"lus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 284.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do inverno de 1984, baixo o subtítulo “prensa libertaria galega”. Tratouse dunha revista de tendencia anarcosindicalista (CNT-AIT), caracterizada polas súas reivindicacións e o rexeitamento de toda forma de poder. Defendeu a liberdade de expresión, a emancipación social e o antimilitarismo, e amosouse contraria á integración de España na OTAN.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Momento da tarde entre o día e a noite cando a luz do sol xa se foi case por completo e vai entrando a noite.
-
CIDADES
Cidade de Manchuria, China, situada no sheng de Liaoning, que xunto con Dalian forma a aglomeración urbana de Lüda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico portugués de Luís Vaz de Camões que apareceu en 1572 en Lisboa en dúas edicións simultáneas. Inspirado tanto na Eneida de Virxilio coma no Orlando furioso de Ludovico Ariosto, este poema de amor, dor e heroísmo foi concibido estruturalmente de acordo coas regras formais do xénero épico: 10 cantos, 1.102 estrofas e 8.816 versos; composto en oitava rima e en decasílabos heroicos con cesura na segunda, terceira ou cuarta, sexta ou duodécima sílabas. Os cantos presentan, como esquema canónico, unha proposición (I.1-3), unha invocación ás ninfas do Tejo, as “Tágides” (I.4-5), e unha dedicatoria ao Rei Sebastián (I.6-18), seguindo a acción ou narración in medias res. O autor recorre á mitoloxía grecolatina para dinamizar a acción a través do conflito entre a protección adxuvante de Venus e a inimizade opositora de Baco. O casamento simbólico dos navegadores coas ninfas dará lugar a unha descendencia forte e bela que, pola condición divina que lles fora recoñecida,...
-
PERSOEIRO
Médico e político venezolano. Foi presidente de Venezuela (1984-1989) con Acción Democrática. Emprendeu unha política de reordenación financeira e estabilización do mercado de cambios, pero foi acusado de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Cristovo do Real (Samos). Pertence ao mosteiro da mesma localidade e ten dúas plantas con torre, que domina o val do río Oribio.
-
-
Palabra ou expresión portuguesa que se introduciu noutra lingua.
-
reintegracionismo.
-
-
-
Que ou quen gusta da lingua e da cultura portuguesa.
-
Especialista en lingua e cultura portuguesa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana que comprendía os territorios ocupados polos lusitanos e os vetóns. Abarcaba o territorio comprendido entre os ríos Douro e Guadiana, e polo L seguía unha liña que unía as actuais poboacións de Zamora e Talavera de la Reina, e despois os cursos dos ríos Pusa e Estena ata a súa desembocadura no Guadiana. Establecida en época de Augusto (27 a C) trala división da antiga provincia Hispania Ulterior, mantívose estable durante todo o Imperio e estendíase polos territorios dos lusitanos e os vetóns. Estruturábase nos conventos xurídicos Emeritense, Pacense e Escalabitano. A súa administración estaba dirixida por un senador, de rango pretorio, que ostentaba o título de legado augusto propretor. A capital foi Emerita Augusta (Mérida), fundada por continxentes militares que participaran na guerra contra os astures.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División estratigráfica do Xurásico Superior intercalada entre o Kimmeridiano e o Oxfordiano, que comprendía como subestadios o Argoviano, o Rauraciano e o Secuaniano, hoxe considerados facies do Oxfordiano e do Kimmeridiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Lusitaniano.
-
-
Palabra ou expresión portuguesa que se introduciu noutra lingua.
-
Costume característico dos portugueses.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao lusitanismo.
-
Partidario do lusitanismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lusitanos.
-
Individuo do pobo lusitano.
-
Pobo ibérico preindoeuropeo que recibiu importantes contribucións indoeuropeas e que ocupou os territorios que se estendían entre o Douro e o Guadiana, que incluían a zona occidental da Meseta e unha parte da actual Extremadura, e que deu nome á provincia romana de Lusitania. Habitaron un territorio densamente poboado pero escasamente urbanizado. A súa economía dependía da agricultura e da práctica da gandería, que se complementaba coa caza e a pesca. A súa principal riqueza mineira era o ouro que se extraía da area aurífera do Tejo, pero suponse que tamén explotaron os xacementos de estaño, chumbo e cobre da rexión, ben coñecidos en época romana. A conquista da Península Ibérica polos romanos levounos a enfrontarse cos lusitanos desde o 190 a C. Despois de acadar importantes vitorias contra os romanos, especialmente baixo o mando de Viriato entre os anos 147 e 138 a C, tralo seu asasinato a resistencia foi esmorecendo e refuxiáronse nas montañas, ata que en época de Augusto foron definitivamente...
-
-
-
Relativo ou pertencente a Portugal ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Portugal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘portugués’, ‘relativo a Portugal’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é admirador de Portugal ou da súa cultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é detractor de Portugal ou da súa cultura.
-
-
Relativo ou pertencente aos lusóns.
-
Individuo do pobo lusón.
-
Pobo celtibérico que ocupou o territorio na confluencia dos ríos Jalón e Jiloca. A súa cidade máis importante foi Contrebia, preto da actual Daroca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
luscofusco.