar lugar á compañía Ollomoltranvía. Da súa produción destacan Moleques (1991) ou Fas e Nefas, dirixida por Xan Cejudo (1991)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Paradela, Portomarín e Guntín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe con orixe en Betanzos. Trae como armas, en campo de ouro, unha banda de goles.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as praias de Caldebarcos e San Mamede, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Corrixidor de Cartagena, foi adiantado e capitán xeneral de Murcia. Como gobernador de Filipinas (1590-1593) asegurou a defensa do arquipélago, ao tempo que apoiou o seu desenvolvemento cultural, comercial e marítimo. Durante unha expedición ás illas Molucas, os tripulantes da galera onde viaxaba asasinárono. Débeselle a impresión das Doctrinas Cristianas, unha en tagalo e outra en chinés, primeiras mostras da imprenta filipina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, fillo de Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneyra. Cabaleiro da orde de Calatrava, foi capitán en Flandres e sucedeu a seu pai no goberno de Filipinas (1593-1595) e conseguiu evitar o ataque dos chineses a Manila, ademais de pacificar Isabela e outros territorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre. Señor das Mariñas e de Mesía, defendeu a cidade da Coruña ante o conde de Benavente, R. Pimentel, e participou na Batalla de Altamira (1471) contra Alonso de Fonseca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi maxistrado na Audiencia Nacional e no gabinete técnico do Tribunal Supremo, e voceiro da asociación Jueces para la Democracia. Deputado independente polo PSOE (1993-1997), foi voceiro na comisión de Xustiza e Interior (1993-1995). Alcalde de Vigo en 2003, perdeu o cargo por unha cuestión de confianza. Escribiu as obras Justicia y delito (1981), La reforma del proceso penal (1990) e La influencia del cambio socio-político en los delitos contra la honestidad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter comarcal editada en Betanzos a partir de 1997. Estaba dirixida por Coté Abarrategui e integrada no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu información municipal, deportiva, cultural e de sociedade en Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Vilamaior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Fillo de Johan Rodrigues de Valadares e Teresa Anes Marinho, e activo a finais do s XIII segundo consta na documentación da chancelaría de Sancho IV, dubídase sobre o seu parentesco cos tamén trobadores Martin e Osoir’Anes Marinho. Puido ter certa relación con Johan Vasquiz de Talaveira e, en tempos de Afonso X, con Johan Airas. Incluso puido seguir activo no reinado de Fernando IV, a quen acompañaría na conquista de Alxeciras. Da súa obra consérvase unha cantiga de amor, “Boa ssenhor, o que me foy miscrar”, dirixida contra todos aqueles que pretenden dispoñer a señor contra o amado, e que se presenta como un contrafactum ou resposta a outra cantiga de amigo elaborada por Johan Airas. Ambas as dúas composicións repiten a fórmula silábica e o esquema estrófico e rítmico. No seu contido, onde se amosa innovador, como no emprego de ‘dizedor’, identificado con ‘intrigante’, presenta un léxico pouco utilizado noutras composicións de características semellantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Construída en 1671, sufriu reformas posteriores. Ten planta de cruz latina, cunha soa nave e tres capelas. A nave cóbrese con bóveda de canón e arco de medio punto rebaixado, e as capelas laterais con bóveda de canón e de cruzaría. Destacan varios retablos barrocos, así como as pinturas murais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista italiano. Traballou sobre todo en Milán, onde reformou o Palazzo Reale en estilo neoclásico (1769-1778), proxectou o Palazzo Belgioioso (1777) e o Teatro alla Scala (1776-1778). Urbanizou a Piazza dell’Arcivescovado (1780), proxectou a Via Santa Radegonda (1783) e varios xardíns públicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Cofundadora do Teatro do Antroido, participou nos espectáculos Amor e crimes de Xan Panteira (1975), de Blanco-Amor, Bailadela da morte ditosa (1980), de Euloxio Ruibal, e, co Centro Dramático Galego, en Woyzeck (1985), de G. Büchner. Ademais de desenvolver diversos proxectos para televisión desde a década de 1980, nas pantallas cinematográficas protagonizou, en 1989, un dos episodios que compoñen a longametraxe Urxa (C. A. López Piñeiro e A. García Pinal). En 1991 participou en Martes de Carnaval (Pedro Carvajal e Fernando Bauluz), en 1997 en A noiva de medianoite (Antonio F. Simón), en 2000 na curtametraxe O río ten mans (B. del Monte), en 2004 na longametraxe León y Olvido, entre 2004-2005 interpretou a Maruxa en 4º sen ascensor. No 2008 destaca o seu papel de Dorinda en Os Atlánticos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Nicolao que dá nome ao concello de Portomarín, onde está a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Lugo, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no centro-oeste da provincia de Lugo, a 42° 48’ de latitude N e 7° 37’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Guntín (comarca de Lugo), ao L co Páramo e Paradela (ambos os dous na comarca de Sarria), ao S con Taboada (comarca de Chantada) e ao O con Monterroso (comarca da Ulloa). Abrangue unha superficie de 115,1 km2, en que acolle unha poboación de 1.898 h (2007), distribuída nas parroquias de Bagude, Caborrecelle, O Castro de Soengas, Castromaior, Cortapezas, Fiz de Rozas, Gonzar, León, Narón, Nespereira, Portomarín (San Nicolao), Portomarín (San Pedro), Recelle, Sabadelle, San Mamede de Belaz, San Mamede do Río, Soengas, Vedro, Vilarbasín e Vilaxuste. A capital do concello é Portomarín, situada a 28 km ao S da cidade de Lugo e a 108 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Chantada.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Sitúase... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Trátase dunha ponte medieval de laxes de xisto, asolagada polo encoro de Belesar. Sitúase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago.