"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Financeiro. Fundou a Bolsa de Comercio de Londres e enunciou a Lei de Gresham segundo a que, nun sistema monetario bimetálico, a moeda menos apreciada chega a desprazar á de máis valor. Este feito podía evitarse mantendo unha única relación de cambio entre os dous metais en todos os países e creando entre eles un banco compensador e reguralizador.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Abertura longa e estreita que se produce nun corpo sólido.
-
Pequena fisura producida na epiderme e na parte superficial da derme, especialmente nas mans, nos beizos, nos peitos e no ano.
-
Fisura perpendicular á superficie pitórica que se produce pola rotura dunha ou máis capas de verniz, de cor ou de preparación.
-
Abertura longa e estreita producida en masas compactas, rochosas ou doutro tipo, como glaciares e solos.
-
-
-
de gretar ou gretarse.
-
Aplícase á superficie dun cadro, retablo, porcelana e, en xeral, a case calquera superficie pintada que se rompe en forma dunha rede ou retícula de fisuras que fan debuxos característicos con configuracións que dependen de causas físicas, químicas ou mecánicas.
-
-
-
Facer que apareza unha ou varias gretas en algo.
-
Formarse unha ou varias gretas en algo.
-
-
PERSOEIRO
Compositor valón. Estudiou en Roma, onde coñeceu a ópera italiana. Instalado en París desde 1767, combinou o estilo italiano co francés en óperas cómicas. Da súa produción destacan as óperas Le Huron (1768), Zémire et Azor (1771) e Richard Coeur-de-lion (1784). Compuxo ademais cuartetos, sinfonías e obras sacras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Formouse en Lyon e París (1750) e en 1755 admitírono na Académie Royale de Peinture. Sobresaíu na pintura de xénero moralizante e cultivou, sen éxito, a pintura de historia. Retratista, fixo un tipo de figura feminina doce e sentimental parecida ao da pintura inglesa. Adheriuse á situación revolucionaria para conseguir prestixio. Das súas obras destacan Pére de famille explicant la Biblie à ses enfants, co que obtivo un grande éxito no Salon de 1755, Septime Sévère reprochant à son fils d’avoir voulu le faire, rexeitado no Salon de 1769, Cruche cassée e o retrato de Napoléon Bonaparte (1804-1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Grecia, na rexión de Macedonia (2.291 km2; 36.797 h [1991]). A capital é Grevena (7.739 h [1981]). Do seu patrimonio cultural destacan os mosteiros bizantinos da Virxe Evanxelista e de Ossios Nicanor (s XV).
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada a 20 km ao NO de Colonia (60.400 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Luxemburgo, ao SL do país, no Gutland (211 km2; 51.960 h [2001]). A capital é Grevenmacher (21.664 h [2001]). Atravesado na parte oriental polo Mosela, que fai de límite con Alemaña, no seu val cultívase a viña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das proteáceas, ao que pertence o carballo australiano.
-
PERSOEIRO
Médico e botánico inglés. Estudiou nas universidades de Cambridge e Leiden, onde se doutorou. Realizou estudios sobre o funcionamento de diversos tecidos vexetais e foi, xuntamente con Malpigui, un dos creadores da anatomía vexetal e precursor da histoloxía. Das súas obras destaca The anatomy of plants (1682).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado desde 1885, formou parte da facción dereita do partido liberal. Ministro de Asuntos Exteriores (1905-1916), declarouse partidario da Entente Cordial, entre Inglaterra e Francia, e foi o artífice do acordo con Rusia (1907). O acordo entre as potencias en conflito na Primeira Guerra Mundial para subscribir a paz por separado debeuse á súa xestión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoana de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
greta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa detrítica acumulada ao pé dunha vertente, onde os detritos que a forman se presentan ordenadamente. É unha formación característica do periglacial, que presenta unha alternancia de materiais finos e grosos, correspondentes a diferencias de intensidade de xeadas periódicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto máxico de virtudes milagreiras, ao que só tiñan acceso os iniciados que, tralo pertinente proceso de iniciación, acreditasen a perfección espiritual. A etimoloxía do termo (lat cratale) describe o graal como unha vasilla ampla e algo profunda, semellante á bandexa para peixes que aparece en Perceval ou Li contes del graal (1190?) de Chrétien de Troyes. Pola súa banda, o Parzival de Wolfram von Eschembach (1200-1212) móstrao como unha pedra luminosa, en tanto que as versións cristianizadas da lenda remataron por asimilalo á vasilla na que Xosé de Arimatea recolleu o sangue do Crucificado (no ciclo atribuído a Robert de Boron) ou co cáliz que Xesús tomou nas súas mans para instituír a Eucaristía o día da Última Cea (nos ciclos da Vulgata e da Post-Vulgata artúricas). As súas orixes seguen a ser escuras xa que, ao seu arredor, se creou unha lenda que acadou gran relevancia na Idade Media, produto da fusión do evanxeo apócrifo de Nicodemo, a historia de Xosé...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de cultura e pensamento publicada trimestralmente pola Editorial Galaxia en Vigo a partir de 1963. Subtitulouse “Revista galega de cultura”. Dirixírona inicialmente Ramón Piñeiro e F. Fernández del Riego. O seu consello de redacción estaba conformado por destacados intelectuais, como R. Carballo Calero e Basilio Losada. En 1966 (nº 13) a censura franquista impuxo o nomeamento dun novo director, o xornalista Ánxel Sevillano, quen foi substituído en 1973 (nº 39) por Xosé Landeira Yrago. Malia que nun principio era bilingüe, a partir de 1976 editouse só en lingua galega. Desde o seu inicio ata 1988 (nº 100) mantívose practicamente inalterable a estrutura da redacción e da propia revista. Contaba coas seccións “Ensaios”, onde se incluíron artigos de historia, crítica literaria, filosofía, lingüística, economía, etc; no apartado de “Escolma” inseríronse traballos inéditos en lingua galega; en “Peneira dos días” apareceron artigos de carácter breve, mentres que na parte de “Libros” se...
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Moscova 1795 - Teherán 1829) Escritor e diplomático. Da súa produción destaca Gore ot uma (A desgraza de ser intelixente, 1824), onde o heroe ve a vida moscovita a través do prisma renovador das súa experiencias no estranxeiro.