"Oín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • PERSOEIRO

    Físico e naturalista francés. Iniciador da metalografía, estudou os metais e as aliaxes de ferro e ideou a escala de temperatura que leva o seu nome. Tamén estudou os insectos, os crustáceos e os peixes. Amosouse contrario á teoría da xeración espontánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inhibición dunha reacción por acumulación do produto final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como conde de Rivarol, foi un personaxe apreciado e temido nos salóns literarios de París. Escribiu Discours sur l’universalité de la langue française (1784), premiado pola Academia de Berlín (1871), e o Discours préliminaire (1797) dun Nouveau Ditionaire de la langue francaise, que non se chegou a rematar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e piloto francés. Piloto civil da sociedade Latécoére (1926), levou a cabo diversas misións, algunhas das cales lle inspiraron as primeiras novelas. Sufriu un grave accidente en 1937. Mobilizado durante a Segunda Guerra Mundial, en 1943 foi destinado a Sardeña. Trasladado a Córsega (1944), saíu en misión, onde morreu. Das súas obras destacan Vol de nuit (1931) e Le petit prince (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Partidario de M. de Robespierre, formou parte do Comité de Salvación Pública (1793-1794). Entregado á Revolución Francesa, reorganizou os exércitos do Rin e do norte e iniciou unha política de reformas sociais. Morreu guillotinado tras a Revolución Termidoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1789), sostivo a anexión de Córsega a Francia. Membro da Convención, máis tarde fíxose partidario de Napoleón I Bonaparte, que lle confiou varios cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na toma da Bastilla (1789) e foi o principal dirixente do asalto ás Tulleries (1792). Comandante da garda nacional de París e, máis tarde, xeneral, foi o encargado da protección da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Construtor de instrumentos belga. Coñecido como Adolphe Sax, perfeccionou co seu pai, Charles-Joseph Sax (1791-1865), diversos instrumentos de vento. Inventou o saxofón (1840) e os diversos instrumentos da familia dos saxhorns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico francés. Profesor de filoloxía románica en La Sorbonne, é autor de numerosos traballos de crítica textual e de etimoloxía do francés e do provenzal medievais. Os seus Essais de philologie française (1887) e Nouveaux essais de philologie française (1904) son modelos de rigor científico e de erudición profunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘coello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado na Capela (Toques). Documentado no s X, o Rei García I concedeulle a herdade de Melide. Por unha bula do Papa León X anexionouse ao mosteiro de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, de orixe prerrománica, cunha soa nave e ábsida rectangular. A fachada e a parte dianteira da nave refixéronse en época posterior. Á ábsida accédese por un arco de medio punto peraltado. Cóbrese con bóveda de canón peraltada. Destacan no exterior o conxunto de pequenos arcos de medio punto que percorren o muro da ábsida. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Flandres, no departamento do Nord, Francia, situada na fronteira belga (93.540 h [1999]). Forma parte da conurbación de Lille.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta francés. Superior das misións da América do Sur (1754), creou unha empresa comercial para tratar de sanear a economía das misións, mais a súa bancarrota contribuíu ao inicio dunha campaña antixesuítica que culminou coa expulsión da orde de Francia (1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar francés. Investigou a tuberculose e demostrou, antes de que Koch descubrise o bacilo que a produce, a súa transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse con C. Gillot, que o introduciu na temática do teatro e das singeries. En 1707 entrou no taller de C. Audran, que lle confiou a decoración con chinoiseries do palacio de La Muette. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Pintou escenas galantes como La surprise, L’indifférent ou Réunion en plain air.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reserva militar e sede da United States Military Academy, situada ao SL de Nova York (EE UU), na beira occidental do Hudson. A academia militar foi fundada en 1802.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘abade’.

    VER O DETALLE DO TERMO