"Tip" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 256.

    1. Acción e efecto de multiplicar ou multiplicarse.

      1. Operación aritmética que, dados dous números naturais a (multiplicando) e b (multiplicador), consiste en atopar un número, ab, ab ou a·b, que sexa o resultado de sumar b veces o número a. A multiplicación denomínase tamén produto e presenta as propiedades asociativa, conmutativa e distributiva respecto da suma. O elemento neutro da multiplicación identifícase sempre co número natural “1”.

      2. Segunda operación dun anel.

      3. Nome que se lles dá a certas operacións, como a composición de aplicacións ou a lei de composición externa dos espazos vectoriais.

      1. reprodución.

      2. reprodución asexual.

      3. multiplicación vexetativa

        Reprodución asexual das plantas, é dicir, a que non se efectúa por medio de sementes ou esporas sexuais, senón por gallos, rebentos, xemas, esporas asexuais ou ben polo procedemento da multiplicación in vitro de células indiferenciadas dos meristemas do ápice dos talos, que permite constituír un clon de xermolos capaces de xerar plantas idénticas á nai.

    2. Operación realizada en lóxica sobre conceptos, proposicións ou relacións, que remata no produto lóxico.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que multiplica.

    2. Número polo que outro número se multiplica.

    3. Explosivo que se introduce no cebo dos proxectís ou das cargas explosivas principais e que serve para provocar a explosión da carga que estoura polo efecto do detonador.

    4. Factor numérico que indica a proporción en que o incremento dunha determinada magnitude repercute na variación final doutra coa que estaba relacionada. O concepto de multiplicador foi introducido por Richard F. Kahn para explicar os efectos que produce un investimento determinado sobre o volume total de ocupación. Keynes adoptou e xeneralizou o concepto para que incluíse os efectos acumulativos que un investimento produce na renda, sinalando que estes son máis grandes ou máis pequenos consonte a propensión da comunidade ao consumo.

    5. Parte dun tubo electrónico en que a corrente electrónica inicial é amplificada sucesivamente por un conxunto de dinodos alimentados a un potencial cada vez máis elevado. A corrente electrónica é amplificada e recollida polo ánodo ou colector.

    6. Dispositivo ou circuíto electrónico que produce unha onda de saída en que a frecuencia é múltiplo exacto da entrada.

    7. Circuíto rectificador que produce unha tensión continua de saída superior ao pico da tensión alterna de alimentación e aproximadamente igual a un múltiplo seu. Segundo o caso, recibe o nome de duplicador (ou dobrador), triplicador, etc, de tensión.

    8. Sistema de transmisión do movemento en que o eixe de saída ten unha velocidade de rotación superior á do eixe de entrada. O cambio de marchas dos automóbiles adoita ser un multiplicador de velocidade cando se embraga a quinta velocidade (superdirecta); deste xeito, nas velocidades altas o motor xira a menos revolucións e o desgaste das pezas móbiles é menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número que se multiplica por outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo aumente en número ou en cantidade.

    2. Efectuar unha multiplicación.

    3. Aumentar o número ou a cantidade de algo.

    4. Reproducirse os seres vivos.

    5. Facer unha persoa a tarefa de moitos ou estar en todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que multiplica ou aumenta.

    2. Aplícase á palabra que indica multiplicación dunha cantidade, dimensión ou tamaño, que se toma como unidade.

    3. múltiplo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de múltiple.

    2. Gran cantidade ou variedade de cousas da mesma especie.

    3. Dado un valor propio a dun operador lineal A dun espazo vectorial E, dimensión do subespazo vectorial de E formado polos vectores propios de A que teñen a por valor propio.

    4. dexeneración.

    5. Nun punto múltiple dunha curva, número de veces que a curva pasa por ese punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou o que contén exactamente un certo número de veces outro número ou cantidade.

      1. Dado un número enteiro n, número m tal que m = an, onde a é tamén enteiro. Para os polinomios serve tamén unha definición análoga.

      2. mínimo común múltiplo [MCM]

        O máis pequeno dos números enteiros, ou polinomios, que son múltiplos comúns de dous ou máis números enteiros ou polinomios dados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten máis de dous polos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto formado por dous ou máis polos, eléctricos ou magnéticos, separados por pouca distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema informático capaz de realizar un multiproceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de operación dun sistema informático que permite intercalar a execución de instrucións correspondentes a diversas secuencias, isto é, que permite descodificar e executar máis dunha instrución simultaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que permite executar simultaneamente dous ou máis programas grazas á acción do sistema operativo, que intercala a execución dos programas, por medio das técnicas do proceso de prioridade, co obxectivo de maximizar o volume de traballo realizado por intervalo de tempo e, en xeral, de facer un uso óptimo do sistema. A multiprogramación fai posible a concorrencia de programas que funcionan en tempo real e outros que funcionan en tempo diferido; os primeiros forman o primeiro plano en relación cos segundos, que constitúen o fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa en moitos puntos á vez.

    2. Aplícase ao circuíto que conecta distintos lugares e que emite información dispoñible simultaneamente en todos eles.

    3. Aplícase á máquina soldadora de moitos puntos.

    4. Aplícase ao sistema de inxección de combustible no motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo moi próximo á descrición do holotipo orixinal e que o reempraza cando este falta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano ovoide presente no aparato sexual feminino dos platihelmintos cestodos e trematodos. Nel desembocan os ovidutos e os condutos vitelinos, e tamén se forma a cuberta do ovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla pinnada que ten os folíolos opostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cartel con letras ou signos impresos de diversas medidas que os oculistas utilizan para examinar a agudeza visual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de normas e convencións que rexen a escritura dunha lingua mediante os signos tipográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en ortotipografía.

    VER O DETALLE DO TERMO