"Santa María" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada no val do río Jacuí (193.294 h [1991]). É un centro comercial, con talleres ferroviarios e industria de conservas cárnicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao S da cidade de Santander e regado polo río Pisueña (6.355 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e conta con industrias leiteiras, metalúrxicas e de material para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.165 h [2001]). Ten industria agropecuaria e téxtil e cría de aves e gando porcino, ovino e bovino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na parte setentrional da illa de Gran Canaria (13.893 h [2001]). A agricultura, a pesca e o turismo son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Melide. Construída no s XII en estilo románico, ten planta cadrada cunha nave cuberta de bóveda de canón e ábsida semicircular. O arco triunfal é de medio punto dobrado e apóiase en columnas con capiteis historiados. Consérvase o altar orixinal, co frontal decorado con seis arcos cegos erixidos sobre pilastras decoradas con incisións. A ábsida cóbrese con pinturas murais do s XV que representan a Trindade co Pai sentado sobre o trono sostendo ao fillo crucificado e rodeado do tetramorfos. A fachada principal ten tres pares de columnas decoradas nos capiteis, que sosteñen un tímpano liso. A porta sur ábrese entre contrafortes e nela destacan os canzorros historiados do beiril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada xunto á igrexa de Santa María de Melide, no concello homónimo. Ten planta rectangular e patio con escaleiras e patín. Na beira esquerda da escaleira consérvase un escudo.
-
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (6.442 h [2001]). Cultívanse cereais de secaño e hortalizas de regadío e ten industrias metalúrxicas, de confección, de plásticos e de produtos químicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salceda de Caselas baixo a advocación de santa María, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO