"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou en Marly e en Versailles. Para a familia Rohan traballou no palacio de Saverne (1719-1728), no palacio episcopal de Estrasburgo (1731) e en París no Hôtel Soubise e no Hôtel Rohan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, escritor e dramaturgo alemán. Máximo representante da ilustración, exerceu unha influencia decisiva na literatura alemá (Herder e Goethe, sobre todo) da que foi un dos mellores estilistas. Bibliotecario en Wolfenbüttel desde 1770, iniciou un período de loita espiritual, que superou en Nathan der Weise (Nathan o sabio, 1779) e Die Erziehung des Menschengeschlechts (A educación do xénero humano, 1780). Da súa produción destacan os seis volumes de Schrifte (Escritos, 1753-1755), Fabeln (Fábulas, 1759), Laokoon (Laocoonte, 1776) e pezas teatrais como Sara Sampson (1755), Minna von Barnhelm (1767), Emilia Galotti (1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo e profesor. Foi director do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, director xeral de Estruturas e Desenvolvemento Rural e Agricultura na Xunta de Galicia, vogal do Consello Rector do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria e xerente do Consorcio da cidade de Santiago. Das súas obras destaca Interpretación de análises de suelos (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e economista. Foi economista no Banco Popular Español (1972-1973) e no Grupo Banco Central (1973-1974). Director económico financeiro en SODIGA, foi deputado do Parlamento galego na III lexislatura polo PSdeG-EG. Colaborou en diversas publicacións e escribiu Desarticulación y dependencia industrial de Galicia (1977) e Excedente agrario e modo de produción: unha aproximación á lóxica da historia (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Foi secretario xeral do Partido Socialista Popular de Galicia en Ourense e despois en Madrid. Cofundou a Xunta Democrática de Galicia e foi delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes en Ourense. Das súas obras destaca Viaje por los pequeños museos de Galicia (1989), en colaboración e Sargadelos y la cerámica gallega moderna pola que recibiu o premio do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Presidente do Centro Republicano compostelán durante a monarquía, foi elixido alcalde nas eleccións municipais de abril de 1931. Militante da ORGA, en xullo de 1932 convocou unha asemblea de municipios de toda Galicia para a elaboración do proxecto de Estatuto de Galicia (1932). Foi un dos membros fundadores do Partido Nacional Republicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Gellée.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico inglés. Desenvolveu o cromatógrafro de gases de captura de electróns, que fixo posible a detección de clorofluocarbonatos (CFC) e outros gases presentes en pequenas cantidades na atmosfera. En 1961 a NASA interesouse nel para planificar experimentos dirixidos a detectar vida en Marte. Os seus estudios conducírono a negar a posibilidade de que houbese vida en Marte ou en Venus e a formular a hipótese ou teoría de Gaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada á beira do río Vaigai (940.989 h [1991]). Fundada no s VI a C, viviu o seu esplendor nos ss VI-XIII. En 1310 foi arrasada polos musulmáns. Do seu patrimonio cultural destaca o templo bramánico, construído en estilo dravídico (1560-1680).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Nacionalizado estadounidense, na súa obra, cunha prosa influída por S. Freud e T. Mann, rexeita a Hungría socialista, e expresa o desarraigamento do exiliado. Escribiu as memorias Egy polgár vallomásai (As confesións dun burgués, 1934), as novelas Béke Ithakában (Paulo en Ítaca, 1952) e San Gennaro vére (O sangue de san Xenaro, 1963), e o volume de poesía selecta A delfin visszanézett (O golfiño observa ao seu redor, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e instrumentalista. Especialista na viola da gamba, actuou na corte de Luís XIV (1676-1715) e Luís XV (1715-1725). Realizou as óperas Alcide (1693), en colaboración con Lulli, e Sémelé (1709), ademais de 650 pezas instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra, filla de Enrique II de Francia e de Catarina de Medici. Casou en 1572 con Enrique III de Navarra (Enrique IV ; de Francia), pero o Papa Clemente VII anulou o matrimonio por ter numerosos amantes. Conservou o título de raíña ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Decorou o retablo da capela de Nosa Señora do Rosario (1612) na igrexa de Santiago de Betanzos e, en 1617, realizou o mesmo labor para o retablo maior de Santa María de Centroña en Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio de Bergara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Profesor de psiquiatría da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, foi coordinador da Unidade de Psicoxeriatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo e membro da Sociedad Española de Psiquiatría, da Sociedad Española de Epidemiología Psiquiátrica, da Asociación Galega de Saúde Mental e da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Escribiu Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega, Suicidio e saúde mental e Demencia senil en Galicia: Epidemiología.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil, localizado entre os estados de Bahia, Espírito Santo e Rio de Janeiro ao L, São Paulo ao S, Mato Grosso e Goiás ao O, e Bahia ao N (588.383 km2; 17.891.494 h [2000]). A súa capital é Belo Horizonte. O territorio sitúase nun altiplano drenado por numerosos ríos, en especial polos afluentes principais do Paraná e o curso superior do San Francisco. A actividade mineira destaca por ser o principal centro aurífero de Brasil. A agricultura está moi diversificada e destacan os cultivos de cana de azucre, arroz, cítricos e trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Culto ao deus Mitra que arraigou nas comunidades persas de Asia Menor despois da conquista macedónica, e a través dela estendeuse a Roma e a todo o Imperio, onde constituíu unha relixión oficial, reservada aos soldados. Rivalizou fortemente co cristianismo, que transformou a súa festa principal no Nadal. Extinguiuse no s V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada na parroquia de Adina (Sanxenxo) entre a punta Montalbo e a punta Paxariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e escritor militar italiano, príncipe de Montecucoli. Conseguiu os cargos máis importantes nas guerras do Sacro Imperio Romano-Xermánico: a Primeira Guerra Nórdica (1658-1660) e, sobre todo, a guerra contra os turcos (1661-1664). Escribiu diversos tratados, dos que destaca Della guerra col Turco in Ungheria (1670).

    VER O DETALLE DO TERMO