"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Tratamento mediante a acción de preparados farmacolóxicos e soros que se obteñen a partir do axente que produce a enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do NL de Brasil, que está situado ao L de Maranhão. Nace na serra de Itapecuru e desemboca na baía de São José.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento situado en Paraguay (16.525 km2 ; 442.988 h [estim 1998]). A súa capital é Encarnación (56.261 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (2.063 km2; 270.055 h [estim 2000]). A súa capital é Jalapa (23.884 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Veracruz, México (390.590 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. A súa obra é esencialmente humorística, da que destaca Three Men in a Boat (1889) e Three Men on the Bummel (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chapeu confeccionado na cidade de Jipijapa (Ecuador) con tiras dunha planta propia de países de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Decorou en Versailles o salón de Marte e a capela, e pintou a serie de catro teas para a igrexa de Saint-Martin-des-Champs de París e o Descendemento (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Presidente fundador de FADESA. Exerceu como presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña, e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España, membro do comité organizador de Barcelona Meeting Point e membro do comité organizador do Salón Inmobiliario de Madrid. Conseguiu situar a FADESA entre as principais inmobiliarias de España. En 2001 foi galardoado co premio ao mellor Empresario Inmobiliario Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (3.219 km2; 385.909 h [estim 2000]). A súa capital é Jutiapa (14.642 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome en afrikaans de Cidade do Cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paxaro de 65 cm de lonxitude e 1,5 a 4 kg de peso, que se caracteriza por presentar un pico groso e plumaxe de cor verde moi densa con listas brancas e puntos negros. É nocturno, case non pode voar e cría unicamente en determinados anos. É propio de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre de capela. Este termo, no s XIX, foi empregado ás veces como sinónimo de director de orquestra ou dunha representación operística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Estudiou no Instituto Politécnico de Petrogrado (San Petersburgo) e na Universidade de Cambridge. Traballou xunto con Rutherford na Universidade de Cambridge e foi director do Instituto Vavilov de Problemas Físicos de Moscova. Espacializóuse no estudo das temperaturas baixas e construíu un aparato para obter helio líquido. Tamén participou no programa espacial soviético e investigou sobre a fusión nuclear. Entre as súas obras destaca Experiment, theory, practice (Experimentos, teoría, práctica, 1980). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con Arno Penzais e Robert Wilson, polos seus traballos na física de baixas temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (1.871 km2; 262.000 h [estim 1982]). A súa capital é Ma ḥ mụd-e´Erāquī (1.262 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Karl Marx subtitulada Kritik der politischen Oekonomie (Crítica da economía política) É a principal obra económica de Karl Marx (1818-1883). O primeiro volume publicouse en 1867, o segundo e o terceiro publicounos F. Engels postumamente en 1885 e en 1894. Entre 1905 e 1910 Karl   J. Kautsky publicou, a partir de manuscritos de Marx, Teorías sobre a plusvalía, que para algúns está considerada como o cuarto volume da obra. O estudo que realiza do capital, a propiedade territorial, o traballo asalariado, o estado, o comercio exterior e o mercado mundial, constitúe o corpo central da teoría económica do marxismo. Analizou a estrutura da sociedade capitalista traballando nun amplo volume de documentación histórica, nos que, usando un método analítico, estableceu as bases da crítica científica da economía política clásica, da sociedade e das superestruturas capitalistas. Estableceu os conceptos de mercadoría, valor, forza do traballo, salario e plusvalía, descubriu as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro mecánico austríaco. Especializado en turbinas hidráulicas, perfeccionou as de hélice a fin de obter velocidades de rotación altas. Inventou a turbina hidráulica que leva o seu nome, a turbina Kaplan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego, conde de Kapodistrias. En 1809 entrou ao servizo do tsar Alexandre de Rusia e en 1816-1822 foi o seu conselleiro en política exterior. En 1828 foi elixido presidente de Grecia, e tres anos máis tarde foi asasinado nun atentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Profesor de dermatoloxía na Universidade de Viena desde 1879. Describiu o sarcoma que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neoplasia cutánea (tumor maligno da pel) descrita por primeira vez en 1872 polo húngaro Móric Kaposi, que experimentou un notable incremento da súa frecuencia durante a derradeira década a causa da súa asociación coa infección polo virus da immunodeficiencia humana que produce a SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO