"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
PERSOEIRO
Exerceu na Cátedra de Antropoloxía da Universidade de Comillas (Santander). Nos anos cincuenta foi unha das primeiras voces que, dentro do estamento relixioso, comezou a preguntarse polo limo terrae nun sentido científico. A súa obra Hacia el origen del Hombre (1956) exerceu unha grande influencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río que drena a comarca de Bergantiños, ao longo dun percorrido de 54,4 km en sentido L-O, artellando unha conca de 516 km2 de superficie. Ten as súas fontes no lugar da Pedra do Coto, a 410 m de altitude, na parroquia de Meirama do concello de Cerceda, na vertente NO dos Montes do Xalo. A seguir adéntrase uns 350 m polo concello de Culleredo e pasa ao de Laracha pola parroquia de Soandre onde recibe a auga do Río Grande. Segue polas parroquias de Erboedo, Coiro e Vilaño, onde captura o río Acheiro. Pasa ao termo de Carballo polas parroquias de Berdillo, Bértoa, Carballo e Sísamo onde, seguindo por Cances, serve de límite co municipio de Coristanco. Adéntrase logo neste concello pola parroquia de Verdes, que o leva a facer límite co municipio de Ponteceso polas parroquias de Corcoesto (Coristanco) e Xornes (Ponteceso), deixando Cospeito para facer linde entre Cabana de Bergantiños e Ponteceso polo Esto e Cesullas (da banda de Cabana), e Langueirón e Anllóns (da banda de Ponteceso)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Filipe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural, declarado refuxio de caza, localizado na zona interna da ría de Corme e Laxe. Trátase dun complexo litoral formado por un esteiro parcialmente pechado por unha barra areosa, un sistema dunar e un conxunto de marismas, carrizais e xunqueiras. Destaca o interese ornitolóxico da área xa que nela aniña a píldora papuda e, ademais, constitúe un punto importante para a invernada ou o paso de limícolos, anátidos ou garzas. No outono, cando sopran ventos persistentes de compoñente O, poden presentarse aves de procedencia neártica divagantes, sobre todo limícolas, de orixe paleártica oriental ou neártica.
-
IGREXAS
Igrexa do concello de Ponteceso que conserva algúns restos románicos, sobre todo nos canzorros do beiril da ábsida e nunha porta lateral. O resto da construción é de época moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario á constitución ou ao resto das normas que forman parte do bloque da constitucionalidade.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico ruso. Dende 1946 deseñou diferentes avións de transporte, e foi no 1962 nomeado xefe de deseño da industria aeronáutica soviética. Foi membro do PCUS dende o 1945, e do Soviet Supremo do 1958 ao 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bimestral aparecido a finais de 1982 na Coruña e subtitulado “Asociación de promotores construtores de edificios de la provincia de La Coruña. Boletín informativo”. Contén novas e informacións do sector, publicidade e abundantes fotografías.
-
PERSOEIRO
Duque de Segorbe, conde de Empuries e duque consorte de Cardona. Fillo do conde de Empuries, Enrique de Aragón e de Guiomar de Portugal, casou en 1516 con Xoana de Cardona, filla e herdeira do segundo duque de Cardona. No ano 1521 derrotou os axermanados valencianos na Batalla de Almenara. No 1526 derrotou os mouriscos sublevados na serra de Espadá. Foi lugartenente de València entre 1558 e 1563.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico. Traballou tanto en México como nos EE UU. Como actor participou nunha película dirixida por Robert Zemeckis. Como director triunfou coa adaptación ao cine da obra escrita por Laura Esquivel Como agua para chocolate (1991). Dirixira xa outras obras entre as que destacan The barefoot eagle (1969), Calzonzin inspector (1976) e Mojado power (1981). En 1995 dirixiu o filme A Walk in the clouds (Camiñando polas nubes), producida polos irmáns Zucker e distribuída pola Fox en todo o mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor, xornalista e relixioso. Emigrou a Bos Aires e foi nomeado bispo auxiliar de Santiago del Estero (1937). Como xornalista colaborou en El Almanaque Gallego e El Eco de Galicia, e foi fundador do xornal Santiago e da revista La Defensa. Empregou o pseudónimo de Prisquito, publicando as seguintes obras: Trabajos sueltos (1924) e un estudo sobre Francisco Solano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Barcelona no 1941 por A. Argullós e J. M. Calsamiglia. Especializada en Ciencias Sociais, publicou a versión castelá da Historia de España de F. Soldevila, tres volumes da Història dels catalans (1963-1966) e os primeiros volumes da Història de la literatura catalana (a partir do 1964) de Martí de Riquer e A. Comas. Tamén editou obras de Salvat-Papasseit e Màrius Torres. No 1974 fusionouse coa Editorial Seix i Barral.
-
PERSOEIRO
Físico soviético. Destacan os seus traballos sobre física fundamental, especialmente de electromagnetismo e magnetodinámica, así como de óptica e espectroscopia. No 1913 descubriu a absorción selectiva das radiacións electromagnéticas nos corpos ferromagnéticos, que abriu novos camiños na investigación das propiedades magnéticas da materia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, dramaturgo e director teatral. Correspondente en África do xornal El País e subdirector da revista Teatra. Comezou a súa andaina no mundo da escena co grupo Ditea de Compostela, co que participou en diversas producións. Dende 1987 é director da compañía de teatro Koyaanisqatsi coa que estreou todas as súas pezas dramáticas, entre as que destacan Carmencita jugando, La balsa de La Medusa, El alma de los objectos (Premio Ojo Crítico), Cabaret de la Memoria (1987), Sin Maldita Esperanza e La edad de oro de los perros (1989). En lingua galega publicou O tempo e as palabras, Unha película do país, A praia do Bob Wilson, Carmiña xogando (1997), Pita velenosa, porta dos azares (2002), Haikús da Costa da Morte (2007), TSC....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritora. Investiga sobre problemas e teorías filosóficas, das que fixo algúns traballos, especialmente referidos ás vidas de Karl Marx e Friedrich Engels. Traballa tamén no eido do cómic e da caricatura. As súas obras foron editadas en numerosos países. Publicou Embajada de Perú, análisis de una campaña propagandística; Moro, el gran aguafiestas, traducida ao galego co título de Mouro, o eterno rebelde (1996) e La vida en cuadritos, onde trata e analiza o mundo do cómic.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político. Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista. Foi colaborador de numerosos xornais de corte progresista como El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Máis tarde trasladouse a Madrid, onde escribiu artigos para varios xornais e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Militou no Partido Liberal de Sagasta e ocupou o cargo de gobernador civil en Ourense, Girona, Alacant, Córdoba e Donostia, ademais de deputado en varias lexislaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada por Carlos Blanco. Estreou espectáculos como Directamente Paco (1993) ou A histe(o)ria de Lili Brown (1995).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arxón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da Unión Europea constituído en 1985 en Louvain-la-Neuve (Valonia, Bélxica). Foi creada por nove organizacións interrexionais europeas para reforzar a representación das rexións nas institucións comunitarias. Tivo un papel destacado na creación do Comité das Rexións e impulsou os traballos do Consello Consultivo das Colectividades Rexionais. Componse dunha asemblea xeral e de seis comités que traballan nos problemas específicos que afectan ás rexións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello de Europa.