"Ube" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • Doenza infecciosa exantemática, eruptiva, xeralmente epidémica, e de orixe vírica, que ataca principalmente aos rapaces. OBS: Tamén se coñece cos nomes sarampelo alemán e roséola epidémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de rubescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que tira a vermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Ingresou en Alianza Popular en 1982, foi deputada no Congreso dos Deputados (1986-1996; 2000-2004) e nas Cortes de Aragón (1983-1986) e alcaldesa de Zaragoza (1995-2000). Foi a primeira muller que presidiu o Congreso de los Diputados (2000-2004). En 2004 foi elixida deputada europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi salubre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. O primeiro período da súa produción comprende cuartetos de corda, lieder, seis sinfonías e o quinteto Die Forelle (A troita, 1819). A segunda época vai de 1820 a 1825, con óperas como Alfonso und Estrella (1822). No campo do lied destaca o ciclo Die Schöne Müllerin (A bela muiñeira, 1823). Máis importantes son a Wanderer-Fantasie para piano (1822), os cuartetos de corda en la e re menor, este último chamado Der Tod und das Mädchen (A morte e a doncela, 1824), sonatas para piano e a sinfonía chamada A inacabada (1822). Os tres últimos anos (1826-1828) foron ricos en obras cada vez mais subxectivas, coma o ciclo Die Winterreise (Viaxe de inverno, 1827) e Schwanengesang (O canto do cisne, 1828). Nesta última etapa compuxo obras pianísticas, como Fantasía en fa menor a catro mans (1828), e as tres sonatas póstumas (1828), así como Misa Alemá (1827) e Misa en mi bemol...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Segunda cuberta que se pon sobre algo para reforzalo ou protexelo.

      2. Folla de papel ou cartolina, impresa pola cara externa, con que se reviste a cuberta dos libros para adornala ou protexela.

    1. Cuberta dun barco que está situada sobre a cuberta principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico. Foi profesor en París e catedrático de Farmacoloxía da facultade de Medicina. Fixo numerosas investigacións sobre química farmacéutica, o que lle permitiu obter o cloroformo. Escribiu un Tratado de farmacia teórica e práctica (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo portugués creado o 8 de maio de 1906 coa fusión do Sport Club de Belas e do Campo Grande Football Club. En fútbol foi en 18 ocasións campión de Liga e 13 da Taça de Portugal. Xoga no estadio José Alvalade de Lisboa e viste camiseta a raias verticais verdes e brancas e pantalón negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está próximo ao ecuador, polo que presenta caracteres semellantes aos ecuatoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da parroquia de Sucira, situada no concello de Boqueixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento punzante de metal que usan os zapateiros para furar o coiro ou outros materiais.

    2. Termo da xerga dos cabaqueiros que corresponde á voz ‘lesna’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aproveitamento de só unha parte do tempo ou da capacidade profesional dunha persoa ou dun grupo de persoas.

    2. Traballo cunha remuneración salarial baixa.

    3. Situación dunha economía que se caracteriza por unha produtividade marxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido secundario externo, de función protectora, que substitúe á epiderme no crecemento secundario e que se orixina pola actividade do felóxeno. É moi impermeable á auga e aos gases, constitúe un bo illante térmico e impide a penetración dos fungos e de parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido subérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido dicarboxílico saturado, que se forma por oxidación da cortiza con ácido nítrico concentrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero que está constituído fundamentalmente por oxiácidos grasos, saturados e non saturados, como o ácido felónico (C22H44O3), que se atopa nas paredes de certas células vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deposición de suberina na parede celular de certas células vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar unha suberización.

    2. Impregnarse de suberina.

    3. Formarse a cortiza.

    VER O DETALLE DO TERMO