"Orne" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 234.

  • PERSOEIRO

    Político, primeiro duque de Leeds e marqués de Carmarthen. Coñecido como conde de Danby, dirixiu a política inglesa nos anos 1674-1679 e 1690-1699 e foi un dos instigadores da Revolución de 1688.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo N da parroquia de Lindín (Mondoñedo). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias da Degolada (Baleira) e Paradavella (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 958 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no O da parroquia de Baltar, no concello homónimo. O seu cumio acada os 980 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oia baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Lamas (Leiro). O seu cumio acada os 667 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Aparece nos Livros de Linhagens co nome de Pero Fernandes d’Ornelas, fillo de Fernan Fernandez Anes de Dornelas e neto de Johan Fernandez o Franco, e como posuidor da quinta de Outeiro, en São Salvador de Dornelas. Desenvolveu o seu labor poético na segunda metade do s XIII e principios do s XIV. Consérvanse unha cantiga de amor, “Nostro Senhor, e ora que será”, en que emprega a figura retórica da interrogatio, e outra de amigo, “Avedes vós, amiga, guisado”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De-portista. Especializado en loita grecorromana, natación e waterpolo, cara a 1905 trasladouse a Barcelona, onde con outros deportistas do ximnasio Solé organizou o Primeiro Campionato de España de Natación (1907). Esta iniciativa deulle a idea de fundar e presidir, o mesmo ano, o Club de Natació Barcelona. Principal impulsor da natación en España, en 1920 fundou a Federación Española de Natación, que tamén presidiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castrelo do Val baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado de orixe prerromana situado en Cervantes e encadrado na serra dos Ancares. As pallozas, construídas con muros de pedra, sen máis van que o da porta e con cuberta de palla, funcionaron como vivendas, celeiros e cortes. Experimentou unha rehabilitación do seu uso, dirixida polo arquitecto Pedro de Llano, coa fin de manter e mostrar este tipo de habitación. Foi declarado BIC en 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde abundan os piornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (1.522 h [2001]). A agricultura e a gandaría perderon importancia ante a chegada da industria. A súa proximidade ao mar contribuíu á construción de urbanizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi catedrático de teoloxía dogmática e de moral no seminario de Santiago de Compostela, vicechanceler da Universidad Pontificia e administrador do pazo de Rajoy. En 1922 obtivo a coenxía de penitenciario na catedral de Santiago de Compostela. Entre 1933 e 1936 continuou a obra de A. Amor Ruibal Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, da que se publicaron catro tomos postumamente. Escribiu, entre outras obras, De Oeconomia Theologica. Pars Prima: De forma sacramenti Matrimonii (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista inglés. Formado no Royal Manchester College of Music (1926-1930), ampliou estudos de piano en Berlín. Das súas composicións, de estilo neoclásico, destacan tres sinfonías e o Concert for 10 Instruments (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de retornear.

    2. Que está ou estivo cheo de figuras e adornos complicados.

    3. Aplícase ao canto con moitas figuras vocais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornear unha cousa facéndolle figuras e adornos esaxerados.

    2. Cantar facendo figuras ou exercicios vocais difíciles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coa súa primeira novela, De Avonden (As tardes, 1947) describiu o ambiente pechado da súa infancia. Cualificado de inmoral, trasladouse a Inglaterra e escribiu en inglés o libro de contos The Acrobat (1958). Destacan tamén as súas novelas Op weg naar het einde (Cara ao final, 1963) e Nader tot U (Máis preto de ti, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico irlandés. Achegou conclusións decisivas sobre o comportamento dos líquidos nos tubos segundo a súa velocidade (número de Reynolds). Estudou tamén a lubrificación, as turbinas e as bombas centrífugas.

    VER O DETALLE DO TERMO