"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etienne Ange Martel.
-
GALICIA
Poeta, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro. Membro da Cova Céltica, onde coincidiu con Eduardo Pondal e Florencio Vaamonde, foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Como poeta ten características en común con Pondal, xa que desenvolveu moitos dos seus poemas no mundo céltico de Ossián. Ademais, caracterizouse polo seu uso da sátira literaria e polo ton patriótico e aristocrático das súas composicións. Colaborador da Revista Gallega e do suplemento Terra a Nosa!, das súas obras destacan Os afillados do demo (1885), A noite de San Silvestre (1890), a recompilación Líricas Gallegas (1894), El laudemio: Su legislación y jurisprudencia hasta el año 1898 (1899), Landras e bayas (1919) e Andeiro. Poema histórico brigantino da Unión Ibérica (século XIV) (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, escritor e xornalista. Coñecido como José Martí, foi líder da independencia cubana e, desterrado a España (1875), escribiu textos políticos. Fundou a Revista Venezolana e dirixiu Patria de Nova York. Representou consularmente a Arxentina, Uruguay e Paraguay en Nova York, cidade na que fundou o Partido Revolucionario Cubano e desde a que preparou activamente a insurrección cubana con Antonio Maceo e Máximo Gómez. Con este último asinou o Manifiesto de Montechristi (1895), onde sentaron as bases programáticas da Guerra de Independencia de Cuba. Foi un escritor romántico e precursor do modernismo. Da súa produción literaria destacan Versos Sencillos (1891) e Ismaelillo y versos libres (1892). No campo do ensaio político escribiu Nuestra América, e dos seu libros propagandísiticos destacan El presidio en Cuba (1871) e La república española ante la revolución cubana (1873). En 1895 recibiu o grao de maior xeneral...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo e empresario. Comezou co seu labor fotográfico aos 13 anos da man de Anxo Blanco Villar, dono da empresa Foto Blanco, da que co tempo Martí foi o seu propietario entre 1953 e 1993. Fotógrafo para La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Hoja del Lunes, realizou varias exposicións na Coruña e en Madrid. Recibiu máis de 25 premios fotográficos a nivel nacional e no estranxeiro como o Teresa Herrera de Fotografía (1986 e 1991) ou o Fotoxornalista de Plata (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1594 adoptou o nome de Atrevimiento. Foi, moi probablemente, o autor da Segunda Parte de la vida del pícaro Guzmán de Alfarache (1602), co pseudónimo de Mateo Luján de Saavedra, antes de que Mateo Alemán publicara a segunda parte (1604).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Foi tamén pintor, pero destacou no campo da música como pianista e compositor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador, probablemente de orixe portuguesa. Puido pertencer á liñaxe galega dos Mariño e foi medio irmán doutros dous trobadores, Per’Eanes Marinho e Osoir’Anes. Activo no segundo terzo do s XIII, formou parte do círculo cortesán de Sancho IV. No Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana aparece como autor dunha soa cantiga (“Ena primeira rua que cheguemos”), un escarnio persoal dirixido a un fidalgo, que está moi danado pola transcrición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como o Empecinado, levantou unha guerrilla contra os franceses que se converteu nun verdadeiro exército semirregular (1808). Pola súa rapidez de movementos e o vigor dos seus ataques foi temido entre os franceses e converteuse nun ídolo popular en toda a península. Actuou principalmente nas terras de Cuenca e Guadalajara. Nomeado mariscal de campo polo Consello de Rexencia, en 1814 esixiu de Fernando VII o restablecemento da Constitución de Cádiz, razón pola que foi desterrado. Secundou o pronunciamento liberal de Riego (1820) e combateu os Cen Mil Fillos de San Luís (1823). Foi preso polo correxidor de Roa e condenado á forca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Debutou en primeira división en 1979 co Estudiantes, para fichar polo Real Madrid C.F. dous anos despois, co que conseguiu catro ligas (1981-1982, 1983-1984, 1984-1985 e 1985-1986), tres Copas do Rei (1984-1985, 1985-1986 e 1988-1989), dúas Recopas de Europa (1984 e 1989) e unha Copa Korac (1987-1988). Na tempada 1986-1987 xogou na NBA cos Portland Trail Blazers. Coa selección española gañou a medalla de prata no Eurobasket de Nantes (1983) e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Redactor de El Diario de Cádiz e Pueblo, participou na posta en marcha de distintos informativos na Cadena SER, como Matinal (1964), Hora 25 (1972) e El informativo de las 8 (1977), logo coñecido como Hora 20. Participou tamén nos programas de TVE 24 Horas (1971) e Siempre en Domingo (1972) e na formación de Antena 3 Radio (1982). Promotor da creación de El Periódico de Catalunya (1978) e de Antena 3 TV (1990), ocupou a presidencia desta canle ata xullo de 1992. Director de Diario de Barcelona e La Gazeta del Arte, foi director xeral de BTRZ Análisis y Proyectos e presidente do consello de dirección de Estrella Digital, ademais de colaborar en ABC, COPE, La Clave e La Estrella.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e guionista. Foi autor de novelas de serie negra e libros infantís. Escribiu guións de cómics e de películas como Estoy en crisis (1982), El caballero del Dragón (1985) e Barcelona Connection (1987), e dirixiu a película Sauna (1989). Para televisión traballou nos guións das series Crónica negra e Pájaro en una tormenta. Destacan as súas obras Aprende y calla (1979), Infern forestal (1987), Flanagan Blues Band (1997) e Los vampiros no creen en Flanagans (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e mestre. Coñecido como Paco Martín, está considerado como un dos narradores máis destacados do panorama literario galego. Ademais de diversas actividades relacionadas co mundo da pedagoxía, foi director do departamento de Produción de Material Didáctico para o ensino en galego da Consellería de Educación e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro. Colaborador en diversas publicacións periódicas, dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975), e realizou o traballo de investigación da cultura popular O libro das adiviñas (1975), en que se comparan as composicións en galego con outras procedentes de diversas linguas. Ademais, no apartado didáctico cómpre salientar os libros Lúa Nova 1 e 2 (1978), Con xente miúda 1 e 2 (1985), Galego 1 e 2 (1985) e a unidade didáctica Álvaro Cunqueiro (1991). Da súa abundante produción literaria destacan Muxicas no espello (1971), O libro das adiviñas (1975), No Cadeixo (1976), finalista do Premio Galaxia de Novela;...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e cantante estadounidense. De nome Dino Paul Crocetti, formou parella artística xunto a Jerry Lewis en películas como At War with the Army (1950) e Artists and Models (1955). Destacan as súas interpretacións en Rio Bravo (1959), Kiss me, Stupid (1964), Rough night in Jericho (1967), Airport (1970) e Cannonball Run II (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor suízo. Discípulo de C. Frank e Ravel, cara a 1930 empregou o método dodecatónico, que intentou unir coas relacións tonais. Escribiu un concerto para piano e orquestra (1934), unha sinfonía concertante (1945) e un concerto para violín e orquestra (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista e adestrador. Xogou no Pontevedra C.F., no C.D. Lugo e no Real Betis. Foi internacional absoluto nunha ocasión e, logo adestrou diversos equipos, entre os que destaca o Pontevedra C.F e a U.E. Lleida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e psiquiatra. Frecuentou os parladoiros literarios do Café Gijón e integrouse no foro de debate Academia Errante. Comezou na literatura co poemario Grana Gris (1945) e escribiu ensaios, dos que sobresaen Dilthey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) e Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964). Da súa narrativa destacan Tiempo de Silencio (1962), na liña do realismo social e cunha complexidade narrativa considerable, o libro póstumo de contos Apólogos (1970) e a novela inconclusa Tiempo de destrución (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir, filla dun cónsul romano. Foi condenada a martirio en tempos do Emperador Alexandre Severo por negarse a sacrificar o deus Apolo no seu templo. É patroa de Roma e a súa festividade celébrase o 30 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de hockey sobre patíns arxentino. Considerado como o mellor xogador de todos os tempos, xogou varias tempadas no H.C. Liceo de La Coruña, co que conseguiu cinco ligas e dúas copas intercontinentais. Con Arxentina logrou tres torneos sudamericanos, dúas copas do mundo e unha medalla de ouro nos Xogos Panamericanos. Recibiu o premio ao mellor xogador mundial (1978), o Premio Olimpia de Oro e o Premio Konex de Platino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista francés. Influído polo Círculo Lingüístico de Copenhague e polos behavioristas estadounidenses, sobre todo por L. Bloomfield, foi o principal representante da escola funcionalista francesa e o difusor dos métodos estruturalistas en Europa. Creou a Société internationale de Linguistique fonctionnelle (SILF) e a revista La lingüistique (1965), órgano oficial do funcionalismo. Centrou os seus estudios na lingüística xeral e na fonoloxía, baseándose na premisa de que o obxecto básico da linguaxe é o de satisfacer as necesidades comunicativas, polo que é básico determinar os trazos lingüísticos capaces de transmitir información. Da súa produción destacan Phonology as Functional Phonetic (1949), Economie des changements phonétiques: traité de phonologie diachronique (1955), Èléments de linguistique générale (1960), A Functional View of Language (1962), La linguistique synchronique. Études et recherches (1965), Le langage (1968),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Foi gobernador militar (1917-1920) e civil (1920-1922) de Barcelona, cargo en que destacou pola súa situación en contra dos sindicalistas, especialmente contra a CNT, mediante a aplicación da Lei de Fugas. Miguel Primo de Rivera nomeouno director xeral de seguridade e ministro de Gobernación (1925-1930). Exiliado en Francia (1931), voltou a España en 1936 para unirse ao alzamento militar. Ocupou a carteira de Orde Pública (1938) no primeiro goberno de Franco, despois de ser desde 1937, xefe de seguridade interior.
VER O DETALLE DO TERMO