"Rau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz e do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘noite’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Ocupouse sobre todo dos problemas relativos ao fomento dos sistemas morais e escribiu, entre outras obras, Essai sur le fondement métaphysique de la morale (1890), L’expériencie morale (1903) e Études de morale (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén de Raoul, forma francesa do nome xermánico Radulf, constituído por rad ‘consello, conselleiro’ e (w)ulf ‘lobo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (921-923) e rei de Francia (923-936). Casou cunha filla de Roberto I de Francia, a quen sucedeu tras a súa morte. En 930 derrotou aos normandos, o que lle permitiu impoñerse á nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s XI) Relixioso. De orixe inglesa, foi discípulo de san Bernaldo e fundou a abadía de Vaucelles en 1131, preto de Cambrai (Versailles), da que foi o primeiro abade. A súa festividade celébrase o 30 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘noite’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría arquitectónica que desenvolveu Adolf Loos e que expresa a liberdade de alturas segundo as necesidades de cada ámbito. Segundo este principio de economía e proporción, non se pode cubrir cun único teito espazos de alturas distintas, senón que cada parte do edificio debe ter a altura axeitada dentro do volume total da edificación independentemente da altura dos ambientes contiguos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de clasificación dos vexetais que se basea na altura das xemas perennes con respecto ao chan e segundo a forma de superar as estacións máis desfavorables. As formas vitais poden ser caméfitos, fanerófitos, hemicriptófitos, terófitos, hidrófitos e xeófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. Escribiu máis dun cento de obras, principalmente dramas históricos, para o Königlisches Theater. Reuniu a súa obra dramática en Dramatische Werke komischer Gattung (Obras dramáticas de xénero cómico, 1829-1835) e Dramatische Werke ernster Gattung (Obras dramáticas de xénero serio, 1835-1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substrato en desuso do Lusitaniano (Xurásico Superior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Rauraciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, India, situada na península de Kāthiāwār (215.489 h [1991]). Importante centro comercial e industrial, os principais produtos son o algodón manufacturado e os tecidos de la.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Realizou a súa primeira exposición en 1951, e desde 1955 colaborou como decorador e deseñador da compañía de danza de Merce Cunningham. Evolucionou desde unhas primeiras obras vinculadas ao expresionismo abstracto cara ás combine paintings, en que incorporou a vida real mediante a colaxe fotográfica. A súa obra anticipou a pop-art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbóreas ou arbustivas, da familia das aponiáceas, xeralmente glabras, que teñen follas opostas ou, máis a miúdo, verticiladas e con inflorescencias terminais ou auxiliares pedunculadas, e flores pequenas. Habitan as zonas tropicais e dela obtéñense diversos extractos que se empregan moito en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de Sáhara Occidental proclamada en febreiro de 1976 baixo o impulso do Frente Polisario e que pretende o seu recoñecemento como estado polos outros países do mundo. Recoñecida por máis de sesenta países, é membro de pleno dereito da OUA pero non da ONU. Ante a vontade de Marrocos de anexionarse o territorio e a resistencia da poboación saharauí, esta organización proxectou en 1988 un referendo para decidir a súa lexitimidade, consulta aínda pendente de celebrarse. Co apoio de Alxeria, posúe un exército de liberación, dirixido polo Frente Polisario, que combate as forzas ocupantes marroquís, controla diversas formas do territorio saharauí e administra os campos de refuxiados establecidos na rexión alxeriana de Tindouf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Debutou en 1960 no Liceu de Barcelona con Hänsel und Gretel. A súa actividade principal centrouse na música contemporánea. Vinculouse ao teatro de vangarda colaborando en diversas montaxes como Suite Bufa (1966) e en diversas edicións de Música-acció. Destaca tamén o espectáculo Elsa de Gabrieli (1984). Recibiu o Premi Nacional de Música da Generalitat de Catalunya á mellor intérprete de música contemporánea (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Sáhara Occidental ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Sáhara Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Considerada como a máis independente do Nouveau Roman, das súas obras destacan Tropismes (1938), as novelas Portrait d’un inconnu (1949), L’usage de la parole (1980), e Tu ne t’aimes pas (1989), a obra teatral Pour un ouiou ou pour un non (1982) e a autobiografía Enfance (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO