"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Polemizou contra a tiranía relixiosa exercida polo goberno. Escribiu importantes composicións de tema amoroso, como To his coy mistress, versos eloxiando a Cromwell, como Horation Ode upon Cromwell’s Return from Ireland e Upon trhe Death of his Late Highness the Lord Protector, e sátiras sobre o rei. Os seus poemas foron recompilados en 1681, baixo o título Miscellaneous poems.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    *Baleiro*

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de actores cinematográficos estadounidenses composta por Leonard (Nova York 22.3.1891-11.10.1961; Chico), Arthur (Nova York 23.11.1895-Los Angeles, California 28.9.1964; Harpo), Julius (Nova York 2.10.1895-Los Angeles, California 19.8.1977; Groucho), Milton (Nova York 23.10.1894-Palm Springs, California 21.4.1977; Gummo) e Herbert (Nova York 25.2.1901-Palm Springs, California 30.11.1979; Zeppo). Aínda que nalgunha ocasión traballaron xuntos, Chico, Harpo e Groucho formaron un equipo que acadou sona internacional. Foron célebres as súas escenas cómicas cheas de ironía, excesos e crítica social. Da súa produción destacan Duck Soup (1933), A Night at the Opera (1935), A Day at the Races (1937), At the Circus (1939) e Go West (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado do outro lado, especialmente un terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Karl Marx, á súa obra ou ao seu pensamento. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (5.351 km2; 137.700 h [estim 1986]). A súa capital é Harper (10.627 h [1974]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, situado na costa S do Océano Atlántico (27.092 km2; 5.296.486 h [2000]). A capital é Annapolis (35.838 h [2000]). Está dividido en dúas partes pola baía de Chesapeake, á beira dunha longa franxa costeira. O clima é temperado húmido. A cidade máis importante é Baltimore. Destacan os cultivos de tabaco, cereais e froiteiras. Posúe industrias siderometalúrxicas, alimentarias e de fabricación de fibras sintéticas. Descuberto por Giovanni Caboto (1498) e explorado o interior por Bartholomew Gilbert (1603), Carlos I de Inglaterra outorgou o territorio a George Calvert, primeiro barón de Baltimore, en 1632. O fillo deste, Cecilius, púxolle o nome de Maryland en honor da Raíña Enriqueta María de Francia. En 1655 o goberno pasou a mans dos puritanos, o que ocasionou longas loitas cos católicos. En 1776 foi un dos trece estados que se independizaron de Inglaterra. Durante a Guerra de Secesión (1861-1865) mantívose fiel á Unión, pese á forza que tiñan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada no s XIII, é de estilo románico e ten planta rectangular con nave, ábsida en dous planos e sancristía. No interior conserva pinturas góticas e a ábsida decorada polo mestre de Marzá, que representan a Virxe co Neno e a Anunciación. Destaca o relevo de san Bertomeu na fachada, así como uns canzorros figurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que procede das proximidades de Chantada (Lugo). Presenta a variante Marzaes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro, diplomático e escritor. Foi ministro de España en China e o primeiro diplomático español naquel país. Estableceuse en Macau (1843) e explorou boa parte da costa chinesa. Publicou A Ibérica (1852), onde defendeu unha federación ibérica respectuosa coas minorías nacionais, diversas poesías e a traxedia en prosa Aristodemo (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1972-1974) e publicou numerosos artigos científicos relacionados coa química en revistas. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio e a Gran Cruz al Mérito Militar con distintivo branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Ky ǒ ngsang Meridional, República de Corea, situada na baía de Chinhae (441.242 h [1995]). Destaca a produción de tecidos de la e cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tommaso Aniello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor xaponés. Foi o renovador da escola ukiyo-e. Traballou estampas en branco e negro, coloreadas a man, lacadas e impresas en cores con paisaxes e perspectivas, flores, paxaros e retratos de bustos. Destacan as estampas en cor de grandes dimensións e os seus álbums ilustrados Álbum da cortesana (1701) e Lenda de Genji (1707).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito. Especialista en lingua e cultura sánscrita, foi lector en Oxford e vicerrector do Parameshvara College at Jaffna de Sri Lanka. Publicou Lamps of Fire (1958) e estudios e traducións ao inglés de obras sánscritas e do pali como Upanishads, Dhammapada e Bhagavad-Gītā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de Omán entre 1955 e 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xesuíta italiano. Escribiu Historia crítica de España y de la cultura española (1783-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e escritor. Cultivou a poesía e escribiu, entre outras, as farsas El exprés Ferrol-Gijón o los sueños, sueños son, De Ferrol marcha a París una hermosísima miss, Villahonrosa e La hora feliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, sobriño de Guillem de Masdovelles. A súa obra (1438-1467) é moi rica en formas de versificación e trata case todos os temas posibles, comprende poesías amorosas, relixiosas, comedias, lais e debates. As súas composicións políticas céntranse na loita polo poder entre Xoán II de Aragón e o príncipe de Viana. Consérvanse unhas 180 poesías recollidas no cancioneiro autobiográfico de finais do segundo terzo do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO